lunes, 10 de abril de 2023

DERROTA EN UN MAL PARTIDO NA GRELA

Afrontábase este partido na Grela fronte ao Ural Español CF con boas expectativas dado o último partido dos brancos ante o potente Olímpico CF no que se destapou o tarro das esencias nunha segunda parte inesquecible pero aínda que na segunda parte do partido de este domingo mellorouse, a primeira puido ser a peor do presente curso. E dicir puido e non afirmar rotundemente é moito dicir.

Saúdo inicial na Catedral

E é que a primeira parte foi moi mala. Terminou (1-0) cun gol ademais na recta final do partido, pero o Maniños estaba descoñecido, sen balón, sen ritmo, sen intensidade, estaba ausente e aínda que non houbo moitas ocasións por ambos lados, iso se, algunha clara como un remate de cabeza en prancha de Pedro que se atopou o porteiro e que foi a antesala do primeiro gol local. O mellor que puido pasar é que se chegase ao descanso e aí reformularse o partido e aclarar ideas e intencións. 

Na segunda parte saíuse mellor, ideas máis claras e mellor circulación de balón. Antes do cuarto de hora Ipi anotou o empate ao empuxar o balón na boca de gol. Parecía que o Maniños ía levar o partido porque ademais os locais parecían fundidos e estaban a chegar os brancos con relativa claridade. Cando máis se aburaba o dominio fenés unha contra dos locais combinado cunha cadea de indecisións defensivas acabou no segundo gol coruñés e de aí ao final mobilización de combate. Ipi ao pau de falta e un disparo que saca o porteiro cando entraba, unha ocasión inmellorable para Gonza que non chega a rematar só na área pequena... O partido finaliza co coñecido (2-1) para os locais que celebraron unha vitoria que lles confirma a continuidade na categoría. Os brancos conscientes de que deixaron pasar unha gran oportunidade de sumar tres puntos e de achegarse aos postos de privilexio.

Decepción entre os afeccionados que se desplazaron a Grela, non tanto pola derrota senón pola sensación de que cun pouco máis o partido non se escapaba... toca reflexionar!!!

Achegámonos aos 5 últimos partidos da competición e o domingo visita O Pote un dos equipos que a clasificación non di do seu potencial, o Boimorto CF. Será a partir das 12:00 H. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí