Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
lunes, 13 de enero de 2025
O FEMININO SEN OPCIÓNS ANTE O POTENTE CARRAL
O FILIAL CAE NOS INTRES FINÁIS NA LAVANDEIRA
OS MODESTOS SEN SORTE CAEN ANTE O OZA JUVENIL
O fútbol é cuestión de dinámicas pero tamén de acerto e na tarde deste domingo iso foi precisamente o que lle faltou aos brancos, merecedores dun mellor resultado, mellores en moitas das facetas do xogo salvo nas áreas tanto na propia como na allea onde o rival tivo máis eficacia o que decantou que os tres puntos fósense para a Coruña.
O partido tivo un guión, balón para os brancos que monopolizaron o mesmo cun Oza esperando atrás e buscando as súas bazas ofensivas con rápidas contras aproveitando a velocidade dos seus xogadores. O Maniños empezou ben con varias ocasións onde o meta visitante estivo acertado tanto parando como dominando o xogo aéreo. Pero foron os coruñeses os que marcaron primeiro ao aproveitar unha indecisión defensiva local. (0-1) e tocaba unha vez máis remar. E aí o equipo non se descompuxo contando en varias ocasións moi claras como unha vaselina de Julián que non colleu portería como un cabezazo a bocaxarro de David que con todo a favor non acertou cos tres paus. Con esa sensación de xerar perigo continuamente e que se podía ser optimista para a segunda metade o partido chegou ao descanso.
A segunda metade empezou mellor imposible para os intereses brancos, balón en profundidade a Christian que supera en carreira á zaga visitante superando ao meta coruñés cunha vaselina. (1-1) e o partido volvía empezar. Pero aí estivo a clave do partido porque 1 minuto despois e tras un saque de esquina cabezazo dun dianteiro visitante e o balón morto chega ao mesmo xogador rodeado dunha maraña de xogadores locais poñendo o rexeite no fondo das redes (1-2) e duro golpe para os brancos. O equipo levantouse e xerou numerosas ocasións de gol que se fallaron unha detrás doutra incluso algunha se pode dicir sen explicación, sen porteiro e co balón controlado ao bordo da área pequena. Estaba a cousa de non e o balón non quixo entrar. É certo que co Maniños envorcado na área visitante os coruñeses montaron contras para matar a partido cousa que tampouco lograron finalizando o aprtido co inxusto (1-2) que supuxo un paso atrás nas aspiracións brancas de consolidarse na zona de privilexio da táboa.
Non puido ser pero a diferenza doutros partidos o único que faltou nesta ocasión foi acerto, o que hoxe non entrou farao noutra ocasión pero isto é o que ten o fútbol e que o fai tan grande e é que 2 2 non sempre é 4. A levantarse e a seguir que queda moito camiño por diante.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (10-11-12) XANEIRO
PREBENXAMINES (2ª Fase - X01): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X01): SD O Val Blanco "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X01): Cultural Maniños - Eume "B" (2)
ALEVINES (2ª Fase - X01): Cultural Maniños - AD Miño (1)
INFANTILES (2ªF - X04): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 1
CADETES (2ªF - X04): Cultural Maniños 0 - AD Miño 1
XUVENILES (2ªF - X03): Cultural Maniños 5 - SD Libunca 0
FEMININO (X15): Cultural Maniños 0 - UD Carral 6
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 1 (Rubén) - SCD Pastoriza 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X16): Sporting Burgo 2 - Cultural Maniños 1 (Raúl)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X17): Cultural Maniños 1 (Christian) - Oza Juvenil 2
jueves, 9 de enero de 2025
miércoles, 8 de enero de 2025
CARA E CRUZ DOS VETERANOS NOS PARTIDOS ADIADOS
Os veteranos recuperaron os dous partidos pendentes, adiados no seu día pola folga nas instalacións deportiva na cidade da Coruña.
No primeiro partido xogado o día 29 de decembro na Lamadosa derrota ante o Vioño CF por (4-1) e no segundo xogado o día 4 de xaneiro na Grela, triunfo por (0-5) ante o Galicia Gaiteira.
Acta do partido ante o Vioño CF en www.futgal.es, preme aquí
Acta do partido ante o Galicia Gaiteira en www.futgal.es, preme aquí
O FEMININO AVANZA NA COPA CON PASO FIRME
Nora nunha acción do partido en Caranza (Foto: @Bisbarraenxogo) |
OS MODESTOS CAEN PO LA MÍNIMA NUN PARTIDO IGUALADO
Intre do partido copeiro (Foto: @Bisbarraenxogo) |
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (04-05) XANEIRO
FEMININO (1/4 FINAL COPA FERROLTERRA): Galicia Caranza 0 - Cultural Maniños 5 (Lara Gorgullo, Cris, Nora, Antía e Manuela)
VETERANOS (X12): Galicia Gaiteira 0 - Cultural Maniños 5 (Javi Rico (2) e Karranza (3))
AFICIONADOS (1/4 FINAL COPA FERROLTERRA): Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 1