lunes, 3 de abril de 2023

VICTORIA DOS MODESTOS NUNHA SEGUNDA PARTE PARA ENMARCAR

Despóis dunha dinámica negativa de resultados a visita dun dos equipos punteiros da competición como é o Olímpico CF parecía que non facilitaría esa vitoria tan necesaria. Pero foi todo o contrario, cun moi bo partido en liñas xerais pero sobre todo cunha segunda parte de luxo desarbolaron a un equipo visitante que se puido considerar afortunado de non irse de O Pote cunha goleada de escándalo. Aínda así hai que recoñecer o nivel do Olímpico un candidato ao título pero nesta ocasión non puido contrarestar a avalancha de fútbol e ocasións duns brancos desatados. 

O equipo modesto e benxamín saíndo o terreo de xogo
(Foto: Abraham Santos)

Aínda que salío moi enchufado o equipo visitante e foi mellor durante os primeiros 15 minutos, con ocasións desbaratadas entre
Mateo e a defensa, aos poucos os brancos foron mellorando ata facerse donos do balón e aí á media hora Dani Rey aproveitou un balón solto na área para poñer o (1-0).  A partir de aí dominio total branco que non aproveitou un penalti executado por Pedro, xogador ao que lle facían a pena máxima e mesmo o rexeite do pau foi rematado por un xogador branco parando o meta visitante na liña de gol. Unha gran oportunidade desperdiciada. o que puido ser o (2-0) pasou ao empate a uns ao aproveitar os visitantes un fallo na saída do balón dod locais. E con este fustrante (1-1) o partido íase ao descanso. 

Testarazo de David que supuso o (3-1) provisional
(Foto: Abraham Santos)

A segunda parte foi de claro dominio branco, cun
Olímpico que se foi diluíndo co paso dos minutos e que co cuarto gol branco baixou definitivamente os brazos. Antes do segundo gol local, Ipi xa avisara cun disparo ao traveseiro. Pedro puxo o segundo ao aproveitar un balón solto na área despois de varios rexeites á desesperada da defensa rojilla. David dun gran cabezazo puxo o terceiro gol ao rematar no segundo pau un excelente centro. Pouco despois Javi Rey puxo o cuarto ao aproveitar un pase da morte de Ipi para finalmente Álvaro dun disparo raso que tocou nalgún defensa meter o balón na portería visitante. Certo é tamén que o Olímpico tivo algunha clara ocasión de gol como un remate franco dun dos seus dianteiros que con toda a portería para el, o seu disparo golpeou a cabeza de Mateo que evitou o gol.  (5-1) final que reflicte o acontecido na tarde deste domingo en O Pote.

Pedro anotou un gol e errou un penal
(Foto: Abraham Santos)

E así se acaba cunha mala dinámica de resultados que esperemos prolónguese o maior tempo que sexa posible. A liga segue e hai que tentar conseguir a mellor clasificación posible. 
Sen dúbida o peor da xornada foi a lesión muscular ao minuto de partido de Pitu que o manterá unhas cantas semanas afastado dos terreos de xogo. Ánimo Pitu !!! 

Antes do primeiro minuto mancouse Pitu, Ánimo Crack!!!
(Foto: Abraham Santos)

Gran entrada en
O Pote coa presentación ante a afección do equipo benxamín do Club que acompañaron aos xogadores na súa saída ao campo. Entendemos gran iniciativa para achegar o fútbol base ao primeiro equipo. En próximos partidos seguirase presentando equipos de base. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí