jueves, 29 de agosto de 2024

EMPATE MOI SUFRIDO ANTE UN GRAN EQUIPO

Partido de moito esforzo de todo o equipo ante o potente UD Somozas dous categorías por encima dos nosos. 

Empate (0-0) donde os brancos aguantaron as acometidas dos visitantes, un auténtico equipazo. 

Moita sorte a UD Somozas nesta tempada. 

Gran traballo equipo! 

GO MANIÑOS

miércoles, 28 de agosto de 2024

HOXE VISITA O POTE A UD SOMOZAS DA 3ª FEDERACIÓN

Hoxe mércores 28 non é un día calqueira pois xogan os nosos modestos en O Pote, 19:00 H. 

Cultural Maniños - UD Somozas

Visita o noso campo nada menos cun equipo da Terceira Federación Nacional !!! 

A seguir traballando !!! 

Pásate polo Pote !!! 

GO MANIÑOS

martes, 27 de agosto de 2024

SOFÍA PAZ, NOVO REFORZO PARA O FEMININO

É una ledicia presentar a nosa última incorporación para o noso equipo feminino como é a cedeiresa Sofía Paz Piñón (Sofía) que procedente do Discalzas, SD veña a reforzar o medio del campo branco aunque dada a súa polivalencia pode ocupar varias demarcacións no terreo de xogo.

Sofía Paz

Con pasado no Cedeira, UD Cebarca e como xa comentamos procedente do Discalzas ven a sumarse a plantilla branca para disputar a esixente 2ª división galega na que o noso equipo repite por segunda tempada consecutiva.

Gracias pola túa confianza e moita sorte !!!

Sofía, benvida a Maniños !!!

GO MANIÑOS

O TROFEO DE CABANAS VENSE PARA MANIÑOS

O Trofeo de Cabanas vense para Maniños despóis de que os brancos superaran ao anfitrión do Xuventude FC Cabanas por (0-8). 

Outro test que sirve para ver que estase en boa liña para afrontar a recta final da pretempada. Anotaron Chris (4), Javima, Hugo, Miguel e Josiño

Gañadores do Trofeo de Cabanas

Seguimos! 

GO MANIÑOS

DEBUT DOS VETERANOS NO CADAVAL

Primeiro test de pretempada dos nosos veteranos no Cadaval ante o CD Narón que terminou en taboas (2-2). Anotaron Karran e Juanchiño.

Bo partido con a nota nota negativa da lesión de Adrián Rodríguez no ombreiro pendente de mais probas. 

Os veteranos no Cadaval no seu debut.

Gracias ao CD NARÓN e moita sorte neste curso!!!


Ágora a preparar ben o partido de copa do próximo finde ante a
SDC Teixeiro da primeira división galega. Será o domingo no Pote as 11:00 H.

GO MANIÑOS

lunes, 26 de agosto de 2024

O MODESTO DISPUTOU UN ESIXENTE PARTIDO DE ADESTRAMENTO EN MOURENTE

Novo e esixente partido de pretempada para os modestos coa visita a Mourente e que saldouse con victoria branca por (1-3) . 

Adiantouse Ángel nos primeiros minutos, empate local e Santi volveu a diantar aos brancos antes do tempo de lecer e xa na segunda metade Pedro firmou o resultado final. 

Cultural Maniños, SD en Mourente

Gracias a
SD Valdoviño e moita sorte neste curso!!!

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

UN VENRES INTENSO PARA O MODESTO E O FILIAL NO SEU DEBUT

Chegou o ansiado debut do noso filial nunha pretempada cargada de dudas e incertidumbre aún no resoltas. Empate (2-2) na sua visita a Boavista para enfrentarse a un CF Mandiá mais rodado. 

Anotaron Raúl e Alex

Cultural Maniños "B", no seu debut en Mandiá

Gracias a CF Mandiá e moita sorte esta tempada!!!

A seguir configurando a plantilla e seguir traballando!!!

GO MANIÑOS

viernes, 23 de agosto de 2024

SEGUE A PRETEMPADA PARA OS MODESTOS E DEBUT DO FILIAL

Hoxe venres 23 non é un día calqueira pois xogan os nosos modestos en Mourente, 20:00 H.

SD Valdoviño - Cultural Maniños

E ademáis chega o ansiado debut de pretempada do noso filial no campo de Boavista, 20:00 H.

CF Mandiá - Cultural Maniños "B" 

A seguir traballando !!! 

