lunes, 17 de abril de 2023

VICTORIA ANTE O BOIMORTO NUN PARTIDO MARCADO POLO FORTE CALOR

O partido deste domingo xogado ante o Boimorto CF no vai a ser lembrado nin polo seu xogo nin pola súa intensidade senón pola tremenda calor que pasou madeixa a todos os alí presentes especialmente xogadores como é lóxico porque quizais a explosión de calor por falta de costume e co corpo non aclimatado fixo que o partido se sacase adiante boamente como se puido. 

Saída dos equipos cos nen@s do Alevín "B"
(Foto: Abraham Santos)

Non se pode destacar nada deste partido xogado a un ritmo lento tanto por un equipo como polo outro, especialmente por parte do
Boimorto que acudiu á cita moi minguado de efectivos e que ademais sufriu dúas lesións antes da media hora de partido, unha muscular e outra no xeonllo que esperemos non sexan graves. O caso é que loxicamente o Boimorto veu facer o seu partido que consistía xogar a ritmo lento e que non pasase nada dentro dun partido de exquisita deportividade. E con ese guión xogouse o partido con moi poucas ocasións de gol por ambas as partes e con este guión terminou a primeira metade xa que salvo dúas oportunidades de Ipi ben resolta polo meta vermello e unha do Boimorto pouco máis aconteceu. O Maniños iso se protestou unha derriba a Miragaya preto do descanso que o árbitro considerou que non era motivo de penalti. (0-0) e a recuperar forzas aos vestiarios. 

Ángel conducindo un balón
(Foto: Abraham Santos)

Na segunda parte o
Maniños levou o mango do partido pero seguinse sen ser produtivo para portería. Pola súa banda o Boimorto xa non inquietou a Mateo máis en toda este período salvo nun despexe do meta local que golpeou ao reaparecido Rober e deu o susto da tarde á parroquia local. Neste escenario o partido rompeu no minuto 72 cun penalti sinalado polo colexiado por mans dun defensor visitante que foi transformado por Iago. De aquí ao final varias opcións máis para matar o partido, especialmente una de Ángel moi clara que saíu en inmellorable posición lambendo o poste e xa finalizando Ipi nunha contra supera ao meta visitante. Aínda outra opción para os locais que de acertar fose un marcador quizais excesivo para os merecementos duns e outros.

Chata pelexando un balón aéreo
(Foto: Abraham Santos)

Vitoria xusta dos brancos nun partido que non pasará á historia polo seu xogo. Desexarlle sorte ao
Boimorto CF no que resta de tempada e agora a por os catro partidos que faltan para conseguir a mellor clasificación posible. O vindeiro domingo visita a Miño para enfrontarse ao líder, gran favorito para o título de liga e consecuente ascenso de categoría.  

Seguimos equipo, un esforzo final!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí