lunes, 24 de junio de 2024

MOVEMENTOS DO FIN DE TEMPADA NO CLUB

Coa finalización da temporada 2023/24 o próximo 30 de xuño empezará o baile de altas e baixas de todalos cursos nas diferentes categorías que conforman o club.

En breve empezaremos a despedir a todos aqueles que nos deixan co final da tempada e daremos a benvida aos novos.

Toca estar atentos...

GO MANIÑOS

DEPUTACIÓN DA CORUÑA - SUBVENCIÓN 2023

Ao Cultural Maniños, SD foille concedida pola Deputación da Coruña, no ano 2023, unha subvención económica de 3.700€, destinada a axudar a financiar parte dos gastos federativos nas competicións de Liga e Copa correspondentes á tempada 2022/23.

Agradecerlle a Deputación da Coruña a súa impagable colaboración con noso Club para poder desenrolar as suas actividades.

Gracias!!!



miércoles, 12 de junio de 2024

OS CADETES PARTICIPARÁN O SÁBADO 15 NA 1º COPA CADETE - CONCELLO DE VILARMAIOR

O mesmo día que os benxamíns os cadetes compiten na 1ª Copa de esta categoría organizada polo Concello de Vilarmaior no Campo de Fútbol da Armada. Integrado no grupo B xunto  o Galicia de Mugardos e o CD Obrero de Oleiros.

Agradecer ao Concello de Vilarmaior e CF Vilarmaior a invitación.


A disfrutar do Torneo !!!

OS BENXAMÍNS PARTICIPAN ESTE SÁBADO NO VIII TORNEO DE FB DO SPORTING BURGO

Participación dos nosos benxamíns no VIII Torneo de Fútbol Base do Sporting Burgo - II Memorial Jose Antonio Garrote Montero no Campo de Lavandeira.

Agradecer ao Sporting Burgo pola invitación.

A parte deportivo do mesmo a forman dous grupos de 6 equipos e os campións de cada uno xogarán a final e os segundos o 3 e 4 posto.



A disfrutar do torneo!!!

martes, 4 de junio de 2024

NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DUNHA ESTANCIA PARA DÚAS PERSOAS NUNHA CASA RURAL

O número premiado do sorteo dunha estancia para duas persoas 2 días nunha casa rural correspondente a cadrar cas 4 últimas cifras do Primeiro Premio do sorteo da Once do pasado venres 31 de maio foi:

0582

A persoa agraciada debe poñerse en contacto co Club para recibir o ser premio.

Gracias pola vosa colaboración.