Lore a "Pichichi" do equipo, anotou o segundo gol (Foto: @Bisbarraenxogo) |
O partido moi competido desde o principio con iniciativa branca e máis control do balón, despóis de varias ocasións, Pau aproveitou un balón parado para adiantarse á defensa visitante e adiantar ás brancas no marcador. Cun control branco do partido pero sen aproveitar ningún máis dos seus achegamentos o partido chegou ao descanso co coñecido (1-0).
Pau abreu o marcador na primera metade (Foto: @Bisbarraenxogo) |
A segunda parte seguiu coa iniciativa branca e en dous zarpazos conseguiu sentenciar o partido, primeiro Lore na súa cita semanal co gol (firma 22) e posteriormente Mishelle finalizando unha gran xogada combinativa das brancas. O (3-0) deixou o partido visto para sentenza, deixándose pasar o tempo e realizando os pertinentes cambios. María faltando 5 minutos anotou o tanto da honra visitante deixando o resultado no coñecido (3-1) que reflicte o sucedido no terreo de xogo.
Por tanto vitoria xusta das brancas ante un gran rival que está a realizar un gran labor tanto o seu plantilla como o seu técnico Fran Bellas. Desexarlle toda a sorte ás cedeirenses no que queda de tempada. Por parte do Maniños a tentar continuar con esta boa dinámica e que mellor que xogando contra o Caranza a domicilio no que será para as brancas o seu último derbi local liga.
Gran traballo EQUIPO!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí