Conta atrás...tic, tac...
Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
jueves, 27 de julio de 2023
COMENZO ADESTRAMENTOS PRIMEIRO EQUIPO
Conta atrás...tic, tac...
lunes, 17 de julio de 2023
sábado, 15 de julio de 2023
PRIMEIRO EQUIPO - BAIXAS
Ademáis das renovacións e das altas, toca o momento de despedirse dalgúns xogadores que por diferentes motivos abandonan o Club.
As primeiras baixas confirmadas son as seguintes:
Óscar Amigo
Chegou ao equipo no verán do 2020 procedente do CD Narón (pincha aquí). Esa primeira tempada non se xogou pola pandemia para disputar dúas tempadas completas para os brancos (2021/22 e 2022/23). Nas súas dúas tempadas de branco disputou en Liga 53 partidos sobre 54 posibles con 50 titularidades, 6 partidos da fase de ascenso a Preferente (todos) e 7 partidos de copa. En total defendeu a elástica branca en partidos oficiáis en 66 partidos (29 e 37 nas respectivas tempadas) anotando un total de 2 goles (1 e 1).
Iván Amigo (Ipi)
Chegou á o Maniños na tempada 2021/22 procedente da SD O Val (pincha aquí) na fase final da recuperación dunha grave lesión de Ligamento cruzado. Por esa razón só estivo dispoñible para o adestrador na recta final do curso alternando o B con quen tiña ficha e o A con quen debuta na fase de ascenso a Preferente. Co primeiro equipo xogou un total de 37 partidos oficiais (6 e 31) anotando a espectacular cifra de 25 goles (4 e 21). No B xogou 5 partidos e anotou 6 goles. En total 42 partidos e 31 goles.
Iago Seijo
Ou fenés tivo dúas etapas cos brancos a primeira procedente do Eume (pincha aquí) en xullo de 2020 ano da pandemia e unha segunda desde xaneiro do presente ano procedente do CD As Pontes (pincha aquí). Disputou un total de 46 partidos de branco (28 e 18) anotando un total de 17 goles (14 e 3)
Desde estas liñas desexámoslles moita sorte no seu futuro tanto a nivel persoal como deportivo e lembrámoslles que Maniños sempre será a súa casa.
miércoles, 12 de julio de 2023
martes, 11 de julio de 2023
HUGO COCIÑA, MOCIDADE PARA A DIANTEIRA BRANCA
Hugo Cociña |
Hugo deu as primeiras patadas ao balón nos veciños do CCRD Perlío xogando ata alevíns fichando en categoría infantil no Galicia de Caranza onde xogou a Liga Galega da categoría. No seu primeiro ano en Cadetes gaña a Liga e a Copa para no seu segundo ano nesta categoría xogar do mesmo xeito que en Infantís a Liga Galega. O seu primeiro ano e Xuvenil coincide coa pandemia non xogando a fútbol para os dous seguintes anos xogar na Liga Galega, o primeiro na SD O Val e logo no Galicia de Caranza onde retornara dende a escuadra valexa. Agora no seu paso a Modestos defenderá as cores da Cultural Maniños.
Xogador eminentemente atacante gústalle xogar nas bandas, preferentemente no esquerda pero ten ocupado tamén a posición de dianteiro centro. Por tanto xogador que pode ocupar calquera das posicións de arriba e con bueas prestacións como o demostran a súa traxectoria.
HUGO, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
ADRIÁN SANTALLA, REFORZO PARA AS BANDAS
Adri Santalla |
Adri como tantos outros xogadores de Ferrolterra empezou a dar os seus primeiros pasos no fútbol nos benxamines da SD Portuarios subindo nas categorías do Club chegando a disputar a Liga Galega en categoría Infantil. En Cadetes pasa ao Racing de Ferrol xogando en División de Honra. Ascenso a Xuvenís tamén cos verdes competindo en Liga Nacional. Ao pasar a modestos, uns meses no Galicia de Mugardos pasando ao SDR Neda durante dúas tempadas para pasar á SD Valdoviño a tempada pasada en Primeira Galicia onde coincidiu co que será o seu novo Club o Cultural Maniños.
Adri Santalla xoga preferentemente de lateral dereito aínda que xa da súa etapa no Racing de Ferrol disputou moitos partidos de lateral esquerdo por iso é polo que falamos de xogador polivalente que permite cubrir as dúas posicións segundo as necesidades do adestrador e do partido.
ADRI, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
lunes, 10 de julio de 2023
jueves, 6 de julio de 2023
AITOR DÍAZ, IMPORTANTE REFORZO PARA A BANDA ESQUERDA
Aitor Díaz |
Aitor empezou xogando no desaparecido Narón Balompé Piñeiros. No primeiro ano de cadete pasa á histórico SD Portuarios para disputar a Liga Galega desta categoría. Permaneceu nesta entidade de Ferrol Vello ata o último ano de xuvenís onde pasa á SD O Val para disputar tamén a Liga Galega. Ao acabar todo o paso polas etapas de formación e no primeiro ano de modestos novo cambio de club xogando para o CD Rosalía de Vilaboa para a continuación seguir vestindo o verde pero neste caso do Meirás CF onde permaneceu as últimas 8 tempadas para pasar ao Cultural Maniños esta tempada que está a piques de comenzar.
Sempre xogou na posición de lateral esquerdo desenvolvéndose tamén na posición de carrilero sendo un xogador de marcado carácter ofensivo e profundo. A banda esquerda de O Pote ten un novo dono.
AITOR, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
miércoles, 5 de julio de 2023
JAVI MARTÍNEZ VOLVE A CASA
Javi Martínez (Javima) |
Javi como tantos e tantos xogadores que actualmente están en modestos comezou o seu camiño no fútbol na SD Portuarios ata a categoría Alevín cando ficha polo Racing de Ferrol onde se proclama campión galego disputando incluso o mítico Torneo de Brunete. O seu paso ao fútbol é no Meirás CF onde xoga tanto en Infantís como en Cadetes. Abandona o fútbol co seu cambio á categoría Xuvenil pasando ao fútbol sala e concretamente ao O Parrulo FS onde xoga dous anos e proclámase en ambas as ocasións Campión Galego desta disciplina. O último ano de xuvenís pásaos en branco para volver á práctica do fútbol xa no seu primeiro ano de modestos xogando no San Sadurniño CF nunha tempada que se pode catalogar de discreta. Cambio de aires marchando ao recentemente formado Ensanche CF que debutaba nesta categoría, nun equipo moi novo e con moi bo ambiente pero sen continuidade, desaparecendo ao terminar o curso e fichando nesta tempada que acaba de terminar, 2017/18, polo SD Rápido Neda comezando a moi ben na primeira fase meténdose no grupo polo título sen perder un só partido pero no grupo final certa irregularidade e unha traxectoria de máis a menos os fixo terminar nun quinto posto final por baixo das expectativas iniciais. Dende a tempada 2018/19 forma parte do primeiro equipo do Maniños, cun triste descenso ese curso, para na seguinte tempada marcada polo Covid, novo ascenso de novo á Primeira Galicia. Parón na 2020/21 e na 2021/22 forma parte do históroco equipo que xoga a fase de ascenso a Preferente Galicia quedando en segundo lugar proclamándose subcampión de Liga (mellor clasificación histórica do Club fundado en 1962). Finalmente a tempada anterior sobe de categoría defendendo as cores do CD As Pontes na Preferente Galicia co que consegue a permanencia.
martes, 4 de julio de 2023
CHRISTIAN RODRÍGUEZ, TRABALLO, COMPROMISO E ILUSIÓN PARA O MEDIO DO CAMPO BLANCO
Christian Rodríguez |
(Narón, 2001) convértese na primeira alta da Cultural Maniños para a tempada 2023/24. Christian mediocentro con chegada e que na presente tempada anotou 21 goles vén coa ilusión de probar nunha nova categoría superior despóis de competir sempre na súa traxectoria de modestos en 2.ª Galicia
lunes, 3 de julio de 2023
RENOVACIÓNS NO PRIMEIRO EQUIPO
Empezamos coas renovacións do primeiro equipo.
Grazas por seguir confiando en nós!!!
Moita sorte para todos !!!
GO MANIÑOS