Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
sábado, 20 de julio de 2024
I TROFEO CONCELLO DE FENE
MÁIS RENOVACIÓNS NO EQUIPO FEMININO
Seguimos coas renovacións no equipo feminino de cara a tempada 2024/25.
Catro xogadoras máis que axudarán a facer un bloque competitivo... Habrá máis...jueves, 18 de julio de 2024
MOVEMENTOS NO EQUIPO DE VETERANOS
Coa inscrición do equipo para a próxima tempada onde se competirá en 3ª división, confírmase a continuidade dun gran número de xogadores da tempada anterior así como a do guía do grupo, Jaime Montero, xa que o seu compañeiro de fatigas da tempada anterior, Miguel Paredes, terá outras funcións dentro do organigrama do Club.
Todalas novidades neste grupo serán comentadas detalladamente.
O que se se poden confirmar son as baixas oficiales do equipo:
- Javi Allegue
- Fran Casteleiro
- Jonathan Crego
- Javi Díaz
- Víctor Díaz
- Guillermo Fernández
- Ángel Montenegro
- Marcos Sánchez
- Fabrizio Orellana
A todos eles lles desexamos no futuro a mellor das sortes tanto a nivel deportivo como sobre todo persoal.
Gracias a todos polo voso esforzo e compromiso!!!
GO MANIÑOS
SEGUIMOS COAS RENOVACIÓNS DO EQUIPO FEMININO
Catro xogadoras que representan e dignifican o noso escudo.
Nova tempada, novo reto...
Mil gracias pola vosa confianza!!!
GO MANIÑOS
MIGUEL SEGURA, XUVENTUD E TRABALLO PARA A BANDA ESQUERDA
Este naronés nado en 2005 empezou nas categorías de base de F8 do CD Narón permanecendo no equipo amarelo ata acabar o seu último ano alevín onde gaña liga e copa. Ao pasar ao F11 vístese de verde fichando polo Racing Club Ferrol onde permanece tempoarada e media xa que a segundo volta ficha polo RC Deportivo da Coruña onde permanece dúas tempadas e media, proclamándose no seu último ano cadete, campeón de liga de División de Honra. No seu paso a xuvenís volta ao Racing de Ferrol donde permanece un ano, no seu segundo ano ficha polo CD Calasanz da Coruña para esta última tempada defender as cores do SDCR Narón O Freixo co que se proclamou campión de Liga con ascenso á nova Liga provincial. Este verán comenzará o seu ciclo en modestos vestido de branco.
Xogador intelixente, traballador, bo golpeo de balón e con chegada pode xogar en calquera posición da banda esquerda aínda que onde está máis habituado a xogar e onde está máis cómodo é no posto de lateral esquerdo aínda que sen dúbida a súa polivalencia axudará ao equipo en distintas posicións. Por tanto e como xa se dixo de outras nova incorporacións, importante reforzo que aumenta a competividade no grupo.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
MIGUEL, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
miércoles, 17 de julio de 2024
AGRADECEMENTOS
Desde o Cultural Maniños queremos dar as grazas por todas as mostras de agarimo recibidas tanto por amigos, particulares, Clubs e incluso por la RFGF en relación ao triste falecemento do noso xogador, amigo e compañeiro Iván Casal Pardo.
Honraremos a súa memoria.
Grazas
martes, 16 de julio de 2024
FALECEU IVÁN CASAL PARDO
Lamentamos profundamente ter que comunicar unha nova que nos parte a alma pero coa obrigación de dicir que o noso xogador, amigo e compañeiro IVÁN CASAL PARDO faleceu esta madrugada.
Desde aquí mandar unha fortísima aperta aos seus amigos e achegados, familiares e moi especialmente aos seus pais nestes dificilisimos momentos.
Iván, Nunca te esqueceremos!!!
DEP
lunes, 15 de julio de 2024
RENOVACIÓNS NO EQUIPO FEMININO
viernes, 12 de julio de 2024
JOSIÑO, COMPROMISO E TRABALLO AO SERVIZO DO EQUIPO
Xogador serio, comprometido, traballador e sobre todo de equipo ao que lle gusta pelexar por mellorar o equipo para conseguir os mellores resultados. Ocupa preferentemente posicións no medio do campo, en zonas de creación, elaboración e finalización de xogo estando máis cómodo nas fases fináis achegando rapidez e xerando ocasións de gol. Por tanto importante reforzo para o equipo que como noutros casos aumenta a competividade no grupo.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
JOSIÑO, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
NOELIA LEIRAS NOVA ADESTRADORA DO EQUIPO FEMININO
Pablo Iñiguez e Noe Leiras |
Noe que ao acabar a pasada tempada 2023/24 colgou as botas xa atesoura experiencia nos bancos pois adestrou ao equipo da Liga Promesas do SDCR Narón O Freixo e ao senior do Racing Club Ferrol ambos na modalidade de Fútbol 8. En Fútbol 11 formou parte do Corpo Técnico na base do Eume Deportivo.
Esperando a confirmación do seu axudante no banco branco, tamén formará parte do mesmo e como Delegado do equipo outro home da casa como é Pablo Iñiguez (Pablo) que se incorpora ao grupo de traballo que guiará ao persoal branco o próximo curso. Moito traballo por diante...
Moita sorte nesta nova etapa !!!UN PRACER SEGUIR CONTANDO CONVOSCO EN MANIÑOS
GO MANIÑOS
miércoles, 10 de julio de 2024
MARCOS AMADO NOVO GARDIÁN DA PORTERÍA BRANCA
Marcos Amado |
Marcos Amado Pereira (Marcos) convértese en novo reforzo do plantel branca e vén cubrir unha baixa tan importante como é a de Abraham Santos, toda unha institución en O Pote que como xa sabemos ao finalizar a pasada tempada colgou as botas. Marcos vén a completar a portería branca que xunto a Mateo e Xabi queda perfectamente cuberta.
Marcos, ferrolán de 23 anos, comezou de moi pequeno na canteira do Racing Club Ferrol onde permaneceu 13 anos (desde os 3 ata os 16 anos) onde foi pasando polas diferentes categorías do Club con ascensos incluídos a Liga Galega en infantís e cadetes. Acabada a súa etapa de cadetes e co seu paso a xuvenís, cambio de equipo sendo Sinde a súa seguinte parada onde xoga 3 tempadas defendendo ás cores da SD O Val, sempre en Liga Galega ascendendo na súa terceira e última tempada a Liga Nacional que non puido disfrutar.
Ascenso a modestos na tempada 2019/20 permanecendo ata a tempada 2023/24 (pandemia polo medio) sendo neste último curso onde a entidade de Sinde firma unha tempada histórica sendo Campión de Liga e Copa de Ferrolterra co añadido do ascenso a Rexional Preferente. Máis de 120 partidos defendendo a elástica da SD O Val. Case nada !!! Agora incorpórase ao Cultural Maniños para competir na sempre esixente Primeira Galicia.
Marcos, é un porteiro que coñece de sobras a categoría e que destaca polos seus reflexos, velocidade baixo paus, explosividade e gran golpeo de balón que engadirá calidade e competencia á portería branca que loxicamente traerá consecuencias positivas ao equipo.
Moita sorte nesta nova etapa !!!MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
martes, 9 de julio de 2024
MIGUEL AGRAS, SACRIFICIO E XOGO AÉREO PARA O MEDIO DO CAMPO BRANCO
Xogador que adoita ocupar as posicións de mediocentro defensivo (onde xogou máis habitualmente) ou central zurdo. Xogador con gran capacidade de sacrificio, pelexando cada balón e cun potente xoga áereo. Agora incorpórase ao Cultural Maniños para reforzar e xerar competitividade ao medio do campo branco.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
AGRAS, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
RUBÉN FEAL UN REFERENTE DA CANTEIRA BRANCA ABANDONA O CLUB
Rubén Feal (Rubi) (Foto: @uxiacalvophoto) |
jueves, 4 de julio de 2024
SANTI DÍAZ, GOL E INTENSIDAD PARA A DIANTEIRA BRANCA
Santi Díaz |
Comenzóu a xogar a fútbol na EF Cabanas para pasar ao Galicia de Mugardos onde en categoría alevín coincidiu co actual adestrador de modestos do Maniños, Adrián. O Racing Club de Ferrol foi a súa seguinte etapa en categoría infantil para dar o salto en cadetes a unha das canteiras máis prestixiosas de Galicia como é a do RC Deportivo da Coruña, o primeiro ano nas filas do vinculado San Tirso CF para na segunda tempada formar parte do propio Depor co que se proclamou Campión de Liga de División de Honra. De novo volta ao Racing de Ferrol onde xogou dúas tempadas no seu equipo xuvenil para este último curso formar parte do SDCR Narón O Freixo no que alternou o equipo xuvenil co que se proclamou Campión de Liga con ascenso a Liga Provincial e o senior co conseguiu a permanecia en 2.ª Galicia.
Aínda que é un xogador polivalente na banda onde pode ocupar varias posicións é dianteiro onde realizou as súas mellores prestacións sendo un xogador moi intenso non exento de gol polo que falamos dun xogador que pode achegar moito ao equipo. Non temos ningunha dúbida ao respecto.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
SANTI, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
JULIÁN PARDO CREATIVIDAD AO SERVIZO DO MANIÑOS
JUANJO CEBOLO PECHA A SÚA ETAPA EN MANIÑOS
Juanjo Cebolo |
martes, 2 de julio de 2024
MARCOS PIÑEIRO, NOVO INQUILINO NA BANDA ESQUERDA BRANCA
Marcos Piñeiro |
Marcos entrou en categoría de biberóns na SDR Neda onde desenvolveu toda a súa traxectoria futbolística subindo polas diferentes categorías de base do club ata no seu segundo ano de xuvenís onde cambiou de aires asinando polo Racing de Ferrol "B" que competía en Liga Galega e que estaba dirixido polo ex adestrador branco Manel Freire que durante varias tempadas dirixiu ao xuvenil e ao filial do Maniños. Ao acabar esta tempada, ascenso ao primeiro equipo xuvenil do Racing as órdenes de Nacho García onde como se comentou anteriormente competiu en Liga Nacional onde xogou 18 partidos. Ao finalizar a tempada súmase ao Cultural Maniños para competir na esixente Primeira Galicia.
Xogador de banda, rápido, potente e con chegada, fichado inicialmente para xogar en posicións máis adiantadas en ambas as bandas, foi Manel Freire quen o situou en posicións de banda máis defensivas e onde Marcos se atopo cómodo xogando. Por tanto un bo reforzo para a banda esquerda cunha certa polivalencia pero reconvertido nun lateral esquerdo ao uso con bo recorrido.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
ABRAHAM SANTOS, RETIRASE UN DOS GRANDES DE FERROLTERRA
Abraham, un dos nosos!!! |
E é sen dúbida un orgullo que o último Club que defendeu fóra o noso. Abraham chegou ao Maniños procdente do Atlético Coruña Montañeros no comezo da tempada 2018/19 (pincha aquí) da man de Pablo Mesa para cubrir a baixa de Iñaki Paz que fichaba polo Galicia de Mugardos e como se presumía foi un recambio de primeiro nivel como xogador e como persoa. Desde aquel entón e ata esta tempada bos anos cun amargo descenso, volta a primeira coa histórica tempada do subcampeonato de liga e copa 2021/22 con pandemia polo medio. Moitos partidos e moitas vivencias brancas. Ademáis e mentras o traballo se o permiteu adestar aos porteiros da base do noso Club.
Un orgullo para o Cultural Maniños o feito de que defendeses as nosas cores. Moita sorte para o futuro e se algunha vez pícache o gusanillo xa sabes onde estamos!!!
Abraham, un dos nosos!!!
O Pote sempre será a túa casa!!!
PABLO MESA CONTINÚA COMO DIRECTOR DEPORTIVO DO CLUB
Pablo Mesa |
Pablo que estivo de adestrador do Primeiro equipo nunha prolongada etapa (2017-2023) con a pandemia polo medio. logrou dous ascensos (2017/18 - 2020/21), un duro descenso (2018/19) con recuperación da categoría unha tempada despóis e coa mellor clasificación histórica do Club (2021/22). tamén se foi finalista da Copa de Ferrolterra (2021/22).
Aínda que xa levaba tempo controlando o desenvolvemento e progresión dos nenos do Club, desde a tempada pasada, coordina e dirixe toda a canteira da entidade que mellora cada tempada en cantidade e calidade.
Grazas Pablo por apostar por nos e por suposto por todo o que achegas ao Club e sobre todo por estar aí cando algo se torce ou se necesita.
Un luxo contar contigo!!!GO MANIÑOS
lunes, 1 de julio de 2024
MÁIS RENOVACIÓNS NO PRIMEIRO EQUIPO
RENOVACIÓNS DO PRIMEIRO EQUIPO
ADRIÁN MARTÍNEZ SEGUIRÁ UNHA TEMPORADA MÁIS AO FRENTE DO PRIMEIRO EQUIPO
Adrián Martínez |
Ao seu carón unha tempada máis estará Juan Carlos González "Charly", sempre nun segundo plano facendo un traballo fundamental para que todo funcione axeitadamente.
Grazas Adrián e Charly polo voso desexo de seguir á fronte dos brancos e lembrar que a vosa sorte será a do noso Club.
GO MANIÑOS