Se nos paramos a mirar o resultado pode parecer que foi un paseo para o filial, pero en absoluto foi así e houbo que poñerse o mono de traballo e "sachar" campo para poder superar ao apreciado Club do Barrio de Santa Icia.
O filial na previa do partido posando co chandal do spónsor TALLERES GARCÍA (Monfero) |
E é que a pesar de que os brancos saíron moi enchufados con varios achegamentos á portería visitante, a falta de acerto condenou aos brancos e así cando o partido transcorría tranquilo unha rápida contra dos visitantes e nunha posición ao límite do fose de xogo, o visitante Yassine superaba a Arnoso por baixo poñendo o (0-1) no marcador. O gol sentou como un xarro de auga fría aos brancos que non se recuperaron no que faltaba de primeira parte sen crear xa nesta recta final ningunha ocasión clara de gol. A sensación era de que gol podía cambar todo, pero non chegaba... (0-1) e ao descanso.
(2-1) Gol de Alex Feal (Minuto 78)
A segunda parte empezou como acabou a primeira cun asedio dos brancos máis co corazón que coa cabeza aínda que daba as sensación que os visitantes quizais por un bajón físico cada vez daban un paso máis atrás e de feito case o fundamental para os visitantes era sacar o balón da área pero o gol non chegaba. Ao bordo da cuarto da área chegou o empate nunha desas mans que a ves pitan e outras non. Mans claras dun balón procedente dun rebote do mesmo xogador... O lanzamento é transformado por Brais poñendo as táboas no marcador e case media hora por diante. Faltando pouco máis de 10 minutos, un gran pase do xuvenil Alex a Alex Feal que empezou a carreira co defensa coa posición perdida pero no último momento mete a punteira e sáelle un disparo raso e axustado ao poste que bate ao meta visitante poñendo o (2-1). De aí ao final o Maniños xa é dono e señor do partido e así Cristofer transforma un penalti feito ao propio xogador. Penalti moi protestado polo equipo visitante ao considerar que a derriba se produciu fose da área. Finalmente no tempo de desconto unha clara derriba ao xuvenil Iker que foi transforma o propio Iker no definitivo (4-1). Comentar que despois do empate a 1, o local Golpe é expulsado por dobre amarela co que a remontada é cun xogador menos. Tamén foi expulsado un xogador visitante nos instantes finais do partido. (4-1) final, un resultado un tanto avultado polo visto sobre o terreo de xogo o que non embaza a merecida vitoria dos brancos.
O filial consolida a segunda posición tras a derrota do ADC Moeche ante o ACD A Capela en terras modestinas que fai que agora a clasificación para a seguinte fase estea un pouco máis preto aínda que quedan tres xornadas e haberá que loitar sen tregua ata o final. Moita sorte ao CF Estrella no que resta de tempada.
Bo traballo equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí