Presentábase o partido desta fin de semana como un reto para o Maniños, por unha banda o parte de baixas por diferentes motivos (Javi Miragaya, Rober, Pitu...), o feito de volver competir despois de dúas semanas de parón (Perlío por tema Covid e a xornada pasada por descanso por calendario), enfrontarse a un dos candidatos para meterse no grupo polo ascenso e xogar nun campo de referencia da comarca como é o natural da Gándara ante o cambio de escenario decidido polo equipo naronés.
|
Gran partido de Abraham na Gándara (Foto: Tono Santos) |
O partido foi un torrente de emocións, con continúas ocasións para ambos os lados, cun Narón que non estivo acertado nos metros finais con varias ocasións claras que entre a falta de puntería, o bo traballo defensivo, un moi acertado Abraham e os postes que tamén xogaron o seu papel. Pola súa banda o Maniños tamén tivo as súas, unha vaselina de Fugui que resolveu ben Marcos, un remate case de socato de Iago ou unha chegada de Anxo que non foi capaz de resolver. Partido moi aberto e que só a falta de acerto imposibilitou que se abrise o marcador porque de todos os resultados posibles o (0-0) era o que menos reflectía o que estaba a acontecer sobre o campo de herba natural da Gándara.
|
Dani Fuguillas anotou o segundo gol do Maniños (Foto: Tono Santos) |
A segunda empezou polos mesmos camiños, partido aberto cunha diferenza fundamental, moveuse o marcador e ademais desde moi pronto. Así Kevin Stiven aproveitando un balón solto no bordo da área pequena bateu a Abraham. (1-0) e o partido poñíase costa arriba para os brancos que reaccionaron rapidamente ao golpe recibido. Así nunha falta lateral o balón quedou ao bordo da área do Narón e alí Hugo con decisión levou o balón co peito e segundo quedoulle golpeouno coa esquerda coando o balón pola escuadra do meta local. (1-1) e o partido estaba como ao principio. O partido seguía o mesmo guion de toma e daca pero unha internada de Fuguillas pola banda esquerda, disparou a portería pero golpeou nun defensa que cambio a traxectoria do balón sorprendendo a Marcos e supoñendo o (1-2). A partir dese momento mobilización de combate do Narón que o tentou de todas as formas posibles e onde emerxeu a figura de Abraham que resolveu todas as situacións de gol. Pola súa banda o Maniños buscaba matar o partido con algunha contra dispoñendo o reaparecido Raúl con dúas ocasións ambas as resoltas polo meta naronés. Xa nos instantes finais e co Narón envorcado, rápida contra que chega a Adán que había substituído segundos antes a Rául con problemas físicos que a portería baleira firma o definitivo (1-3).
|
Partido moi intenso en todo momento (Foto: Tono Santos) |
Grandísima vitoria do Maniños na Gándara, con máis eficacia que xogo pero que lle permite asentarse na cabeceira da táboa afastando un pouco ao CD Narón que sen dúbida demostrou o gran equipo que é. Agradecer á afección branca o seu incondicional apoio e iso que parte da afección acompañou ao filial en Moeche aínda que nestas terras o seguimento ao partido do modesto foi total. O único negativo, a lesión de Raúl que non está a ter ningunha sorte esta tempada ao que desexamos unha pronta e total recuperación e que teña claro que todo o equipo, club e afección están a esperalo cos brazos abertos. Raúl, non hai tormenta que logo non escampe...Moitos ánimos.
O vindeiro domingo unha nova proba de lume, nesta ocasión coa visita do querido, respectado e intimamente ligado á historia do Maniños como é o Sporting Ciudad que visita O Pote como 5º clasificado. Prevense fortes emocións!!!
GRANDE EQUIPO!!!
GO MANIÑOS
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí
Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí
LFM colgó el resumen en vídeo del partido, preme aquí