Empate dos veteranos ante o Ural Español CF Volta Xentes "B" que deixou un sabor agridoce aos brancos que non souberon pechar o partido cando parecía que estaba gañado. E non é a primeira vez que se ten esa sensación de derrota aínda que non sexa ese o resultado (o anterior partido ante o Cambre por exemplo). E é que se está comprobando que unha vez que se fixo o máis difícil como foi darlle a volta ao marcador o equipo segue igual de alegre, mirando para adiante cando o que hai que facer preferentemente é coidarse as costas. E aínda que é moi bonito atacar para gañar partidos o primeiro é defender e non dar opcións ao rival. E isto non é unha crítica senón unha reflexión e o que está a suceder nos últimos partidos en O Pote.
Ahitor a punto de detener el penalti favorable al Ural (Foto: Mercedes Lamas) |
Iván anotando o terceiro gol dos brancos (Foto: Mercedes Lamas) |
Tampouco hai que facer un drama disto. Isto é un xogo para divertirse. Gañar está ben pero non é o máis importante. O importante é gozar do fútbol e do terceiro tempo con compañeiros e rivais...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí