Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
martes, 31 de octubre de 2023
lunes, 30 de octubre de 2023
VICTORIA DE MOITO MÉRITO DOS VETERANOS EN OSEIRO
Intre do partido (Foto: Mercedes Lamas) |
DERROTA POLA MÍNIMA DO FEMININO EN ANTAS
DERROTA DOS MODESTOS NUN MAL PARTIDO
Neste partido a crónica é moi sinxela e moi breve, un Olímpico que desde o minuto 1 fíxose dono do partido e do balón que aproveitou na primeira parte un erro defensivo para poñerse (0-1) no marcador e que a pesar de ter as mellores ocasións tampouco foron clara e onde os brancos non se achegaron fóra dalgún córner ou balón parado á portería visitante.
Saúdos iniciais (Foto: Tono Santos) |
Na segunda parte dous golazos dos visitantes moi próximos no tempo puxeron un inapelable (0-3) dando por finiquitado o partido. O Maniños nesa segunda parte tratou de igualar as forzas xa co partido decidido pero foi incapaz de xerar perigo e ocasións para soñar cunha remontada.
Intre do partido (Foto: Tono Santos) |
Mal día dos brancos incómodos todo o tempo e faltos da intensidade necesaria para competir a contenda a un Olímpico que sen facer un gran partido foi justo merecedor da vitoria.
PRIMER PUNTO DO FILIAL ANTE O NEDA
RESULTADOS FIN DE SEMANA (27-28-29) OUTUBRO
PREBENXAMINES (1ª FASE - J02): CD As Pontes - Cultural Maniños (X)
BENXAMINES (1ª FASE - J02): Eume - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J02): Cultural Maniños - SD Portuarios (2)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J02): SDR Neda - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1ª FASE - J06): CD As Pontes 5 - Cultural Maniños 0
CADETES (1ª FASE - J07): SD Portuarios 1 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J07): Cultural Maniños 0 - CD As Pontes 6
FEMININO (J06): SD Antas 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (J06): Oseiro Clickfer Arteixo 1 - Cultural Maniños 2 (Ricardo e Ramón)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J07) Cultural Maniños 3 (Aitor, Juanlu e Alex) - SDR Neda 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J08) Cultural Maniños 0 - Olímpico CF 3
jueves, 26 de octubre de 2023
NOVAS FOTOS DOS NOSOS EQUIPOS
miércoles, 25 de octubre de 2023
CORREDURÍA DE SEGUROS CASCUDO PATROCINADOR DO NOSO ALEVÍN "B"
martes, 24 de octubre de 2023
O FILIAL É GOLEADO A MANS DO GRAN FAVORITO
Pero eso non se consigue dun día para outro.
lunes, 23 de octubre de 2023
O FEMININO PROLONGA A SÚA MALA RACHA ANTE O ORZÁN
preme aquí
OS VETERANOS TOCAN FONDO ANTE O SAN MARTIÑO
Non saíu nada...
Toca aprender para mellorar. Autocrítica...
Non choveu que non escampara...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
UN BRILLANTE MANIÑOS GOLEA EN CARRAL
A primeira parte empezou cun dominio e un control total do Maniños que deu o seu froito aproximadamente ao cuarto de hora tras unha xogada de Pedro que remata Víctor ao fondo das redes. Un gol que permitiu aos brancos afrontar con máis tranquilidade o partido. Os locais a base de empuxe tentaron meter ao Maniños atrás e foron capaces de xerar algunha ocasión clara de gol nalgún caso resolto por Mateo e a máis clara na última xogada da primeira parte tras unha prolongación de cabeza tras un balón parado que é rematado fóra por un xogador local en inmellorable posición. Con un apretado (0-1) o partido foise ao descanso.
Intre do partido disputado en "O Castro" |
A segunda parte empezou da mellor maneira posible para os brancos, Javi Miragaya aproveita un erro dun dos centrais locais, plántase diante do porteiro e báteo por baixo. (0-2) e aí o Maniños dáse conta que non se escapa o partido. O Carral acusa o golpe e de novo Javi Miragaya ateiga o golpe definitivo cun novo disparo tras recibir un fenomenal pase. (0-3) e partido finiquitado.O Carral tentouno con numerosos disparos a portería e balóns parado pero a defensa branca inconmensurable resolveu con solvencia. Faltando 10 minutos, Hugo, puxo o (0-4) cun gran disparo desde o bordo da área e de aí ao final os locais buscaron o gol do honra cousa que conseguiron finalizando o partido. (1-4) evitando a posibilidade de deixar a porta a cero. Unha bagoa... Final e tres importantes puntos véñense para O Pote.
Como se dijo antes, tres puntos valiosos que permiten aos brancos consolidarse na zona media alta da táboa para afrontar con optimismo os duros partidos que se lle presentan a continuación empezando polo do domingo ante o potente Olímpico CF actual Subcampión de Liga e da Copa Coruña. Un enfrentamento que se fixo habitual nas últimas tempadas.
Parabéns Equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (20-21-22) OUTUBRO
PREBENJAMINES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños - CCRD Perlío (1)
BENJAMINES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños - Meirás CF (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J01): AD Miño - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J01): Cultural Maniños - SD Ánimas (1)
INFANTILES (1ª FASE - J05): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 8
CADETES (1ª FASE - J06): Cultural Maniños 2 - CCRD Perlío 6
JUVENILES (1ª FASE - J06): CCRD Perlío 9 - Cultural Maniños 0
FEMININO F11 (J05): Cultural Maniños 1 (Lore) - SD Orzán 2
VETERANOS (J05): Cultural Maniños 0 - San Martiño 4
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J06) Numancia 8 - Cultural Maniños 1 (Edu)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J07) UD Carral 1 - Cultural Maniños 4 (Víctor, Javi Miragaya (2) e Hugo)
jueves, 19 de octubre de 2023
martes, 17 de octubre de 2023
SEMANA NEGRA PARA LA FAMILIA DEL CULTURAL MANIÑOS
A semana pasada faleceu o ex xogador branco e veciño de Maniños, Santiago Martínez Piñeiro coñecido por "Botana".
No día de onte faleceu o tamén ex xogador branco e veciño de Maniños, Jose Luís Rodríguez Vilariño coñecido por "Lilo".
Desde estas liñas queremos mandar un forte abrazo a sus respectivas familias, amigos e coñecidos en estos difíciles momentos ante tan triste perda.
DEP
lunes, 16 de octubre de 2023
O FEMININO CAE EN LUGO
Hai que recuperar xogadoras para poder competir en condicións.
DERROTA SEN PALIATIVOS DO VETERANO EN MERA
MELLORÍA DO FILIAL PESE A DERROTA
Partido intenso resolto ao aproveitar os verdes de Vilaboa dúas indecisións dos brancos que sen embargo fixeron un meritorio partido
VICTORIA DE MOITO MÉRITO DOS MODESTOS EN MEICENDE
Empezaron moi fortes os locais con dominio do balón e xerando ocasións de gol, ata tres claras nos 20 primeiros minutos que entre os postes e un moi acertado Abraham impediron que se adiantasen no marcador. A partir dese momento e co equipo máis asentado o partido foise equilibrando e mesmo empezaron as chegadas do Maniños que dispuxo dunha ocasión moi clara cando Pedro diante do porteiro estrelou o balón no traveseiro cando a situación era idónea para anotar gol. Foi entre os minutos 30 ao 34 cando o partido volveuse tolo e anotáronse os tres goles cos que finalizou o partido. Primeiro foi Hugo ao remachar no segundo poste unha xogada combinativa que chego a Adri Santalla para facer un perfecto centro e en carreira chegaron Pedro e Hugo chegando este para empuxar o balón ao fondo das redes. E como di o dito "pouco dura a alegría na casa do pobre..." un par de minutos despois un dianteiro local plántase só diante de Abraham ao que supera por baixo. Sen tempo para repoñerse do golpe balón perfectamente controlado por Pedro que lla pon a Miragaya en carreira que dispara duro, raso e cruzado superando ao meta local poñendo o (1-2). De aí ao final da primeira parte ningunha gran ocasión para ambos equipos e o partido foise ao descanso tras unha gran primeiro aparte co coñecido (1-2).
Saúdo inicial no Municipal de Meicende |
A segunda parte tivo a emoción do apretado do resultado pero xa sen grandes ocasións nin tan claras para ningún dos equipos. O Meicende que non deu un pelotazo en 90 minutos de xogo foi de máis a menos na súa presión e xa na recta final e coa entrada de Rober ao campo, o Maniños resolveu con eficacia e contundencia todas as acometidas dos locais. Pola súa banda o Maniños estivo a un pase final acertado de sentenciar o partido, cousa que non sucedeu por eso chegouse aos instantes finais máis os case 6 minutos de desconto que se resolveron afortunadamente para os brancos que sumaron tres importantes puntos.
tres puntos a domicilio sempre difícil e ademáis ante un rival que deixou unha magnífica impresión, o Sporting Meicende que estamos seguro fará unha boa tempada. Agora toca un novo desprazamento, neste caso a "O Castro" para enfrontarse á UD Carral, un rival moi potente e con malos precedentes dos brancos neste campo.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (13-14-15) OUTUBRO
INFANTILES (1ª FASE - J04): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 4
CADETES (1ª FASE - J05): SDR Neda 5 - Cultural Maniños 0
JUVENILES (1ª FASE - J05): Cultural Maniños 2 - SDR Neda 3
FEMININO F11 (J04): SD San Roque 4 - Cultural Maniños 1 (Andrea)
VETERANOS (J04): Marino Mera CF 4 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J05) Cultural Maniños 0 - CD Rosalía 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J06) Sporting Meicende 1 - Cultural Maniños 2 (Hugo e Javi Miragaya)
viernes, 13 de octubre de 2023
ÁLVARO DOPICO, CHIQUI, NOVO ADESTRADOR DO XUVENIL E DO FILIAL
Chiqui Dopico |
Chiqui conta con ampla experiencia como adestrador na canteira de varios equipos de Ferrolterra, así pasou por esixentes prazas como Galicia de Caranza ou Narón Balompé Piñeiros onde tamén foi o coordinador, CD Narón, SD O Val o Narón Freixo de onde procede.
Bos resultados e moita experiencia o avalan.
Agora chega a Maniños a afrontar un difícil reto como é o de dirixir e sobre todo formar a dúas categorías de gran importancia na estrutura branca.
Moita sorte Chiqui !!!
Benvido a O Pote!!!
GO MANIÑOS
lunes, 9 de octubre de 2023
O FEMININO CAE NUN POLÉMICO PARTIDO
O FILIAL SEGUE EN PERIODO DE ESTABILIZACIÓN
VICTORIA NO DERBI FENÉS
Vitoria dos brancos no derbi fenés xogado en O Pote baixo un sol de xustiza e un calor abafante e coa presenza de numerosos afcionados de ambos os bandos baixo un denominador común, deportividade e respecto máximo entre ambos os Clubs.
Intre no que Gonza anota o que foi o (2-0) (Foto: Tono Santos) |
Partido que comezou con moita igualdade, da túa á túa sen un gran dominador e sen grandes ocasións que foi caendo aos poucos favorable aos locais que tiveron o acerto de adiantarse no marcador grazas a Javi Miragaya e que pouco despois ampliou as distancias tras un gran remate de cabeza de Javi González á saída dun saque de esquina e que encarrilaba o partido para irse ao descanso cun claro (2-0) sen que os brancos sufrisen en exceso en labores defensivos.
Xogada de estratexía sobre a porteria visitante (Foto: Tono Santos) |
A segunda parte seguiu polos mesmos camiños, o Maniños controlaba o partido sen sufrir pero un baló en longo chegou a Xabi Riobo que superou a Mateo e meteu de cheo ao Perlío no partido. Nesta situación os visitantes acosaron a portería de Mateo sen chegar a crear ningunha clara ata un uy dun balón que merodeó a área pequena pero non atopou rematador para na xogada suguiente Miragaya ampliar distancias e sentenciar o partido. Aí o meta visitante e pouco antes de este gol empregouse a fondo a dous grandes disparos de Christian e de Hugo. Sen moito que contar entreise no desconto e na última xogada do partido derrubo dun defensor local a un dianteiro do Perlío. Penalti que é transformado por Marcos Varela poñendo o (3-2) ao cabo definitivo. Saque de centro e o colexiado pouco despois sinala o final do partido quedándose os tres puntos en O Pote.
Alegría branca no terceiro gol (Foto: Tono Santos) |
Nos prolegómenos do partido gardouse un respetuoso minuto de silencio polo pasamento do ex xogador blanco Javi Virutas. DEP
Tres puntos que permite aos brancos estabilizarse na zona media da táboa coa esperanza de recuperar efectivos para os seguintes compromisos ligueiros empezando polo vindeiro domingo a domicilio ante o Sporting Meicende.
Parabéns Equipos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (6-7-8) OUTUBRO
INFANTILES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - EF Irmandiños 2
CADETES (1ª FASE - J04): Meirás CF 5 - Cultural Maniños 2
JUVENILES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 0 - SRD Portuarios 2
FEMININO F11 (J03): Cultural Maniños 4 (Lore (2), Noe y Tensi) - SD Silva 5
VETERANOS (J03): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J04) Cultural Maniños 0 - CD San Sadurniño 4
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J05) Cultural Maniños 3 (Javi Miragaya (2) y Gonza) - CCRD Perlío 2
viernes, 6 de octubre de 2023
SORTEO XXXIII COPA FERROL
miércoles, 4 de octubre de 2023
FALECEU JAVI CORTIZAS, "VIRUTAS"
Hai noticias que nunca se deberían contar pero neste caso temos que comunicar o falecemento do ex xogador do Cultural Maniños, Javier Cortizas Rivas "Virutas", que sufriu un accidente laboral a semana pasada.
Desde estas liñas expresar o noso máis sentido pésame a toda a súa familia, achegados e amigos polo falecemento dunha persoa tan querida e especial.
Sempre será lembrado por todos os que tivemos a sorte de compartir un tempo con el.
DEP
lunes, 2 de octubre de 2023
XUSTA PRIMEIRA VICTORIA DOS VETERANOS
Caste nunha acción do partido (Foto: Mercedes Lamas) |
VICTORIA CON MOITO SUFRIMENTO DO FEMENINO ANTE O XALLAS FC
Lore autora dun hat trick nunha acción frente ao Xallas CF (Foto: @Bisbarraenxogo) |
DERROTA DO FILIAL EN CABAÑAS
INXUSTA DERROTA DOS MODESTOS EN ÓRDENES
É difícil comprender como o Cultural Maniños non foi quen de sacar algo positivo da súa visita a "Vista Alegre", casa da SDC Órdenes. Partido igualado e competido cunha parte para cada un e onde os locais foron capaces de aproveitar un das contadas ocasións das que se dispuxo e que ao cabo lle supuxo o único gol do partido, suficiente para levarse os tres puntos en xogo.
Saúdo inicial |
O partido comezou con iniciativa e posesión de balón por parte do Órdenes que asediaba a portería de Mateo sen xerar grandes ocasións de gol. Curiosamente a primeira gran ocasión tívoa Pedro que disparou cruzado un balón franco que lle chegou dentro da área. Cando parecía que estaba a baixar o acoso local unha rápida contra dos locais levada por banda dereita acabou nun centro ao corazón da área e aí un xogador local libre de marca fusilou a Mateo que nada puido facer. De aquí ao descanso algunha opción local máis como un un para un que parou Mateo pero o equipo non sufriu en exceso sen xerar tampouco opcións llegándos e ao descanso co coñecido (1-0).
Intre de partido |
A segunda parte foi outra historia diferente, iniciativa e control do partido e do balón dos brancos que atacaban a un equipo pechado atrás que esperaba a súa oportunidade nalgún contra para matar o partido. Oportunidade que non chegou. Pola súa banda o Maniños dispuxo de achegamentos e mesmo de oportunidades para empatar o partido destacando unha en tempo de desconto en que o balón se paseou pola área pequena sen que ninguén metese un pé que levase o balón ao fondo das redes. O partido finalizaba con o (1-0) con que finalizou a primeira metade.
Moita disputa en "Vista Alegre" |
Unha pena pois a sensación é a de perder un punto pero hai que quedarse co positivo, o equipo mellora a cada partido, claro paso adiante e melloría defensiva que xa se constatou no partido fronte ao Relámpago . Xogando así chegarán os resultados. O peor os problemas físicos de Ángel. Esperemos que sexa o menos posible...
O próximo domingo, derbi fenés coa visita do CCRD Perlío. Será en O Pote a partir da 16.00 H.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (29-30) SETEMBRO - (1) OUTUBRO
INFANTILES (1ª FASE - J02): Eume 7 - Cultural Maniños 1
CADETES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - Galicia Caranza "C" 3
JUVENILES (1ª FASE - J02): Meirás CF 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO F11 (J02): Cultural Maniños 3 (Lore (3)) - Xallas FC 2
VETERANOS (J02): Cultural Maniños 1 (Ricardo) - Atl. Sobrado Xuventude 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J03) Xuventud Cabanas 3 - Cultural Maniños 1 (Raúl)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J04) SDC Órdenes 1 Cultural Maniños 0