GO MANIÑOS

miércoles, 21 de agosto de 2024

INTENSO PARTIDO DE PREPARACIÓN ANTE O GALICIA DE MUGARDOS

Intenso test de pretempada o disputado no Pote ante os nosos veciños e amigos do
Galicia de Mugardos

Victoria (2-1) dos brancos con goles de Hugo e Pedro na primeira metade. Recortaron distancias os verdes cun gol de Jesús Gabarre.

O peor a lesión de Javi Miragaya. Ánimo!!! 

Gracias ao Galicia de Mugardos pola sua visita e moita sorte este curso!!! 

GO MANIÑOS

martes, 20 de agosto de 2024

HOXE MARTES XOGAN OS NOSOS MODESTOS NO POTE

Hoxe martes non é un día calqueira pois xogan os nosos modestos no Pote.

Cultural Maniños - Galicia Mugardos

20:00 H.

Agracementos ao Galicia de Mugardos por aceptar a nosa invitación !!!

A seguir traballando !!!

GO MANIÑOS

sábado, 17 de agosto de 2024

PARTIDO DOS MODESTOS EN NARAHÍO

Novo test de pretemporada este venres na Veiga de Narahio

UDC Narahio 1 - Cultural Maniños 4 

Bo test ante un gran rival q puso as cousas moi difíciles aos brancos. Tocou remontar. Anotaron Pedro, Santi, Gonza e Marcos Piñeiro

Gracias a UDC Narahío e moita sorte neste curso!!!

O martes novo test ante o Galicia de Mugardos en O Pote a partir das 20:00 H.

Boas sensacións!!! 

Seguimos!

GO MANIÑOS

miércoles, 14 de agosto de 2024

PRIMEIRAS INCORPORACIÓNS PARA O NOSO FEMININO

Despóis das 13 incorporacións da tempada pasada pendente dalgunha máis de última hora chega o momento das altas e empezaremos por dous xóvenes novedades que proceden da propia casa.

  • Manuela Bermúdez 
  • Lara López

Manuela procede da categoría infantil despóis de xogar en varias categorías da base do Club. Lara pola súa banda estaba sen xogar, tivo un paso fugaz polo equipo infantil branco e agora as dúas no seu paso  a categoría cadete se incorporan a disciplina do equipo senior feminino do club.

Xuventude, ilusión e gañas non vai a faltar.


Grazas pola vosa confianza e benvidas!!!

Moita sorte !!!

GO MANIÑOS

NOVO TEST DE PRETEMPORADA DOS MODESTOS

Onte martes, novo test da pretempada no Pote.

Cultural Maniños 9 - CF Mandiá 0 

Anotaron para os brancos Hugo, Pedro, David, Santi (2), Álvaro (2), Christian e Javi Miragaya.

Seguimos gañando minutos nas pernas e recuperando sensacións. 

O venres o seguinte partido de adestramento en A Veiga ante o UD Narahio. 

GO MANIÑOS

martes, 13 de agosto de 2024

O TROFEO CONCELLO DE FENE QUÉDASE NO POTE

O Trofeo Concello de Fene disputouse na tarde do sábado baixo un abafante calor que non impideu unha boa entrada no Pote coa presencia do Alcalde de Fene, Juventino Trigo, e varios dos concelleiros do Concello entre eles o de Deporte, Adán Chao, que o final fixeron entrega da Copa de campión ao Cultural Maniños que a expondrá e custodiará durante esta tempada dando relevo a la SD Barallobre que organizará no Ramo a seguinte edición.

Os resultados foron os seguintes:

CCRD Perlío 3 - SD Barallobre 2
SD Barallobre 1 - Cultural Maniños 3 (Santi, Álvaro e Christian)
Cultural Maniños 1 (Miragaya) - CCRD Perlío 1

Parabéns equipo !!!

GO MANIÑOS

(fotos:@Bisbarraenxogo)

viernes, 9 de agosto de 2024

A NOSA KILLER LORE RENOVA CO MANIÑOS

Seguimos coas renovacións no equipo feminino de cara a tempada 2024/25.

Nada menos que a nosa killer, seguirá goleando de branco !!!

Décimo terceira renovación no plantel.

Nova tempada, novo reto...

Mil gracias pola túa confianza!!!

GO MANIÑOS

PRESENTACIÓN DOS MODESTOS

O pasado martes 6 presentouse o primeiro equipo do club baixo as órdes de Adrián Martínez e Juan Carlos González "Charly".

Ágora toca sudar moito e traballar máis para preparar do mellor xeito posible o equipo de cara a tempada que comenzará o 8 de setembro. 


O primeiro test, este sábado 10 no Pote no Trofeo Concello de Fene. 

Vamos equipo!!! 

GO MANIÑOS