Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
jueves, 31 de octubre de 2024
A LESIÓN DE ÁNGEL O PEOR DO FIN DE SEMANA
martes, 29 de octubre de 2024
EMPATE QUE SABE A POUCO DOS VETERANOS FRONTE O CARNOEDO
Novo empate do Maniños Veterano, esta vez fronte o Carnoedo e por 1 a 1, nun partido competido de principio a fin, no que os minutos finais volveron a ser crueis cos do Pote.
Traballaron os brancos dende o inicio no estilo de xogo traballado durante a semana; Todo parecía funcionar cando xa no minuto 4 marcaba Ricardo, tras unha boa combinación no medio e un bo pase de Michu as costas de defensa.
O gol deu consistencia a idea inicial dos brancos, que continuaron cun xogo vistoso, onde todos eran protagonistas e eran capaces de xerar ocasión claras de maneira bastante continuada. Sen embargo, non foron quen de concretar ningún gol máis no transcurso da primeira parte e comezaron as dúbidas...
VICTORIA MOI SUFRIDA DOS MODESTOS EN MOURENTE
Din que cando máis custan as cousas máis satisfacción produce o conseguilas. E iso foi o que pasou cos tres puntos sumados no sempre difícil desprazamento a Mourente para enfrontarse a un combativo SD Valdoviño que resolvera as súas tres primeiros partidos de liga dunha maneira clara e contundente incluso un deles ante un dos galos da competición como é o Olímpico de Rutis.
O partido tivo dúas caras, unha parte para cada equipo. A primeira de dominio de balón e do control do partido dos brancos que se adiantaron en dúas ocasións gracias ao acerto de Julián que marcou os seus dous primeiros goles da tempada, o primeiro cun gran disparo desde fóra da área e o segundo ao aproveitar un balón solto na área tras un saque de curruncho. Non se pode obviar que a gran ocasión errada desta primeira parte a tivéron os locais e con (0-0) cando Seny a pracer e con Marcos superado, rematou e aí apareceu un salvador David rexeitando a córner un gol seguro. Con control branco rematou a primeira metade co coñecido (0-2).
Julián anoutou os dos goliños brancos (Foto: A Bisbarra en Xogo) |
A segunda metade mudou totalmente cun equipo local que sen nada que perder botouse cara adiante presionando arriba buscando acurtar distancias no marcador. A lesión de Ángel non axudou creando unha sensación de que algo ía pasar e así Miguel Piñeiro cun disparo desde a frontal da área que aínda que tocou Marcos non puido evitar o gol poñendo un inquietante (1-2) con 25 minutos por diante. De aí ao final acoso e derribo dos locais con algunhas situacións de perigo ben resoltas por defensa e porteiros brancos, algún balón que cruzou a área pequena e a falta de precisión nalgún remate dos laranxas. Pola súa banda o Maniños buscou nalgunha contra matar o partido e así finalizando o partido atopouna con José Ángel ben resolta por Sachocos e sen tempo para máis finalizou o partido co (1-2) final.
Marcos en plena celebración (Foto: A Bisbarra en Xogo) |
Tres puntos moi valiosos que permite aos brancos manterse unha semana máis no máis alto da táboa. Felicitar ao equipo por que xogou cuando tivo que xogar e sufriu cando tivo que sufrir. Sétima vitoria consecutiva nunha liga tan competida como esta só pode poñer en valor o gran taballo de todos, corpo técnico e plantilla.
PARABÉNS!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
EMPATE AGRIDOCE DO FEMININO
O FILIAL NON PUDO CO JUVENIL DE ALMEIRAS
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (25-26-27) OUTUBRO
PREBENXAMINES (X04): Cultural Maniños - CD Cariño (2)
BENXAMÍN "A" (X04): Cultural Maniños - SRD Canido "B" (2)
BENXAMÍN "B" (X04): Freixo - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X04): Cultural Maniños - Galicia Caranza "C" (1)
INFANTILES (X06): Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío "A" 0
CADETES (X06): DESCANSAN
XUVENILES (X06): Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 4
FEMININO (X07): Cultural Maniños 3 (Lucía Calvo (3)) - CF Dumbría 3
VETERANOS (X06): Cultural Maniños 1 (Ricardo) - CF Carnoedo 1
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X07): Cultural Maniños 1 (Alex) - UDJ Almeiras 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X08): SD Valdoviño 1 - Cultural Maniños 2 (Julián (2))
jueves, 24 de octubre de 2024
miércoles, 23 de octubre de 2024
SORTEO DA XXIV COPA DE FERROL
Onte celebrouse na Delegación de Ferrol da RFGF o sorteo da XXIV Copa de Ferrol coa participación de 26 equipos con baixas significativas como a do Numancia o Estrella.
6 exentos na primeira eliminatoria a disputar o vindeiro 1 de novembro entre eles o Cultural Maniños e a segunda eliminatoria que sería o 6 de decembro sería contra o gañador do Freixo - Valdoviño.
O árbol completo do sorteo é o seguinte:
Sorte equipo nesta competición !!!
GO MANIÑOS
lunes, 21 de octubre de 2024
PUNTIÑO DOS VETERANOS NO POTE
Trala dura derrota da finde anterior, plantábase o Maniños Veterán con forzas renovadas e gañas de darlle a volta a una situación preocupante.
O partido non llo poría fácil os branco, pois xa no minuto 9, un gol en propia porta, subiría o 0 a 1 ó marcador. Tocaba remar de novo.
Abríase un panorama complicado para o equipo, que tería que tratar de remontar o partido ante un equipo rochoso, que ata esta data tan solo encaixara un gol en catro partidos.
Minutos de dúbida para o Maniños, que foi collendo o pulso o partido pouco a pouco, demostrando que non estaba no campo para pasearse.
Con determinación e coraxe, o equipo local comezou a presionar un pouquiño máis alto e crear problemas o equipo visitante, pero todavía sen sorte.
Non foi ata o minuto 44, cando nun córner executado o primeiro pao por Michu, seguido dun mal rexeite do Sobrado, acabaría cun gol de oportunista de Pepe, que embocaba a porta un balón que paseaba sen dono por área pequena; 1 a 1.
A segunda parte comezou igualada, o partido loitábase no medio campo, onde o Maniños parecía gañador, pero víase incapaz de achegar bos balóns os seus dianteiros; Mentres tanto, a sensación de perigo en cada contra dos negro amarelos era palpable.
Non foi ata o minuto 72, cando Mon, servía un balón en profundidade para Deus e este centraría para Ricardo, quen tras un caneo o seu par, marcaría o 2 a 1 que poñía por diante os do Pote.
O Maniños desfrutou duns minutos de desconcerto do Sobrado e dispuxo de varias ocasións, sen sorte, para poder asegurar a vitoria; Pero o fútbol e caprichoso e cando mais preto parecía a vitoria local, e xa nas postrimerías do partido, un córner, un rexeite na frontal e un remate dun xogador do Sobrado, suporía o empate a 2 definitivo.
A pesar do resultado, o Maniños acabou o partido coa cabeza alta e unha renovada confianza para poder afrontar con positividade os próximos desafíos.
O fútbol é así, ás veces cruel, pero sempre emocionante. E hoxe, tanto Maniños como Sobrado deixaron claro que están listos para loitar ata o final nesta apaixonante tempada.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
GO MANIÑOS!
(Por Javi Pedreiras)
GRAN VICTORIA DO FEMININO NA TORRE
EMPATE VALIOSO DO FILIAL EN PERILLO
O segundo tempo comenzou con un Perillo volcado sobre a portería de Joel e así en pouco máis dun cuarto de hora deron a volta ao marcador. O Maniños a duras penas foi quen de sair vivo de estos intres de partido para nos momentos finais un gol en propia meta dos locáis sirveu para poñer as taboas definitivas no marcador.
TRES PUNTOS PARA OS MODESTOS NUN GRIS PARTIDO
Non foi o mellor partido dos brancos que non tiveron o seu mellor día en canto ao seu xogo pero onde foron capaces de impoñerse a un serio e ordenado Relámpago, SD de Elviña que nunca perdeu a cara ao partido e que mesmo cando quedou con 10 xogadores pola expulsión do seu porteiro por unha man fóra da área cortando unha xogada moi prometedora dos locais, nunca se foi do partido competindo ata o final.
David foi o autor do único gol na matinal do domingo |
O partido estivo moi atascado desde o principio cun Relámpago moi defensivo, pechado atrás e cedendo o balón aos locais que non circularon coa suficente rapidez o balón, ademáis os constantes refachos de vento dificultaban o xogo. Con todo dúas oportunidades na primeira parte puideron cambiar o signo do partido, un cabezazo de Pedro ao traveseiro e unha ocasión de David tras un balón parado que non puido aproveitar dentro da área pequena. A expulsión do meta visitante tras golpear coa man fóra da área un autopase de Javi Miragaya que lle tivese permitido plantarse só e sen porteiro parecía que abría unha nova vía. Pero o Relámpago encaixou ben o golpe e reforzando aínda máis a súa liña defensiva aguantou os achegamentos locais ata o descanso ao que se llegó co resultado inicial de (0-0).
A segunda parte foi pouco máis ou menos o mesmo, un Maniños incómodo e impreciso, espeso na creación do xogo non daba coa tecla para superar a tea de araña visitante. Foi un balón parado cabeceado por David cando faltaban 15 minutos o que permitiu aos brancos adiantarse e xa controlar o partido ata o final coas lóxicas precaucións pola estreiteza do marcador. Cunha última oportunidade para Santi que tentou sorprender ao meta visitante cun disparo desde o medio do campo ao estar adiantado que non colleu portería finalizou o partido co coñecido (1-0). Victoria de equipo con oficio e con poso na categoría.
Tres puntos de ouro que permite aos brancos empolicarse ao primeiro posto da clasificación dunha maneira circunstancial posto que estamos na xornada 7 pero que demostra que ata o momento se están facendo ben as cousas. A seguir traballando aínda máis duro para seguir consolidándose na parte alta da táboa. Sen presión pero con moita ilusión.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (18-19-20) OUTUBRO
PREBENXAMINES (X03): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (X03): Eume "B" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (X03): Cultural Maniños - SDR Neda (1)
ALEVINES (X03): SD Libunca - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (X05): Racing San Pedro 0 - Cultural Maniños 5
CADETES (X05): SD O Val 1 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (X04): Meirás CF 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X06): Orillamar, SD 0 - Cultural Maniños 2 (Lucía Calvo (2))
VETERANOS (X05): Cultural Maniños 2 (Adri e Ricardo) - Atlético Sobrado Xuventude 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X06): Atlético Perillo 4 - Cultural Maniños 4 (Marco, Víctor, Raúl e pp)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X07): Cultural Maniños 1 (David) - Relámpago, SD 0
sábado, 19 de octubre de 2024
A NOSA CAPI, LUCÍA, VOLVE AO EQUIPO
Aínda que o seu debut foi a semana pasada no partido en que enfrontou ao noso feminino contra o Silva non podemos pasar por alto a volta a casa (aínda que nunca se foi) da nosa capitana Lucía Seoane despóis de superar uns problemas físicos que a acompañaban desde o final da tempada pasada.
Agora Lucía volve para botar unha man desde a súa experiencia e coñecemento do xogo ao equipo moi necesitado de xogadoras do seu perfil dada a mocidade do plantel e poñer o seu granito de area no intento do equipo de acadar a permanencia na Segunda Divisón Galega. Un reforzo sen dúbida agardado e moi celebrado por todolos que conforman o Cultural Maniños.
Lucía benvida de novo a túa casa !!!
GO MANIÑOS
miércoles, 16 de octubre de 2024
lunes, 14 de octubre de 2024
TABOAS DO FEMININO QUE MERECEU MÁIS
GRAN VICTORIA DOS MODESTOS NA TORRE
Tróuxose os tres puntos en xogo o Maniños no seu desprazamento aos Campos da Torre da Coruña para enfrontarse ao Torre, SD un equipo recentemente ascendido pero que empezou con forza a competición xa que nas 5 primeiras xornadas sumou 10 puntos cun equipo formado por xente coñecedora da categoría e experiencia, un cocktail perfecto para competir en Primeira Galicia.
A posta en escena dos brancos (de negro nesta ocasión) foi espectacular. Dominio de balón e do xogo cos locáis esperando atrás. Ademais de todo isto o Maniños chegou a xerar ata 4 ocasións claras de gol, a primeira foi unha entrada por parte dereita segundo ataque branco de Santi que buscou a Pedro no canto de tentar acabar a xogada, un pase atrás que Julián en carreira e en inmellorable posición rematou fóra, unha de Santi que só diante do meta local e sen marcaxe botouna fóra e por último un remate de cabeza de David que entrando só á saída dun córner non atopou portería. 4 ocasións e cero acerto o que xerou certa preocupación no Maniños porque xa se sabe o dito futbolístico de "quen perdoa..." afortunadamente na segunda parte ese dominio branco plasmouse en goles. Por parte local ningún achegamento significativo aos dominios de Marcos. Con (0-0) o partido foise ao tempo de descanso.
A segunda parte comezou co guión soñado, xogada de luxo dos brancos que desde portería e sen tocar o balón ningún rival despois de 8 pases o último nun centro raso e preciso de Adrián, o noveno toque foi de Pedro para remachar ao fondo das redes poñendo un máis que merecido (0-1). Sen dúbida, golazo. Non reaccionaron os locáis e o Maniños seguía tendo o control do partido e así nunha rápida transición o balón chega a Santi que se planta diante do porteiro e aínda que é quen de tirar a portería é derrubado por un defensor local. O árbitro sinala a máxima pena e aí Javi Miragaya pon o (0-2) que daba moita máis tranquilidade a un Maniños que se vía gañador. Pero como o fútbol dá moitas voltas e xa na recta final os locais cun dianteiro altísimo dedicáronse a centrar balóns e chegando ao minuto 90 foron quen cun cabezazo acurtar distancias con todo o tempo de desconto por diante e aí en pleno zafarrancho de combate local e cun Maniños sufrindo o que non o fixera nos 90 primeiros minutos pudo aguantar como pudo as arrancadas locais para na última xogada do partido tras un balón longo de Ángel que pelexou Pedro, o balón chegou sen dono a José Ángel, que aproveitando que o porteiro non estaba na portería, fixo un pase á rede cun toque sutil poñendo o (1-3) no marcador e co gol o Colexiado deu por finalizado o partido. Un resultado que reflicte suceder no Campo da Torre.
Tres puntos por tanto que permite manter a boa serie de resultados coa quinta vitoria consecutiva dos brancos que ademáis rompen co gafe deste campo da Torre que non se daba ben e que permite consolidarse ao equipo nos postos altos da táboa. O vindeiro domingo visita O Pote outro equipo dun barrio da Coruña como é o Relámpago de Elviña esperando que se poida prolongar o refacho.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
DERROTA DUN FILIAL QUE VA A MÁIS
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (11-12-13) OUTUBRO
PREBENXAMINES (X02): Cultural Maniños - Club Campo "B" (2)
BENXAMÍN "A" (X02): Cultural Maniños - CD Narón (2)
BENXAMÍN "B" (X02): Numancia - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X02): Cultural Maniños - SDR Neda (2)
INFANTILES (X04): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 6
CADETES (X04): Cultural Maniños 4 - SD Libunca 1
XUVENILES (X03): DESCANSAN
FEMININO (X05): Cultural Maniños 1 (Lucía Montero) - Silva, SD 1
VETERANOS (X04): DESCANSAN
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X05): Cultural Maniños 0 - AD Cristo Rey 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X06): Torre, SD 1 - Cultural Maniños 3 (Pedro, Miragaya e José Ángel)
jueves, 10 de octubre de 2024
martes, 8 de octubre de 2024
OS VETERANOS SON GOLEADOS EN CULLEREDO
Dolorosa derrota do Maniños de Veteráns por 7 a 2, nun partido
malo, onde se viron superados en todo momento por un SPM superior.
O partido foi duro para os do Pote, que a pesar de xogar nun campo máis pequeno do
habitual e das ganas de mellora, foi incapaz de parar as acometidas do SPM en case
ningún momento.
A superioridade foi palpable e os goles foron caendo,
como a chuvia que anegou o terreo de xogo, de maneira continuada durante o
primeiro tempo, sen que os brancos foran quen de reaccionar e encontrar
solucións a tremenda sangría.
A primeira parte chegou o seu final cun rotundo 4 a 0. Non
había palabras...
O Maniños tratou de recuperar folgos e sentido común no
descanso, pero o SPM non estaba pola labor e rapidamente marcaría o quinto, que
afundía máis se cabe os brancos.
Xa nun campo impracticable, mais preto de piscina que de terreo
de xogo, os veteráns intentaron igualar con loita o que ata agora foran incapaces
de igualar con xogo.
Nunca boa pelexa de Pepe na frontal da área, este era quen
de provocar una falta que Javi Pedreiras, cun bo gol, poría no electrónico a
honra para o Maniños.
Tratarían os brancos de arrombar o resultado, pero no era o
día e outro gol volvería o chan os ánimos dos do Pote.
Co partido xa roto marcaría Javi Pedreiras, de penalti
provocado nóvamente por Pepe, o 6 a 2.
Nas postrimerías do partido aínda habería tempo para o
último do SPM.
7 a 2 definitivo, dura derrota dos do Pote, que foron incapaces de atoparse cómodos no campo na maior parte do partido,atopándose cun SPM que non perdeu a ocasión para dar un golpe enriba da mesa, e demostrar que chegaron a liga para loitar por una clasificación moi apertada ata o de agora.
Nunca choveu que no escampara
A adversidade fai que algúns equipos rompan, outros rompen os seus límites
GO MANIÑOS!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
UN GOL NO TEMPO ENGADIDO IMPIDE PUNTUAR AS NOSAS EN FRIOL
PRIMEIRA VICTORIA DO FILIAL
lunes, 7 de octubre de 2024
TRES PUNTAZOS ANTE UN GRAN MARTE
Vitoria moi meritoria do Maniños ante o recentemente ascendido CD Marte, equipo que sen dúbida vai ser unha das grandes revelacións da competición polo potencial de xogadores de contrastada calidade no fútbol galego e que puxo desde o asubío inicial as cousas moi difíciles aos brancos aos que unha vez máis lles tocou remar e remontar un resultado adverso.
Empezou o partido cun Marte moi ben plantado que lle quitou o balón ao Maniños que soubo sufrir nestes momentos esperando a súa oportunidade. Os visitantes sen xerar grandes ocasións de gol, se daba sensación de perigo e xustamente cando parecía que estaba a baixar un pouco nas súas prestacións físicas, unha xogada en aparencia sen perigo en forma de balón cedido a Marcos, este errou no despexe deixando o balón a pracer a un xogador visitante que abriu o marcador. (0-1) e preocupación para os locais. Os brancos non se descompuxeron e non lle perderon a cara ao partido e así uns minutos despois un forte disparo desde fóra da área golpeou nas mans dun xogador visitante e o Colexiado considerou que era merecedor da máxima pena que foi transformada por Javi Miragaya poñendo as táboas no marcador. Pouco despois un balón en longo tras un despexe de David, o porteiro tivo unha indecisión chegando antes Pedro que o superou cun sutil toque e a portería baleira poñía o (2-1). Un gol moi importante que permitiu aos brancos tranquilizarse e asentarse sobre o terreo de xogo. Nada destacable nos minutos fináis desta primeira parte e co coñecido (2-1) chegouse ao tempo de descanso.
A segunda parte foi de poder a poder con opcións para ambos os equipos ampliando o marcador os brancos tras un pase filtrado por Gonza a Santi, este sen marca vírase e desde uns 8-10 metros fóra da área golpea o balón que tras tocar no traveseiro entra na portería dos visitantes. Golazo e aparentemente o gol da tranquilidade. O Marte con todo non estaba polo labor e pronto conseguen acurtar distancias con outro golazo desde fóra da área. Partido de novo incerto co (3-2) ata que unha presión ao bordo da área coruñesa, estes perden o balón que chega a Julián que dispara, detén o meta pero non o bloca e en boca de gol, Pedro pon o definitivo (4-2). de aí ao final pouco máis que destacar finalizando o partido co resultado citado anteriormente de (4-2).
Tres puntos moi valiosos ante un moi bo equipo que demostrou en O Pote as boas referencias con que viñan. Consolidación na parte alta da táboa e agora a seguir na mesma liña de traballo e compromiso. O vindeiro domingo visita aos Campos da Torre na Coruña para enfrontarse a outro recentemente ascendido que está a facer un fenomenal arranque de tempada como é a SD Torre. Por tanto e como sempre a preparar ben o partido para poder traerse algo positivo.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (4-5-6) OUTUBRO
PREBENXAMINES (X01): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (X01): SDR Neda - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (X01): Cultural Maniños - Club Campo "D" (1)
ALEVINES (X01): Numancia - Cultural Maniños (X)
INFANTILES (X03): Freixo "B" 3 - Cultural Maniños 3
CADETES (X03): Meirás CF 1 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (X03): Cultural Maniños 0 - SD Portuarios 11
FEMININO (X04): PM Friol "B" 3 - Cultural Maniños 2 (Lore e Andrea)
VETERANOS (X04): SPM 7 - Cultural Maniños 2 (Mato e Javi)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X04): Cultural Maniños 2 (Adri e Víctor) - SD Libunca 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X05): Cultural Maniños 4 (Miragaya, Pedro (2) e Santi) - SD Marte 2