jueves, 28 de marzo de 2024

SEMANA SANTA DE TORNEOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

Estos días e coincidendo coa Semana Santa os máis pequeños do Club participarán en dous torneos de moito prestixio.

● IX Torneo Concello de Mugardos de Fútbol 8 
● VI Torneo de Fútbol Base - Olímpico de Rutis 

Agradecer a súa invitación e bo trato e por suposto felicitalos pola excelente organización. 

Agradecer tamén o compromiso e esforzó de xogadores, técnicos e familiares!

E disculparse con outros Clubs que enviaron a súa invitación e que nesta ocasión e lamentándolo moito non se pudo aceptar.   

Gracias a todos!!!

A disfrutar moito!!!


lunes, 25 de marzo de 2024

XUSTA DERROTA DO FEMININO ANTE O CARRAL

Un mellor UD Carral levouse con merecemento os 3 puntos de O Pote ante as nosas que pelexaron ata o final pero non poido ser. As veces só queda aplaudir a un rival que foi mellor e aprender dende a derrota para mellorar.

Anotaron Tensi e Pau

Esto sigue, ágora descanso, desconexion e a pola recta final da liga. 
Pau pelexando un balón con Olaia ao fondo
(Foto: Bisbarra En Xogo)
Vamos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Andrés íñiguez en www.radiofusion.gal, preme aquí

DERROTA INESPERADA ANTE O CRENDES

Dolorosa derrota dos modestos na súa visita a San Tirso no seu enfrontamento co Xuventude Crendes, equipo que ocupa as últimas posicións da táboa e que a base de empuxe e corazón foi quen de sumar con xustiza os tres puntos en xogo.  

Aínda que as mellores chegadas foron para os locais incluído un disparo ao traveseiro, foi o
Maniños o que se adiantou por mediación de Pedro que superou por baixo ao meta local. De aí ao descanso tivo o Maniños a oportunidade de matar a partido cousa que non conseguiu por falta de acerto ou malas decisións nos últimos metros, especialmente unha clara de Pitu que non puido empuxar un balón que de entrar sentenciaría seguramente o partido. Unha bagoa...

A segunda parte foi de dominio local ante un Maniños que entrou no xogo da locais cousa que non lle conviña obviamente e tras numerosos achegamentos, os locais puxeron as táboas para finalmente voltear o marcador. Entre ambos os goles disparo de Hugo ao traveseiro e un par de disparos de Pitu que non pillaron portería. Dentro do caos o equipo local finalmente sumou os tres puntos porque o partido se xogou ao que lle interesou ao Xuventude Crendes e o Maniños non supo contrarestar. 

Tocar pasar páxina e centrarse nos sete partidos que restan e dalo todo empezando polo seguinte ante o Ural Español CF. Non vale de nada lamentarse, toca aprender dos erros e que non se volvan a repetir. Para eso hai un Corpo Técnico que seguro tomó boa nota.

Non se pode tampoco quitar méritos aos locáis do Crendes que creieron en que podían remontar e o fixeron.. As veces creer e poder.

Seguimos que esto é una carreira de fondo, unha maratón...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL CAE PERSEGUIDO POLA MALA SORTE EN MONFERO

Cando fálase de mala sorte ten que falarse do noso filial. Nun partido que debeu decantarse para os blancos e cun exceso de dureza dos locáis como o demostra o número de tarxetas amarelas (9) mostradas polo Colexiado. O colmo das desgracias xa na segunda metade cando érrase un penal e na seguinte xogada gol local... 

Non queda mais opción que seguir traballando. 

A realidade é que as opcións de salvación complícanse... e moito! 

Anotou Pablito ao transformar un segundo penal, xa nas postrimerías do partido.

Arriba esos ánimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (22-23-24) MARZO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X09): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (X) 
BENXAMINES (2ª FASE - X09)Galicia de Caranza "C" - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X09): Racing San Pedro - Cultural Maniños (X) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X09): Cultural Maniños - SDR Neda "B" (2) 
INFANTILES (2ª FASE - X12): CD Narón "B" 4 - Cultural Maniños 5 
CADETES (2ª FASE - X12): DESCANSAN
XUVENILES (2ª FASE - X15): Cultural Maniños 1 (Platas) - FC Ortigueira 5
FEMININO (X23): Cultural Maniños 2 (Tensi e Pau) - UD Carral 4
VETERANOS (2ª FASE - X04): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X02): Monfero CF 2 - Cultural Maniños 1 (Pablito)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X27): Xuventude de Crendes CF 2 - Cultural Maniños 1 (Pedro)

viernes, 22 de marzo de 2024

VOLVEU RAÚL ALBELA

Raúl Albela
Despóis de 2 tempadas no dique seco por diversos motivos, volveu a disciplina blanca Raúl Albela que xa entrou na convocatoria do finde pasado ante o Club do Mar de Caión sen chegar a debutar.

Gran paso adiante para Raúl que dará moitas alegrías a afición branca. 

Benvido e moita sorte Raúl!!

Coñece máis a Raúl Albela, preme aquí

lunes, 18 de marzo de 2024

DERROTA POLA MÍNIMA DOS VETERANOS EN ELVIÑA

Non puido ser...unha magoa pois o equipo desperdiceu na primeira metade ocasións para matar o partido e logo botouse de menos. É una lei non escrita do fútbol, o que perdona... 

Reduncense as opcións, sen marxen de erro. 

Anotou Mon

Toca seguir creiendo... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

NON PUDO TRAER NADA O FEMININO DE ABELLÁ

Derrota pola mínima nun partido moi igualado o disputado na tarde do domigo no Vedral de Abellá. El equipo compiteu ben e plantou cara en todo momento as locatarias. O maior acerto local decideu o encontro.

Os goles todos na entretida primeira metade. Polas blancas anotaron Tensi e Lucía Calvo. A segunda parte pese as ocasións no tivo alteracións no marcador. partido de poder a poder. Boa imaxe do equipo que está competindo ben sin sorte nos resultados.

Ánimos a Lucía Calvo que mancouse no encontro e que tivo que pasar polo Hospital para diagnosticar seus problemas no ombreiro. 

A seguir loitando equipo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www,radiofusion.gal, preme aquí

DERROTA DO FILIAL QUE LOITÓ ATA O FINAL

Derrota do filial na primeira xornada de esta definitiva 2ª fase ante o experimentado SDR Neda, un dos favoritos do grupo. 

5 minutos fatídicos de desconexión costaron o partido aos brancos. Dende o minuto 25 ao 30. Pecado de xuventude. Non obstante o equipo deu a cara en todo momento loitando e dando a cara ata o final.

Non hai que baixar os brazos, quedan 9 finais máis e hai q seguir loitando ata o final. 

Anotou Raúl por partida doble. 

Non foi suficente neste partido así que hai q seguir traballando e afrontar cada partido como si fose unha final!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

COMBATE NULO NO POTE


Xusto empate o resultado do partido disputado na tarde do domingo en O Pote no que enfrontou aos locais contra o Club do Mar de Caión, un equipo cun potencial superior ao que indica a clasificación. Partido disputado de poder a poder con opcións para ambos os lados para levarse os tres puntos para finalmente asinar as táboas que deixou contento e descontento á vez ás dúas partes.

O partido en liñas xerais foi de ritmo lento ata a recta final na que o partido se rompeu e puido caer para calquera lado. A primeira parte non tivo un claro dominador, con máis chegadas polos visitantes cun par de claras ocasións de gol e cos brancos que só tiveron un achegamento claro cun balón que merodeó a portería visitante e ao que non chegaron a rematar dous xogadores brancos en franca posición na área pequena. 

Na segundo o partido rómpese nunha xogada individual de Tiago que bate a Abraham por baixo. (0-1) e tocaba remar.  A entrada en xogo de Hugo por parte local deulle a mordente necesaria aos brancos que empezaron a xerar ocasións e así o propio Hugo ten dous moi claras, unha en forma de baselina que lle sae alto e outra que salva o meta visitante Rama. Á terceira gran control e Hugo, pase atrás e aí empala Pitu ao fondo das redes (1-1). De aí ao final partido descontrolado con opcións por ambos os lados, eso se máis claras para os visitantes pero non se move o marcador finalizando co coñecido (1-1). 

Xusto empate de punto e como di o outro, cando non poidas gañar polo menos non perdas. Agora hai que facer bo este punto tentando sumar os tres no desprazamento a San Tirso para enfrontarse ao Xuventude Crendes que vén de arrincar un meritorio empate ante o potente Meicende.

5 equipos empatados a 44 puntos e 10 xornadas por diante...emoción a lume de biqueira nesta recta final de liga.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adri Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (15-16-17) MARZO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X--): Cultural Maniños - FC Ortigueira (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X--)DESCANSAN
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X--):  DESCANSAN
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X--): DESCANSAN
INFANTILES (2ª FASE - X11): Cultural Maniños 2 - Cedeira, SD 5
CADETES (2ª FASE - X11): Cultural Maniños 3 - Eume "B" 1
XUVENILES (2ª FASE - X14): Cedeira, SD 2 - Cultural Maniños 1 (Marco)
FEMININO (X22): SE Abellá 3 - Cultural Maniños 2 (Tensi e Lucía Calvo) 
VETERANOS (2ª FASE - X03): CD Ciudad 2 - Cultural Maniños 1 (Mon)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X01): Cultural Maniños 2 (Raúl) - SDR Neda 4
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X26): Cultural Maniños 1 (Pitu) - Club do Mar de Caión 1

lunes, 11 de marzo de 2024

PASO ATRÁS DO VETERANO QUE CAE EN CASA ANTE O COIRÓS

Duro revés dos veteranos superados en todo momento por un Coirós CF que se convierte no novo líder do grupo. O equipo non estivo acertado nas áreas e espeso na xeneración de xogo.

Mal día na oficina, toca pasar paxina e seguir creiendo. So se está a un punto do primeiro posto. Así que a seguir traballando, cabezas erguidas e a preparar ben o seguinte partido a domicilio contra o CD Ciudad da Coruña.

Intre do partido

Para a semana máis!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO ACADA TRES PUNTOS DE OURO

Victoria balsámica das nosas ante un gran rival que vendeu moi cara a derrota. O SD Antas non en vano ocupa a 5ª praza da taboa. Nun partido de poder a poder con máis igualdade no primeiro tempo e con máis posesión de balón na segunda parte por parte das visitantes pero en donde e por unha vez a eficacia foi local. 

Dous goles da nosa "killer", Lore, dictaron sentenza. 

Xornada propicia ampliando distancias sobre a zona de descenso aproveitando as derrotas do Santiso e Silva.


Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

NON PUIDO SER E ADEMÁIS É IMPOSIBLE

Hai veces que é mellor calar que dicir clara e sinceramente o que se pensa. Cremos que todo o mundo que foi este domingo ao Complexo Municipal de Vilaboa viu o que aconteceu. A un dos equipos, neste caso ao Maniños do mesmo xeito que polo menos nas dúas últimas visitas a este recinto non puido competir en igualdade de condicións. E toda a familia branca presente no partido foise impotente ao ver que o noso equipo foi atropelado e humillado sen saber moi ben o porque.

O partido pódese resumir en que os pequenos detalles decidiron o partido, moi igualado en todo momento con pouco reseñable na primeira metade, un disparo local que pasou cerca do poste dereito da portería de Mateo e un remate de Pitu que atopou o poste da portería local. 

A segunda parte empezou cun Maniños mellor, dobre ocasión de Pedro, cacholada ao traveseiro e o rexeite chega ao propio Pedro que remata alto. Xogada polémica tamén co gol anulado a Miragaya por suposto fóra de xogo moi dubidoso tras xogada en parede entrando desde atrás.... sen comentarios. O partido seguiu sen un claro dominador, con varios disparos desviados dos locais, ata que chegou a xogada clave, balón en longo que Rober non mide ben chegando o balón ao "killer" local, Maka, que ten que ser derrubado cando se ía só a portería. Vermello indiscutible a Rober e o equipo quedaba cun menos para o resto do partido. Cando faltaban 10 minutos outro balón en longo chega a Maka que encara a Mateo na súa saída e supérao por baixo. (1-0) e tocaba remar. Cun Maniños con máis corazón que cabeza e aproveitando que os locais deron un paso atrás o balón empezou a merodear a portería vermella. e Xa na recta final empezou o espectáculo arbitral, agarrón prolongado a Hugo que cae derrubado na área diante do linier zona de bancada e co árbitro á beira que decide deixar pasar a xogada ante a sorpresa xeral. Consecuencias? vermello ao adestrador e ao delegado branco cando a pedimento do Linier de zona de bancos que escoitou todo o mundo é "amoéstao" con respecto ao adestrador. Pero o colexiado dese a outra punta do campo expulsa ao míster branco e logo e ante as queixas tamén ao delegado. Un Pistoleiro Eric Vázquez Veiras. Para máis inri na última xogada das partido mans inocentes pero claras dun defensor local que por suposto no son sinaladas. Finalizando o partido co coñecido (1-0) que non é reflexo do acontecido no terreo de xogo. Para máis Inri o Colexiado apunta na acta as queixas dun xogador branco no traxecto cara á zona de vestiarios.  

Sempre doe perder pero aínda máis cando suceden cousas como estas, non imos poñer o nome que todos saben que describirían o acontecer en Vilaboa.

Nin Eric Váquez Veiras nin ninguén nos vai a borrar o sorriso, a súa conciencia será o seu xuíz. Agora a cumprir as as sancións que considere oportuno os Comités de Competición pero sempre coa cabeza ben alta. 

Ánimo equipo, a por o seguinte partido !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (8-9-10) MARZO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X08): Club de Campo - Cultural Maniños (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X08): Cultural Maniños - Portuarios "B" (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X08):  Cultural Maniños - Club de Campo (Se xoga o martes 12, 18:15 H)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X08): AD Miño - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ª FASE - X10): Narón Freixo 3 - Cultural Maniños 3
CADETES (2ª FASE - X10): DESCANSAN
XUVENILES (2ª FASE - X13): Cultural Maniños 1 (Marco) - SD Portuarios 4
FEMININO (X21): Cultural Maniños 2 (Lore (2)) - SD Antas 0 
VETERANOS (2ª FASE - X02): Cultural Maniños 0 - CD Coirós 3
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE): DESCANSAN
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X25): Olímpico CF 1 - Cultural Maniños 0

martes, 5 de marzo de 2024

HORARIOS FIN DE SEMANA (8-9-10) MARZO

 

XA TEMOS RIVAIS E CALENDARIO NA FASE DE PERMANECIA DO NOSO FILIAL

Xa temos rivais e calendario para o noso filial na 2ª fase da liga o de permanencia. Barallobre, SDR Neda, ACDR A Capela, Monfero CF, CF Mandiá e o noso filial pelexaran por sair da queima. 

En principio os dous últimos descenderán pendente dos arrastres... 

O puntaxe con que se vai a comenzar esta 2ª fase e o seguinte:
  1. Barallobre            5 puntos
  2. SDR Neda           4 puntos
  3. ACDR A Capela  3 puntos
  4. Monfero CF         2 puntos
  5. CF Mandiá          2 puntos
  6. C. Maniños "B"   0 puntos
A loitar ata o final!! 

GO MANIÑOS

Calendario de 2ª fase ou fase de permanencia, preme aquí

lunes, 4 de marzo de 2024

COMENZOU A 2ª FASE PARA OS VETERANOS CON VICTORIA

Empezou con bo pe a fase de ascenso a 2ªB (ou permanencia máis ben) do noso equipo. 

Victoria xusta pois as mellores ocasións de gol foron dos brancos que ademáis tiveron o control do partido. Aparte dos goles o Maniños se encontrou dous veces con os paos da portería do Ural Español. El partido se comprometeu nos intres finais cun gol local que generou inquedanza no Maniños que finalmente foi quen de levarse os tres puntos en xogo e polo tanto arrincar con bo pe esta nova fase. 
Anotaron para os brancos, Mato e Ricardo.

Celebración do equipo polo gol de Mato
(Foto: Mercedes Lamas)

Boas sensacións do equipo que parece que se chega ben a fase. Esta foi a primeira das 8 finais da fase.

Parabéns equipo e a seguir igual!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

FIN DA PRIMEIRA FASE PARA O FILIAL CON DERROTA NA PEDREIRA

Derrota crara e contundente cunha primeira metade para esquecer. Na segunda parte se mellorou notablemente e púdose maquillar o resultado. Poco máis que engadir ao partido. O mellor, a volta de Edu. O pior a lesión de Yerai. Anotaron Adri e Edu

E agora empeza o relamente importante, a 2ª fase, a que marcará definitivamente o futuro dos equipos pola aparición da terceira rexional de cara a próxima tempada. Ata agora o equipo se marcou a primeira fase cunha grande pretemporada ante sus nulas opcións de mellorar clasificatoriamente pero agora empeza o bo, o realmente importante. 3 grupos de 6 equipos con puntaxe compensatorio para comenzar a segunda fase en función da clsificación da 1ª fase. Dado que son 24 equipos, 2 suben a primeira rexional en automático quedarían polo tanto 22 equipos polo que sin tener en conta os posibles arrastres baixan a bote pronto 6 equipos porque a segunda o ano que ven terá 16 equipos. Así que será necesario quedar como mínimo cuartos nese grupo de 6. Non será doado pero haberá que intentalo...


Esta semana estará definido o calendario e despóis desta semana de parón empeza a guerra!!!

10 xornadas de supervivencia...

Ata o final !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS NO POTE

Derrota pola mínimo do Maniños que rompe a súa boa dinámica de resultados cando estaba a experimentar un dos mellores momentos da tempada sobre todo en sensacións pero o fútbol e o deporte é así, cando menos o esperas salta a sorpresa e así pasou...

Na primeira parte os visitantes saíron máis enchufados levando o control do partido con non moito fútbol pero coa coñecida intensidade deste equipo. As mellores ocasións foron visitantes pero aí emerxeu a figura dun fenomenal Mateo que resolveu con acerto en dúas ocasións moi claras dos visitantes. Ao Maniños neste período só se lle lembran un par de ocasións de gol, a máis clara nun remate de Pitu, tras un corner nun fallo do meta visitante. Con (0-0) o partido foise ao descanso. 

A segunda parte empezou coa mellor ocasión branca do partido cun balón franco para Pedro ao que respondeu o meta visitante cunha gran parada. E a continuación chegou o gol visitante ao aproveitar por velocidade un dianteiro do Carral superando a Mateo na súa saída. (0-1) e tocaba remar. E de aí ata a final defensa visitante e ataque dos locais que non tiveron as ideas claras ou non estiveron acertados no pase final cunha arbitraxe moi permisiva coa dureza visitante excesiva nalgúns momentos e mirando para outro lado nas continúas perdas de tempo. 

Derrota polo tanto dos brancos que rompen a súa boa xeira de resultados. O importante é que o equipo segue moi vivo, con as ideas moi craras e con boas sensacións, así que a pasar páxina e seguir traballando. O domingo próximo hai un novo reto como é a visita a Culleredo para enfrentarse ao potente Olímpico CF de Rutis (Vilaboa).

A seguir na misma línea de traballo e ilusión !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí 

RESULTADOS FIN DE SEMANA (1-2-3) MARZO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X07): Cultural Maniños - Eume (2) 
BENXAMINES (2ª FASE - X07): Eume "B" - Cultural Maniños (2) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X07):  Cultural Maniños - Eume "B" (2)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X07): SD Libunca - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ª FASE - X09): DESCANSAN
CADETES (2ª FASE - X09): CD As Pontes "B" 4 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (2ª FASE - X12): Club de Campo 5 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X20): DESCANSAN
VETERANOS (2ª FASE - X01): Ural Español CF Vuelta Xentes "B" 1 - Cultural Maniños 2 (Mato e Ricardo)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X22): Galicia de Mugardos "B" 6 - Cultural Maniños 2 (Adri e Edu)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X24): Cultural Maniños 0 - UD Carral 1