lunes, 30 de septiembre de 2024

VICTORIA PARA CREER DO VETERÁN

E por fin chegou a primeira vitoria do Maniños de Veteranos, e tivo que ser no día da estrea das novas camisetas, un día de festa e moi significativo para os brancos (11+1).

O encontro comezou competido, ambos equipos loitaban o medio do campo e trataban de impoñer a súa lei.


Sen embargo era o Ciudad o que parecía dar un pasiño máis adiante que os do Pote, aínda dubidosos despois de dúas derrotas consecutivas.

Os estados de ánimo parecían influir no desenvolvemento do partido.

O Maniños tratou de axustar as liñas para reparar a sangría de goles recibidos e conseguindo manter a portería a cero marcouse o primeiro gol do partido; A maior intensidade dos hoxe máis brancos que nunca, provocou unha recuperación e un pase as costas da defensa do Ciudad que aproveitou Ricardo para facer un regate e provocar penalti; El mesmo se encargaría de poñer o 1 a 0.

Os brancos pareceron entón controlar o encontro, pero nunha xogada illada o Ciudad foi quen de empatar e volver facer dubidar os de Jaime.

Chegábamos ao descanso có empate a 1 e un partido igualado.

Tratou de corrixir o Maniños a presión en campo contrario tralo descanso, foron entón os mellores minutos dos brancos no partido, onde foi capaz de roubar en tres cuartos e desfrutar das mellores ocasións.


Pero o día amencera coa R de Ricardo no firmamento, e foi o 9 do Maniños quen no 71 era capaz de desigualar a contenda empuxando a rede un regalo de Javi Rico, tras unha boa xogada na área.

O Ciudad tratou de reaccionar, pero non estaba o día para os de negro e a precipitación e boa labor dos brancos impediu que estes acadaran o empate.

Cando o partido encaraba o seu final, un bo saque de porta de David, chegaba a pes da defensa do equipo visitante onde a boa presión dun Mon incansable, provocou entón un pase corto cara o porteiro e foi Ricardo ,de novo o máis listo da clase, quen era capaz de chegar antes, regatear o porteiro e poñer o gol de tranquilidade no electrónico.

Relaxouse en demasía o Maniños, quen un minuto despois encaixaba o definitivo 3 a 2 nunca xogada individual, na que o xogador do Ciudad foi quen de burlar a defensa de varios xogadores dos veteráns.

Non había tempo para máis e chegaba por fin a primeira vitoria.

Cousas que mellorar no cadro do Pote, pero por fin podemos dicir que se atisban brotes verdes na ensalada futbolística dos do Pote.

GO MANIÑOS!

(Por Javi Pedreiras)

DERROTA DO FEMININO ANTE UN GRAN RIVAL

Derrota clara e contundente do feminino ante o potente Orzán SD "B" un equipo de xoves valores da canteira do RC Deportivo da Coruña. O equipo o intentou e chegou a poner as taboas no marcador por mediación de Laura Montero pero un gol pouco antes do tempo de lecer das visitantes foi determinante. A segunda parte foi das visitantes que ademáis estiveron moi acertadas cara a portería de Lara.

Nada a obxetar, toca seguir traballando para mellorar. 

O peor a lesión de Tensi que tivo que acudir ao Hospital para evaluar os problemas no seu xeonllo dereito. Agardemos quede nun susto... 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

DERROTA DURA DO FILIAL NO DESCONTO

Dura derrota do noso Filial no tempo de desconto o que impideu aos nosos conseguir o seu primeiro punto na liga. O revés foi especialmente amargo ao encaixar o gol no tempo de desconto da segunda parte, non obstante imaxe positiva do equipo que seguirá mellorando. 

Instante do partido en Gallamonde

Este é o camino, os puntos chegarán!!! Punto de inflexión. 

Cabezas arriba!!! 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRIUNFO DE EQUIPO DOS MODESTOS NA GRELA

Tres puntos de moito valor foi o botín que se trouxo o Maniños do Campo da Grela coñecido na Coruña por "A Catedral" despóis de superar remontada incluída ao líder invicto e imbatido da categoría ata ese momento, o Vitoria CF, equipo recentemente descendido de Rexional Preferente e candidato número un da categoría.

Intre do partido na Catedral

O partido empezou con dominio local e na primeira ocasión clara da que dispuxo,
David Bandera, ex xogador do Racing de Ferrol aproveitou un centro que lle chegou desde a dereita segundo ataque dos locáis e desde a área pequena fusilou a Marcos. (1-0) e non ían nin 5 minutos de partido. Os brancos (este domingo rosas) encaixaron ben o gol e pronto puxo as táboas ao aproveitar un inspirado Pedro un gran pase de Julián tras un roubo de balón nas proximidades da área local. O Maniños empezábase a sentir cómodo e empezaba a controlar o partido e ter a posesión do balón. Así nunha presión na saída de balón dos locais rouba Santi que fai chegar o balón a Pedro que pon o (1-2). Mazazo para os locais que a maiores sufriron a lesión dun xogador e con un control do partido dos feneses sucedéronse dúas xogadas moi dubidosas que pudiron decidir o partido, un moi probable penalti a Pedro empuxado cando encaraba (escorado iso se) ao meta local e un fóra de xogo máis que dubidoso co auxiliar de la bancada mal colocado que levantou a bandeira cando de novo Pedro tras un gran pase de Caio presentábase de novo só ante o meta do Vitoria. Sen máis que sinalar e con moi boas sensacións para o Maniños o partido foise ao descanso co coñecido (1-2).

A segunda parte é fácil de describir, monopolio de balón local e un Maniños que ofreceu un recital de resistencia sendo sometido polos locais pero sen xerar ocasións de gol, salvo unha clara ao comezo deste 2º período e un cabezazo alto nas postrimerías do mesmo. Orde e traballo de todo o equipo permitiu finalmente sumar os tres puntos con sufrimento que é como mellor sabe. Victoria de equipo!!!

Se todas as vitorias son importantes esta ten un significado especial porque é ante un gran equipo e a domicilio o que pon en valor os tres puntos. Agora toca facelo bo coa visita do CD Marte na súa primeira visita da historia a O Pote.

Parabéns equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www,futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (27-28-29) SETEMBRO

INFANTILES (X02): Cultural Maniños 2 - CD Cariño 5
CADETES (X02): Cultural Maniños 2 - Cedeira, SD 6
XUVENILES (X02):  CCRD Perlío 7 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X03): Cultural Maniños 1 (Laura) - Orzán, SD "B" 6
VETERANOS (X03): Cultural Maniños 3 (Ricardo (3)) - CD Ciudad 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X03): AD Miño 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X04): Victoria CF 1 - Cultural Maniños 2 (Pedro (2))

lunes, 23 de septiembre de 2024

CAE POLA MÍNIMA O VETERANO EN PASTORIZA

Nova derrota do Cultural Maniños Veteráns, pero está vez por 4 a 3 no campo do Pastoriza, onde os de Jaime foron de novo incapaces de inaugurar o seu taboleiro de puntos, nun partido similar a vivido no Pote a pasada xornada.

Os brancos comezaron o partido mellor plantados que o rival, pero dous erros provocaron demasiado pronto sendos goles e un resultado seguramente máis abultado do merecido.2-0 e desazón no conxunto de Jaime.
 
Non foi ata o minuto 37, cando un bo roubo en defensa, acompañado dunha boa condución e un pase en profundidade para Ricardo, suporía o 2 a 1 que insuflaba aire nos pulmóns dos do Pote

Chegábamos o descanso con ideas e forzas renovadas, pero a ilusión durou pouco no barrio do Maniños, que xa no minuto 3 encaixaba o 3 a 1.

Momentos de desconcertó e certa desconexión dos brancos, que acusaban o golpe e sufrían para manterse en pé. Por si fora pouco, no minuto 63, outra xogada desafortunada acabaría con gol en propia porta e poría as cousas case imposibles para os veteráns, 4-1. Pero non naceu o Maniños para renderse e seguiu buscando, a pesar da abultada derrota, o gol que os achegase os puntos. Nun primeiro momento, e nunha boa xogada pola dereita, sería Javi Rico quen poría o soño máis preto no 80, para que despois fora Sergio quen puxera o 4-3 nunha cabezada impecable nun bo saque de esquina. 
Cando todo parecía indicar que o Maniños era capaz de todo, o árbitro pitou o final, unha mágoa.

Deberán correxir errores os do Pote, que a pesar de demostrar pegada, son incapaces sumar por segunda semana consecutiva. O domingo as 10 de mañana nova oportunidade para sumar os primeros tres puntos fronte o C.D. Ciudad.

GO MANIÑOS

(Por Javi Pedreiras)

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA DO FEMININO PESE A EVIDENTE MELLORÍA

Derrota do feminino nun partido igualado e que se decideu por acciones puntuais que caeron do lado do Xallas FC. Melloría clara esperando que estas boas sensacións se prolonguen nas vindeiras xornadas. Hay que seguir mellorando nás áreas. 

En construcción...

Moito ánimo e a seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe, Pau e Uxía en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL RECIBE UNHA MANITA NO POTE

Derrota sen paliativos do Filial no Pote nun partido no que foi superado en todolos aspectos. Pouco máis pódese decir. Hai que cambiar moitas cousas... 

Toca facer autocritica!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

VICTORIA APRETADA PERO XUSTA DOS MODESTOS

Triunfo do Cultural Maniños no partido disputado na tarde do domingo ante unha gran afluencia de afeccionados de ambos os equipos nun ambiente de gran deportividade e onde os brancos se fixeron xustos acredores á vitoria. 

O partido empezou cun gol anulado para os locais nunha xogada moi discutida polos brancos que se vían por diante no marcador nos primeiros instantes do partido. Non foi así aínda que o Maniños seguiu tendo o control do partido aínda que o Caranza non lle perdeu a cara ao mesmo en ningún momento e aínda que os achegamentos máis perigosos foron locais, foron os ferroláns os que se adiantaron no marcador. Afortunadamente para os intereses feneses, os locais empataron pronto tras unha gran xogada individual de Marcos Piñeiro que colleu o balón en propio campo e a base de potencia e velocidade gañou a liña de fondo, pase cara atrás golpeando nun defensa visitante introducindo o balón en propia porta. Pouco despois Caio cun gran disparo desde fóra da área adiantou aos brancos facendo unha pouco xustiza co que estaba a suceder sobre o terreo de xogo. Con (2-1) chegouse ao tempo de descanso. 

A segunda parte cambiou o guión, un Maniños con posesión de balón pero sen ambición suficiente para matar o partido e un Caranza demasiado conformista que non inquietou a portería de Marcos co que o partido foi queimando minutos sen nada reseñable finalizando o mesmo co coñecido (2-1). 

Tres puntos importantes que permite aos brancos consolidarse na zona media alta da clasificación e coa moral moi alta para preparar o partido da próxima fin de semana ante o líder invicto e imbatido do Victoria CF na Grela.

Bo traballo equipo, seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (20-21-22) SETEMBRO

INFANTILES (X01): Galicia Caranza "C" 0 - Cultural Maniños 2
CADETES (X01):  FC Ortigueira "B" 1 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (X01):  Cultural Maniños 1 - SD Ánimas 6
FEMININO (X02): Cultural Maniños 1 (Andrea) - Xallas FC 3
VETERANOS (X02):  SCD Pastoriza 4 - Cultural Maniños 3 (Ricardo, Javi e Sergio)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X02): Cultural Maniños 0 - CCRD Perlío "B" 5
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X03): Cultural Maniños 2 (pp e Caio) - Galicia Caranza 1

miércoles, 18 de septiembre de 2024

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (20-21-22) SETEMBRO

 

DEBACLE DO FILIAL EN CAMBRE

Abultada derrota do Filial na sua visita ao Dani Mallo de Cambre nun partido no que non tivo ningunha opción ante un potente rival como é o filial do Sporting Cambre. Co partido decidido anotaron Aitor e Marco.

Cun resultado así, poco que engadir... toca pasar páxina e pensar no seguinte partido.

Moito traballo que facer e moito que mellorar... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 16 de septiembre de 2024

DECEPCIÓN DOS VETERANOS PARA COMENZAR A LIGA

Derrota dos brancos no primeiro partido da tempada, nun partido no que os ataques impuxéronse case sempre as defensas.

O partido comezaba cos veteráns acuados, incapaces de xerar unha saída de balón limpa.

Pronto foi o Hércules quen se puxo por diante no minuto 6 nun córner mal defendido. Seguiu sufrindo o Maniños, quen a pesar do dominio visitante foi quen de empatar o partido nunca xogada aislada na que Javi Rico marcou un golazo dende fora da área.

O empate non espabilou os brancos que dous minutos despois encaixaban o 1-2 noutro despiste do conxunto de Jaime.

O tanto espertou do soño, por fin, o equipo do Pote que disputou os seus mellores momentos de fútbol nos últimos 20 minutos da primeira parte, sendo capaz de empatar o partido e ser superior o rival, o que meteu no seu campo, mentras estes soamente eran soamente capaces de saír o ataque con balóns longos.

Foi nun penalti, con incertume pois houbo que repetilo, cando Ricardo empataría o partido.

A pesar do xogo nestes minutos, cada balón as costas da defensa non deixou nunca de supoñer un problema, que, co equipo en tromba, deixaba a defensa en un 1 para 1 perigoso. 

Nun destes balóns longos, unha loita do dianteiro na que este se impuxo a línea defensiva,  suporía o 2 a 3 que volvía a poñer por diante o Hércules.

Desánimo no Maniños, que a pesar do golpe tras golpe, seguiu intentando xerar perigo.

Foi tras unha boa combinación dende a dereita e un pase en profundidade para Javi Rico, quen de novo era quen de ganarlle as costas a defensa, cando o brancos marcaban outro novo empate. 

Chegaba o descanso, 3 a 3 e certo desconcerto no equipo do Pote, que mostraba boas maneiras co balón, pero que non era capaz de contrarrestar os ataques do equipo rival, nos que case sempre saiu perdedor.

Comezaba una segunda parte mas igualada, e con menos ocasións, cun Maniños intentando ser protagonista, pero con menos ideas que no final da primeira parte, e un Hércules máis acuado e saíndo a contra con balóns longos; Os problemas continuaban no mesmo punto e os brancos sufrían cada acometida dos negro-amarelos.

Foi no 75, cando nun ataque dende a esquerda, o xogador do Hércules foi capaz de realizar un eslalon entre xogadores do Maniños, quenes foron incapaces de roubar un balón que se converteu no 3 a 4.

Trataron de repoñerse os locáis por cuarta vez, pero sen sorte, esta vez foi incapaz de concretar as moitas ocasións xeradas.

Nos derradeiros minutos, e xa volcado contra a portería visitante, nun despexe do Hércules, un rexeite poría o balón franco para o dianteiro negro-amarelo que non erraría fronte o porteiro.

Mal partido do Maniños, que foi incapaz durante todo o partido de defender as acometidas do Hércules. As boas sensacións con balón, quedaron totalmente opacas polas malas sen él e toca analizar e compensar o equipo para poder sumar canto antes.  

GO MANIÑOS

(Por Javi Pedreiras)

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DURA DERROTA DO FEMININO EN BREXO

O Feminino saeu derrotado da súa visita a o Campo dos Pinares de Brexo Lema ante as locais. Pouco se pudo facer ante un equipo más feito e que non deu opción as nosas. Equipo, o noso, con moitas caras novas, xuventude e inexperiencia que ten que facerse a categoría. Traballo e paciencia...

Esto só acaba de comenzar!!! 

Vamos equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DOS MODESTOS ANTE UN GRAN SPORTING CAMBRE

Gran partido o celebrado na tarde do domingo entre o noso equipo e o Sporting Cambre que despóis de sufrir ata o final a tempada pasada, na presente a súa versión é moi mellorada deixando moi boas sensacións a pesar de a súa derrota en O Pote

Empezaron os visitantes asoballando, cun ritmo altísimo onde os brancos sufrían porque non se atopaban no campo. Era claro que ese ritmo era prácticamente imposible de manter e cando parecía que a tormenta futbolística visitante estaba amainando, o seu xogador Loui anota un golazo desde aproximadamente 55-60 metros ao efectuar un golpeo plano que sorprende a Marcos que a pesar de que retrocede rapidamente non pode facer nada para evitalo. Felicitacións ao xogador do Sp. Cambre. O gol reactivou ao Maniños que foi de menos a máis e a partir de ese momento empezou a controlar o partido coa sorte de empatar rapidamente tras unha boa manobra de Caio na área pequena, Santi moi oportunista puxo as táboas no marcador. Pouco después un balón en profundidade de Agras a Santi este cédella a Pedro que nun un para un cun defensa, supérao e bate ao meta visitante cun disparo raso e cruzado. (2-1) antes da primeira media hora.

A segunda parte foi moi igualado aínda que con certo control do Maniños sobre o ritmo do partido. Ningún dos dous equipos dispuxo de numerosas ocasións de gol pero algunha e especialmente por parte local moi clara pero foi finalmente Ángel que aproveitou unha gran xogada combinativa entre Miragaya e Adri con pase deste ao 22 branco que bateu por baixo ao meta visitante. De aquí ao final o Maniños deixou pasar os minutos que xunto á expulsión dun xogador visitante fixo que os brancos non sufrisen demasiado finalizando o partido co coñecido (3-1).

Tres puntos importantes ante un bo equipo, moi mellorado con respecto á anterior tempada. O domingo novo partido en casa ante o Galicia de Caranza, outra boa pedra de toque ante o talentoso equipo ferrolán.

Bo traballo equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (13-14-15) SETEMBRO

FEMININO (X01): SD Brexo Lema 6 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X01):  Cultural Maniños 3 (Javi (2) e Ricardo) - Hércules, SD 5
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X01): Sporting Cambre "B" 9 - Cultural Maniños 2 (Aitor e Marco)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X02): Cultural Maniños 3 (Santi, Pedro e Ángel) - Sporting Cambre 1

jueves, 12 de septiembre de 2024

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (13-14-15) SETEMBRO

 

PRIMER E ÚLTIMO TEST DO FEMININO NA PRETEMPADA

Boa tarde de fútbol feminino no Pote coa celebración do 3x1 que sirveu de presentación do noso equipo. Boas sensacions e conclusións positivas. 

Resultados: 
Estrella 1 - Caranza 2 
Maniños 4 - Estrella 0 
Caranza 0 - Maniños 2

Equipo feminino no triangular

Con moitas caras novas pero con a ilusión de todos os anos do noso feminino neste inminente arranque ligueiro onde
Noelia Leiras e Pablo Iñiguez estarán ao frente dun equipo que debutará o próximo domingo en Os Pinares de Brexo Lema a partir das 19:30 H. 

Moita sorte equipo!! 

GO MANIÑOS

lunes, 9 de septiembre de 2024

DERROTA DOS MODESTOS NO DEBUT LIGUEIRO

Non foi o mellor comezo de liga para os modestos que caeron derrotados pola mínima no derbi fenés e ante o CCRD Perlío que soubo aproveitar mellor as opcións que tivo para sumar os tres puntos neste arranque ligueiro.

Para resumir un pouco e en liñas xerais o que foi o partido, dentro dunha gran igualdade entre ambos os equipos, unha xogada puntual illada ao bordo do descanso foi aproveitada por un dianteiro dos locais que se fixo cun balón ás costas do último central e o porteiro para superalo na súa saída e a portería baleira poñer o que foi ao cabo o (1-0) definitivo. 

Adri nos Pinares (@Bisbarraenxogo)

Na segunda parte varias ocasións para ambos os lados pero que ningún dos equipos foi capaz de anotar e no que o oficio dos locais permitiu superar os brancos que non estiveron cómodos en ningún momento. Finalmente vitoria local que leva o primeiro derbi da tempada.  

Toca levantarse e adestrar duro para afrontar o seguinte partido da tempada que será ante o Sporting Cambre que sumou os tres primeiros puntos da tempada ao superar na xornada inicial ao CD As Pontes.

A seguir traballando para mellorar!!!

GO MANIÑOS 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (6-7-8) SETEMBRO

CADETES (AMISTOSO): Cultural Maniños 1 - SDR Neda 2
FEMININO (3x1 AMISTOSO): 
Estrella CF 1 - Galicia de Caranza 2
Cultural Maniños 4 - Estrella CF 0
Galicia de Caranza 0 - Cultural Maniños 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X01): CCRD Perlío 1 - Cultural Maniños 0

martes, 3 de septiembre de 2024

OS VETERANOS APEADOS DA COPA NUN IGUALADO PARTIDO

Gran partido o disputado en O Pote na mañá de domingo entre Cultural Maniños e o SDC Teixeiro

O partido comezou igualado, o Teixeiro controlaba un pouco máis a pelota , pero o Maniños atopábase cómodo e saía con perigo cada vez que podía. Non foi ata minuto 30, cando un erro na saída de balón do Maniños, pillou á defensa descolocada e o Teixeiro foi capaz de combinar con acerto e marcar o primeiro. O Maniños non se amedrentou e pronto conseguiu empatar o partido nun gran centro desde a dereita de Mon que rematou con acerto Javi RicoIamos ao descanso con 1-1 e boas sensacións para o Maniños, que loitaba de ti a ti a un rival tres categorías superiores.

Comezaba a segunda parte cun Maniños descolocado e desorientado, que provocou varias accións de perigo do Teixeiro, que saíu a morder. Con todo, non foi ata que se atopou cunha falta moi dubidosa na frontal cando foi capaz de poñerse por diante; Golazo. Os brancos trataron de retomar o pulso ao partido e subiron a presión a 3/4 de campo, a presión parecía funcionar, pero creaba moito perigo cando o Teixeiro era capaz de sobrepasar esa primeira linea de presión do Maniños. Nunha desas xogadas o interior esquerdo do Teixeiro, realizou unha condución, podendo chegar á área onde os brancos víronse abocados a realizar penalti. A boa estirada de Walter, que mesmo chega a tocar o balón ,non puido evitar o gol. Nada ía afundir aos brancos, que lonxe de renderse, decidiron irse arriba sen descanso. Rondabamos o minuto 34 da segunda cando un balón en profundidade Javi Pedreiras a Javi Rico, converteríase no 2-3 cun bonito gol de vaselina. Seguía insistindo o Maniños en ataque e dispuxo de innumerables ocasións de poder igualar o partido; Mon, Deus, Michu ou Mato puideron empatar o partido pero non houbo sorte e o balón non regalou esa alegría aos brancos. Xa nas postrimerías do partido un balón longo, un cabezazo ás costas e unha carreira gañada polo Teixeiro puxo o 2-4 definitivo.

Bo partido de Maniños que loito cada balón e estivo sempre no partido, podendo mesmo chegarse a poñer por diante en varias ocasións. 

A seguir sumando!

GO MANIÑOS

(Por Javi Pedreiras)

PARTICIPACIÓN DOS CADETES NO TORNEO ORGANIZADO POLO CF MANDIÁ

Os nosos cadetes participaron nun clásico da pretempada pois un ano máis xogaron o torneo organizado polo CF Mandiá na súa séptima edición. 


Sen dúbida bo campionato do cadete chegando a semifinais caendo na sorte (o mala sorte) dos penaltis ante a SD Ánimas que posteriormente caerian na final tamén aos penaltis ante o campión, SCDR Narón Freixo.

A seguir traballando nos adestramentos para seguir mellorando!!!

Agradecer a organizacion polo bo desenvolvemento do torneo e excelente trato!!!

GO MANIÑOS

lunes, 2 de septiembre de 2024

DERROTA ANTE O XUVENIL DO RACING PARA DESPEDIR A PRETEMPADA

Último test da pretempada para os modestos e 1a derrota ante os xuvenis do Racing Club Ferrol que demostraron todo o potencial que teñen. O resultado (0-3) deixa ben as craras o acontecido no verde.

Punto e final as probas. 

A semana que ven empeza o bo. A dalo todo!! 

GO MANIÑOS