miércoles, 25 de diciembre de 2024

HORARIO DO PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL DA COPA DE FERROLTERRA

Por acordo entre ambos Clubs o partido entre o Cultural Maniños e o Galicia de Mugardos quedou fixado para o sábado 4 de xaneiro as 17:00 Horas no Campo do Pote de Maniños. 


A partido único. Só pode quedar uno. 

Vascho a perder?

GO MANIÑOS

HORARIO DO PARTIDO APRAZADO DOS VETERANOS

Os veteranos ten dous partidos aprazados, o primeiro deles ante o Vioño CF xa ten data que será o próximo domingo 29 de decembro  as 10:00 Horas no Campo de Elviña na Coruña.  

Sen dúbida é unha mala data pero hai que poñer o calendario en orden o máis axiña posible.

GO MANIÑOS

lunes, 23 de diciembre de 2024

SIGUE A MALA RACHA DO VETERANO

Nova derrota do veterano, esta vez por 6 a 3 e fronte ao Hércules.

Partido de novo complicado para os do Pote, que a pesar das boas intencións e as ganas de cambiar a dinámica, atopáronse cun 3 a 0 no marcador en tan só 18 minutos, demasiado...

A pesar diso, o Maniños non se rendeu e foi quen de marcar 3 goles que o achegasen a un resultado positivo, non sen antes encaixar o 4 en contra. 

4 a 3 ao descanso e boas sensacións finais, que facían presaxiar un segundo tempo máis tranquilo.

Non sería o caso; Outros 10 minutos de desconexión branca penalizaron demasiado e dous goles máis en contra afundiron a moral, xa tocada, dos maniñeses...

Tocaba remar de novo.

A partir de aí, os de ou Pote, con máis corazón que cabeza, tentaron achegarse no marcador en innumerables ocasións, pero nada parecía xogar a favor deles. 

As présas son malas amigas do bo fútbol e a pesar das boas intencións, nada saíu como esperaban brancos e o partido foise apagando aos poucos.

O 6 a 3 xa definitivo volve golpear aos veteranos, que deberán refacerse e agarrarse aos bos minutos xogados en en varias fases do partido e loitar máis que nunca para voltear unha situación incómoda.


Acta do partido en www.futgal.es, pulsa aquí


O FEMININO CAEU EN CEE

Derrota do feminino na súa visita a Sampaio de Refoxos para enfrontarse a un dos equipos máis consolidados na liga como é o Unión Club Cee.

Partido ao que se acudiu coas esperadas altas despóis de superar as súas respectivas lesións de Tensi e Nora e co alta despois de permanecer varios meses ausentes por motivos laborais de Cris Silvar unha referente para o noso feminino fora e dentro dos terreos de xogo.

Dous goles na primeira metade e un terceiro na recta final do partido serviu para tumbar ao noso equipo do que con todo espera unha reacción dunha maneira proporcional ás xogadoras que sexa capaz de recuperar nesta época do Nadal. 

Xogadoras hai, potencial hai, agora falta demostralo.

A desconectar e a recuperar forzas, quedan moitos partidos por diante e pódese saír dos postos de abaixo. Claro que se pode !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DURA DERROTA DO FILIAL NO POTE

Dura derrota do Filial que non puxo oposición a un tamén mozo rival, o UD Campestre de Montrove, que demostrou o porque da súa boa xeira no Pote

Dominio, ocasións e efectividade para os visitantes que levaron con xustiza os tres puntos en xogo. Alex marcou o gol da honra dos brancos.

Agora o que se necesita neste período do Nadal é recuperar efectivos empezando pola portería cos lesionados Joel e Pichón que está a obrigar a Hugo a poñerse baixo paus o cual agradecemos desde aquí.

Moito ánimo só perdeuse unha batalla, a guerra segue...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (20-21-22) DECEMBRO

PREBENXAMINES (X10): CD Estrella A Solaina - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (X10):Cultural Maniños -  CMI Club Campo (1)
BENXAMÍN "B"(X10): SD Canido "B" -  Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X10):  Cultural Maniños - SD O Val (1)
INFANTILES (2ªF - X03): Cultural Maniños 2 - EF Irmandiños 2
CADETES (2ªF - X03):  Numancia, ADR 1 - Cultural Maniños 5
XUVENILES (2ªF - X02): SD Valdoviño 3 - Cultural Maniños 0 
FEMININO (X14): Unión Club Cee 3 - Cultural Maniños 0 
VETERANOS (X14): Hércules, SD 6 - Cultural Maniños 3 (Ricardo (2) e Javi Rico)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X15): Cultural Maniños 1 - Unión Campestre 6
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X16): Cedeira, SD 0 - Cultural Maniños 3 (Santi, Christian e Pedro)

jueves, 19 de diciembre de 2024

II COPA FEMININA DE FERROLTERRA

Esta tarde efectuouse o sorteo da II Edición da Copa Feminina de Ferrolterra baixo a dirección do Delegado Federativo, Abraham. 9 equipos participantes o que obrigou a realizar unha previa que se celebrará o 29 de decembro.

As nosas debutarán en cuartos de final contra o Galicia de Caranza a domicilio (exactamente igual que a tempada pasada). En prinicipo o partido está fixado para a véspera do día de Reis (5 de xaneiro). 

A dalo todo!!!

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (20-21-22) DECEMBRO

lunes, 16 de diciembre de 2024

SIGUE A MALA DINÁMICA DOS MODESTOS

O fútbol é de dinámicas e nestes momentos o Maniños está a pasar unha negativa con tres derrotas consecutivas e con malas sensacións como o feito de non marcar ningún gol e encaixando 9 goles. Pero tamén se sabe que estas malas series non son eternas e o que necesita o equipo urxentemente é gañar un partido e reverter a situación. E isto vai suceder..

Intre do partido 

.Empezou mellor o Oíimpico con máis control do balón e máis chegadas á portería branca pero unha xogada puido cambiar o partido, a expulsión dun xogador dos visitantes ao derrubar a Christian cando se ía só cara portería. A partir de aí dominio do balón branco co partido controlado pero unha perda de balón permitiu aos de Culleredo montar unha rápida contra e cun disparo ao bordo da área poñer o (0-1). O equipo baixo de moreira polos continuo reveses non encaixou ben o gol non sendo capaz de reaccionar ata o descanso ao que se chegou co resultado coñecido.

A segunda parte foi dun asedio total dos brancos cun Olímpico ben ordeado. O equipo estivo espeso, pouco preciso sen ser capaz de xerar o suficiente para poñer en perigo a meta visitante. E en ese xogo de atacar máis co corazón que coa cabeza unha nova indecisión defensiva acabou en penalti que transformado polos visitantes puxo o definitivo (0-2). De aquí ao final o Maniños seguiuno tentando pero non foi quen pese sa os seus intentos de recortar distancias. Sen máis o partido finalizou e os tres puntos fóronse para Culleredo

Agora é cuanto máis unidos tense que estar e continuar co bo traballo que se está facendo. Adrián o resto do Corpo Técnico e a plantilla demostrou sobradamente que son moi capaces e moi válidos. 

Cabezas erguidas!!!

Seguimos equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DUN FILIAL MOI MERMADO

Derrota do Filial en Os Regos de Santa Cruz nun partido ao que se acudeu con moitas baixas incluida a do porteiro polo que tivo que ocupar a portería Hugo, xogador de campo.-. Se pelexo e deuse a cara todo lo que se foi capaz.

Moito mérito, sempre dando a cara pese a derrota. 

Toca recuperar xente xa!!! 

Esto sigue!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (13-14-15) DECEMBRO

PREBENXAMINES (X08): Cultural Maniños - Galicia Caranza (2)
BENXAMÍN "A" / BENXAMÍN "B"(X08): Cultural Maniños "B" -  Cultural Maniños "A" (1)
ALEVINES (X10):  Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X02): CD Cariño 2 - Cultural Maniños 2
CADETES (2ªF - X02):  Cultural Maniños 5  CMI Club Campo 0
XUVENILES (2ªF - X01): Cultural Maniños 0 - Racing San Pedro 3
FEMININO (X13): DESCANSAN
VETERANOS (X13): Galicia Gaiteira - Cultural Maniños (Adiado pola folga de funcionarios das instalacións municipais)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X14): Santa Cruz 4 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X15): Cultural Maniños 0 - Olímpico CF 2

martes, 10 de diciembre de 2024

CAMPAÑA DE RECOGIDA DE ALIMENTOS

Como todos os anos o Club inicia a CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL en colaboración con CARITAS - FENE

A recollida será no Campo de Fútbol O Pote de Maniños.

Ata o domingo 22 de decembro.

RÓGASE DIFUSIÓN E COLABORACIÓN.

GRAZAS

lunes, 9 de diciembre de 2024

VICTORIA VITAL DO FEMININO ANTE O SP. BURGO

A boa nova deste domingo foi sen dubida a victoria do feminino ante o Sporting Burgo. Unha boa primeira metade con dous goles de Lucía Calvo e unha segunda parte onde tocou sufrir.

Manu nun intre do partido
(Foto: Olaya López)

Victoria balsámica e moi necesaria. Seguimos na loita. No bagón de cola pero con moita vida. Moita! 

Ágora toca seguir recuperando xente. Hoxe volveu Laura Montero que disputou os 90 minutos.. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL NON PUDO CO MANDIÁ

Derrota do Filial ante un bo rival como é o CF Mandiá, firme candidato ao ascenso de categoría. O equipo compiteu pero finalmente os ferroláns leváronse os tres puntos do Pote

Capitáns máis colexiado na previa do partido no Pote
(Foto: RRSS CF Mandiá)

Unha bagoa non poder acurtar distancias cos outros equipos de Ferrolterra pero esta guerra é longa. 

Outras notas negativas foron a lesión do meta Pichón e a do "capi" Juanlu que tivo que recibir dous puntos de sutura. Baixas sensible que esperemos non sexan por moito tempo.

Pasar páxina e a polo seguinte!!! 

Seguimos!!! 

GO MANIÑOS

Actas do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

DEBACLE DOS MODESTOS EN VISMA

Nin o maior pesimista dos afeccionados do Club podían pensar o desastre dos brancos en San Pedro de Visma ante un dos mellores equipos da competición como é o Orillamar, SD que o demostrou con creces ante un Maniños irrecoñecible e que se diluíu recibindo unha malleira histórica. 

Intre do partido frente ao Orillamar, SD en Visma
(Foto: Ahitor Regueiro)

Ata o minuto 35 non pasara absolutamente nada, nin tiros a porta nin achegamentos, algún balón parado e pouco máis pero desde o minuto 35 ata o 72 (en 37 minutos co descanso polo medio) o equipo recibiu 6 goles, a pouco máis dun gol cada 6 minutos... Nada que engadir...

Só queda pasar páxina e aprender dos moitos erros cometidos. Nin hai unhas semanas érase tan bo nin agora tan malo pero o que está claro é que non ten explicación ou se? aos 90 minutos do terror na Coruña. O peor partido do noso equipo en moito tempo. Toca levantarse e pensar que o próximo finde hai outro reto en forma dun potente Olímpico CF de Rutis e hai que estar preparados para competir. Non pode repetirse. 

E curiosamente e tras dúas derrotas consecutivas séguese de líder a falta de tres xornadas para finalizar a primeira volta. Nin tan mal, non?.

Ata o mellor escribano ten un borrón... 

A erguerse !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí


RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (6-7-8) DECEMBRO

FEMININO (X13): Cultural Maniños 2 (Lucía Calvo (2)) - Sporting Burgo 1
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X13): Cultural Maniños 0 - CF Mandiá 4
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X14): SD Orillamar 6 - Cultural Maniños 0

jueves, 5 de diciembre de 2024

HOXE REANÚDASE O PARTIDO APRAZADO DE CADETES

Hoxe xoves a partir das 17:30 H reanúdase en Os Pinares o partido aprazado de cadetes suspendido pola tormenta o pasado sábado.

A dalo todo equipo!!!

GO MANIÑOS

VICTORIA EN MOURENTE, SEGUIMOS VIVOS NA COPA

Xa estamos en (1/4) de final da XXIV Copa de Ferrolterra tras derrotar ao SD Valdoviño en Mourente

Partido de poder a poder, con oportunidades para os dous, intensidade, loita e moita polémica. 

Intre do partido de Copa

Un gol de
Hugo na primeira metade decideu o partido. 

Agora toca esperar rival que saldrá hoxe da eliminatoria a disputar na Gándara de Pontedeume entre o local Eume Deportivo e o Galicia de Mugardos. Lembremos que de ganar os locais, os brancos se desprazarían a Pontedeume mentras que si gañan os verdes da Pedreira o enfrentamento sería no Pote.  A data prevista para o partido sería o domingo 29 aunque con flexibilidad para un posible acordo entre Clubs.  

Parabéns! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

miércoles, 4 de diciembre de 2024

HOXE DEBUTAMOS NA XXIV COPA FERROLTERRA

Hoxe é o debut na competción de Copa para o Cultural Maniños. Despóis de quedar exentos na primeira eliminatoria, empezamos nos octavos de final visitando Mourente para enfrentarse ao SD Valdoviño. Será a partir das 20:30 H. 

A partido único e no caso de empate penaltis. 

A por todas!!! 

GO MANIÑOS

Podes consultar a acta do partido aquí

lunes, 2 de diciembre de 2024

O VETERANO SUPERADO DE PRINCIPIO A FIN

 Derrota sen paliativos do veterano, que foi superado por un Beat Street Betanzos superior en case todos as fases do partido.

Partido desafortunado de principio a fin do equipo do Pote, que encaixou o primeiro gol xa no primeiro minuto e que non foi quen xa de levantarse.

O partido foi un pesadelo para os locais, e os goles visitantes foron caendo pouco a pouco mentres os brancos víanse incapaces de ofrecer sequera resistencia. A desconexión foi importante e o Beat xogou cómodo ante a incredulidade local.

No min 70 un escandaloso 0-7 campaba no marcador. 

O Maniños tratou entón, con máis corazón que cabeza, marcar o da honra tivo ocasións máis que de sobras para marcar 3 ou 4 goles que maquillaran o resultado, pero tan só dous foron os goles obtidos polos brancos; Primeiro Ricardo e despois Karranza foros os autores dos mesmos tras dúas boas xogadas; 2-7.

Dura realidade a que lle toca aceptar os do Pote, que deberán analizar con sinceridade os errores cometidos para poder darlle a volta canto antes a unha situación delicada.

¡ Hai vimbias, hai ganas e hai calidade suficiente para volver canto antes á senda de vitoria!

 ¡É o momento de xuntarse máis que nunca!, ¡É o momento de que o grupo tire do carro!

 

¡GO MANIÑOS!

O FEMININO CAE CON ESTRÉPITO EN PASTORIZA

Derrota sen paliativos do feminino na súa visita a Pastoriza.

Moitas baixas, moitas lesións, moitos reveses. 23 xogadoras na plantilla e só 13 disponibles, nada menos que 10 baixas...Dende logo este non é o camino. 

Temos que reaccionar e temos que facelo xa !!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

(---) en radiofusion.gal, preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA ANTE UN BO URAL

Non se contaba no Pote con este revés en forma de derrota coa visita do Ural Español CF nun partido marcado pola polémica actuación do trio arbitral Maseda - Vilaro - Vilaro. É difícil ver unha arbitraxe tan desastrosa, perxudicando ao fútbol, aos futbolistas e aos afeccionados. É difícil facelo tan mal... Sorprendeu o Ural para ben pois a pesar de que visitaba Maniños con derrotas en todas as súas saídas e no penúltimo posto clasificatorio o seu fútbol, ilusión e compromiso levou á vitoria. O Maniños foi de menos a más cunha moi mala primeira parte que foi onde se fraguou a vitoria coruñesa. 

Christian lesionouse na primeira metade 
(Foto: Ahitor Regueiro)

Un gol a balón parado nos instantes iniciais do partido cambiou o mesmo, un gol moi parecido a un dos encaixados a semana anterior en
Pontedeume. Os brancos non se atoparon cómodos en ningún momento e a proba diso é que non fixeron ningunha ocasión e non probaron ao meta visitante nesta primeira parte. pola súa banda o Ural facía o seu fútbol, correr e combinar con perigo aparente pero non na práctica pois Marcos aínda que tivo que intervir non foi a disparos con excesiva complicación. Con (0-1) chegouse ao descanso. Tocaba buscar solucións.  

Miragaya nunha acción do partido
(Foto: Ahitor Regueiro)

Quedou
Rober no vestiario e entrou Miguel Segura para dar un pouco máis de saída de balón. Nesta segunda parte o equipo foi a máis ante un Ural que se defendeu con uñas e dentes. Recital de chifre de Maseda e Cia pitando todo ao revés, mesmo bandas ou saques de esquina moi claros pero o colmo dos colmos foi aproximadamente no meridiano desta parte cando un balón é rematado á portería do Ural e é sacado  de dentro e coa man!!! por un defensor coruñés ante o estupor, sorpresa e indignación de todos os alí presentes, Maseda non concede nada do sucedido. O equipo visitante recoñeceu desde o segundo un o terrible erro de Maseda e os seus dous ¿axudantes? que deixou seguir o xogo. Unha xogada sen ningún tipo de dúbida que marcou o partido. Hai que lembrar que Maseda nun partido de hai dúas tempadas e na mesma portería facendo labores de linier sinalou un penalti e indicou ao árbitro a expulsión de Ángel por mans nunha xogada que o colexiado sinalara corner. Nada pode sorprender xa. Hai que contactar urxentemente con Iker Jiménez. No Pote con esta Colexiada hai un misterio para resolver... Ten que vir a nave do misterio. 

Si, posteriormente Maseda pitou un penalti a Santi pero tan sumamente claro que ninguén puido discutilo e aí Miragaya non estivo acertado tirándoo por encima do traveseiro. De aí ao final acoso total pero a falta de acerto e a boa actuación do meta visitante fixo o resto. Derrota por (0-1) ante un Ural que celebrou o triunfo coma se gañase unha liga. A súa complicada posición na táboa xustificábao.

O peor a lesión de Christian no ombreiro. Desexamoslle unha pronta pero sobre todo, total recuperación.

Derrota dolorosa pero a diferenza das outras dúas que se sufriu antes, este partido foi condicionado por factores externos que prexudicaron gravemente aos brancos. Felicitar ao Ural pola súa vitoria e agora a preparar o partido de Copa o vindeiro mércores en Valdoviño. O domingo volta á liga co Orillamar en Visma. Isto non para...

Ninguén nos borrará o sorriso...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí


CAE POLA MÍNIMA O FILIAL NO CONDÚS

Non pudo sacar nada o Filial na súa visita a O Condús. Unha bagoa pola cantidade de ocasións desperdiciadas aunque o xogo non foi mui fluido quizás marcado polas dimensións do campo, moi pequeno. 

Hoxe non quiseron entrar, o fútbol é así. Tamén é de xusticia reconocer que con (0-0) Pichón detivo unha penal.

Non obstante o traballo é bo e axeitado.

Anotou Marco o momentáneo (0-1). Pouco dura a alegría na casa do pobre.

O domingo visita O Pote o mellor dos equipos de Ferrolterra, clasificatoriamente falando, o CF Mandiá instalado nas zonas altas da clasificación.

Seguimos!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (29-30) NOVEMBRO - (1) DECEMBRO

PREBENXAMINES (X07): SD O Val Rojo - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (X07): Cedeira, SD - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (X07): Cultural Maniños - Eume (1)
ALEVINES (X09):  Cultural Maniños - SD Ánimas (2)
INFANTILES (2ªF - X01): Cultural Maniños 4 - Galicia Mugardos 1
CADETES (2ªF - X01):  CCRD Perlío 1 - Cultural Maniños 2 (suspendido na 1ª mitade pola tormenta e finalizado a xoves 5)
XUVENILES (X11):  CMI Club Campo 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X12): SCD Pastoriza 9 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X12):  Cultural Maniños 2 (Ricardo e Karranza) - Beat Street Betanzos 7
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X12): CD Obrero 2 - Cultural Maniños 1 (Marco)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X13): Cultural Maniños 0 - Ural Español CF 1