lunes, 28 de julio de 2025

PRETEMPADA 25/26. UN VERÁN DIFERENTE

Porque non, non foi un soño, estamos na Preferente, e facémolo coa mesma ilusión coa que empezamos todo isto.

Cada adestramento, cada partido, cada pinga de suor e cada aperta no vestiario teñen agora un sabor especial… porque sabemos o que custou chegar ata aquí.
Comeza a pretempada 25/26, e queremos vivila con vós. Como sempre. Un equipo, unha familia, un pobo enteiro detrás. Non é só fútbol. É a Cultural.

GO MANIÑOS

martes, 22 de julio de 2025

PEDRO ESPAÑA NON SIGUE. NON É UN ADEUS É UN ATA LOGO

Hoxe tócanos unha desas publicacións amargas... Pedro España deixa o equipo despois de varias tempadas sendo un dos nosos grandes referentes no ataque e unha peza fundamental do vestiario.

Compañeiro exemplar, sempre traballador, comprometido e cunha cabeza ben amoblada.

No campo deixaches goles, loita e exemplo. No vestiario, amizade e respecto. Deixas pegada, Pedro. Imos botarte moito de menos, pero estamos seguros de que isto non é un adeus, senón un ata logo.

As portas do Pote estarán sempre abertas para ti 🏟️🤍 GRAZAS, PEDRO!

miércoles, 16 de julio de 2025

¡BRAIS SANTALLA CONVÉRTESE NA SEGUNDA FICHAXE!

🔒 FICHAXE 25/26: BRAIS SANTALLA 🔒

💥 Reforzo ofensivo con moita fame de fútbol!

Brais Santalla únese ao proxecto do Cultural Maniños para achegar calidade na parcela ofensiva 💨. Extremo zurdo e moi rápido, chega con moitísimas ganas despois dun ano afastado dos terreos de xogo.

⚽ Formado nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, conta con experiencia no Somozas, As Pontes e Galicia de Mugardos.

Agora, coa ilusión renovada, intégrase na familia maniñesa disposto a aportar desequilibrio, velocidade e compromiso.

Un dos nosos. A túa sorte será a nosa. 🍀🤍
GO MANIÑOS!
 

REFORZO DE ALTURA PARA A DEFENSA

 

🔒 FICHAXE 25/26: JAIME URBANO 🔒

💥 Reforzo de altura para a nosa defensa!

Hoxe tócanos presentar a primera fichaje, chega procedente do Miño e o seu nome é Jaime Urbano 🛡️.

Central con experiencia na Preferente 🏆, que achegará presenza 💪, seriedade 🧠 e moitas ganas de formar parte desta tempada tan ilusionante para o club ⚪.

🔝 Benvido á familia, Jaime! Estamos seguros de que deixarás pegada no Pote 🏟️.

Un dos nosos. A túa sorte será a nosa. 🍀🤍

GO MANIÑOS!

viernes, 11 de julio de 2025

TEMPADA 2025/26 - XA É OFICIAL, SOMOS NOVOS NA PREFERENTE

 🚨 XA É OFICIAL 🚨

O Cultural Maniños competirá na Preferente Futgal – Grupo 1 esta tempada!



Tócanos loitar contra algúns dos grandes nomes do fútbol galego. Campos históricos, escudos con solera... e alí estaremos nós, co noso escudo no peito e milleiros de soños na mochila.

Cada partido será unha batalla. Cada desprazamento, unha aventura.

Pero hai algo que nunca cambia: xuntos somos máis fortes.

O Maniños xa está no mapa… e non vimos de paso.

TEMPADA 25/26... IMOS A POR TODAS!!!

GO MANIÑOS

JOSIÑO, HASTA LOGO A UN DOS NOSOS GUERREIROS

 🚨 DESPEDIDA 🚨

Hoxe toca despedir a un deses xogadores que sempre deixan boa pegada, dentro e fóra do campo.

👋 Josiño remata a súa etapa no Maniños sendo exemplo de compromiso, compañeirismo e entrega. Sempre sumando 💪, sempre disposto a axudar 🤝, cunha actitude exemplar e co grupo por diante d todo. 🤍 Grazas, Josiño, por formar parte desta familia e por todo o q achegaches ao longo do camiño. ⚪ Esta sempre será a túa casa… e agardamos volver atoparte no noso camiño. Moita sorte!

PRECIOSO HOMENAXE NA CASA DO CONCELLO DE FENE AOS NOSOS CAMPIÓNS

O pasado mércores 25 de xuño foi un día especial para toda a familia maniñesa. Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Concello de Fene á súa alcaldesa Sandra Permuy e á concelleira de deportes Alba García polo fermoso xesto de recibirnos no Salón de Plenos e polo cariño e apoio mostrado ao noso club durante un acto increíble.


🙌 Este recoñecemento énchenos de orgullo e dános forza para seguir traballando polo noso fútbol e polo noso pobo. 💪 Seguimos xuntos, porque xuntos somos máis fortes! ⚽ GO MANIÑOS