Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
lunes, 25 de diciembre de 2023
VICTORIA DOS MODESTOS PARA ACABAR BEN O ANO
Visitaba O Pote o pechacancelas da competición un Xuventude Crendes pouco realizador pero con resultados en liñas xerais axustados con moitas derrotas pola mínimo e con un resultado rechamante como foi a súa vitoria nos Pinares ante os veciños do CCRD Perlío polo que o partido presentábase con optimismo pero con moita cautela ao mesmo tempo.
E o partido tivo un só guión, os de Abegondo pechados atrás prácticamente no seu campo e un Maniños que necesitaba atopar a forma de "abrir o melón" pois os brancos non estiveron aao longo dos 90 minutos excesivamente inspirados sen xerar excesivas ocasións de gol (ningunha na primeira parte) e cos visitantes esperando unha contra, un fallo defensivo local ou quizais un balón parado para adiantarse no marcador e quen sabe se poder levarse os tres puntos en xogo.
Pedro nun intre do partido (Foto: SANDY LÓPEZ) |
E foi case no ecuador da segunda parte cando despois de que xa se os brancos merodearan a área visitante con algunhas ocasións desperdiciadas por falta de puntería ou malas decisións cando un dos defensas con máis gol da liga, David Vidal, anotou cun disparo raso ao aproveitar un despexe do meta visitante. De aí ao final co Crendes tentando o empate, apareceron as ocasións brancas e así Hugo no segundo pau tras un sensacional centro desde a banda dereita só tivo que empuxar o balón ao fondo das redes. Era o (2-0) que sentenciaba o partido e que permitía ao Maniños vivir con relativa tranquilidade o final e gozar dunha xusta vitoria.
Jose Ángel subindo o balón (Foto: SANDY LÓPEZ) |
Tres puntos que permiten despedir o 2023 cunha brillante terceira posición na táboa só superados por SD O Val e SDC Órdenes. Agora a gozar e desconectar nestas festas do Nadal e a partir do 2 de xaneiro a preparar o último da primeira volta en Laracha.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (22-23) DECEMBRO
XUVENILES (2ª FASE - X04): FC Ortigueira 3 - Cult. Maniños 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X10): Cultural Maniños 2 (David e Hugo) - Xuventude Crendes CF 0
(partido adiado do 5/11/23 por cerre das instalacións no Concello de Fene)
miércoles, 20 de diciembre de 2023
martes, 19 de diciembre de 2023
ADIANTADO AO XOVES 21 O PARTIDO DE XUVENÍS
O partido correspondente a xornada 4 de esta segunda fase ligueira a disputar este fin de semana do (22-23-24) de decembro e que enfrentaba aos nosos xuvenís a domicilio frente ao FC Ortigueira se xogará por acordo dos dous clubs este xoves 21 as 19:00 H. no Campo de San Claudio de Ortigueira.
Moita sorte equipo!!!
GO MANIÑOS
lunes, 18 de diciembre de 2023
TRIUNFO DE MERITO DO FEMININO EN CEE
O FILIAL SEN SORTE CAE POLA MÍNIMA NO POTE
Nada que reprocharse...
O MANIÑOS REENCÓNTRASE COA VICTORIA NO POTE
Terceira vitoria dos brancos en O Pote no que vai de tempada xa que desde a vitoria contra o Perlío o pasado 8 de outubro, tres derrotas consecutivas (Olímpico, Val e Boimorto) xunto ao partido suspendido ante o Crendes polo peche das instalacións, facía moi necesaria esta vitoria e por fin dous meses e 7 días despóis a visita da SD Valdoviño foi propicia para sumar tres novos puntos en casa.
O partido foi desde o comezo de total control branco que desde o asubío inicial fíxose dono do partido. Así as ocasións ían aparecendo e na primeira que tivo Pitu adiantaba aos locais. Pouco despois primeira polémica, gran xogada de Ángel que é culminada por Christian e é sinalada fóra de xogo polo auxiliar da bancada. A posición de Christian era legal aínda que o propio era que o propio Ángel finalizase a xogada. O partido seguía sendo un monólogo cun Valdoviño defendendo con orde esperando o seu momento. E cando o partido morría na súa primeira metade un balón sen perigo aparente é defendido por Gonza co corpo, un xogador do Valdoviño e o propio Gonza chocan na acción e en cámara lenta e sen haber ningunha petición de penalti por parte dos laranxa o Colexiado sinala penalti. Entre que se produciu a xogada e a sinalización pasaron máis de 5 segundos. Á parte do dubidosa da xogada, a irregular forma en que se sinalou o penalti encrespó á afección branca. Penalti transformado por Noel. Xa nunha das últimas xogadas da primeira parte córner a favor é tocado por un dianteiro laranxa golpeando nun defensor local entrando na meta de Mateo. Pouco despois o Colexiado pita o final da primeira parte cun incrible (1-2) visto o visto no terreo de xogo e cun ambiente moi quente pola pésima actuación arbitral que derivou entre outras cousas e a causa das protestas coa expulsión de Abraham.
O Maniños colleu folgos no descanso e na segunda metade tivo a efectividade e o acerto que faltou na primeira parte. Numerosas ocasións e moi bo xogo. Pronto puxo as táboas, xogada por banda esquerda de Miragaya que centra ao primeiro pau e alí cabecea Christian ao fondo das mallas. (2-2). Pouco despóis unha cesión ao porteiro este falla e supérao o balón, entrando na rede máis dun metro aínda que ante a sorpresa de todos os alí presentes o árbitro deixa seguir e menos mal que a auxiliar de banquillos corre ao medio do campo concedendo o gol. E "salvou" ao principal porque o erro do árbitro era "catedralicio". Na recta final un claro penalti a Álvaro (esta vez si acertou) transformado por Aitor e un gran disparo desde fóra da área puxo o definitivo (5-2) que reflicte acontecer en O Pote.
Por tanto merecida vitoria dos brancos ante un SD Valdoviño con varios ex nas súas filas como Jorge o Yerai Daza ao que se lle desexa toda a sorte no que resta de tempada.
A pesar de as 10 tarxetas amarelas (3 dobres amarelas con 3 expulsados) o partido foi noble e deportivo, incluso a lesión no minuto 2 de Javi Martínez cunha dobre fractura do tabique nasal foi unha xogada totalmente fortuíta. Moitos ánimos Javi !!!
Da arbitraxe do Sr. Julián Marcos Puget só dicir que os Clubs son bastantes máis serios que a imaxe dada por este señor durante o partido, absolutamente perdido e superado. Esperemos que o observador arbitral presente no partido tomase boa nota do nivel e criterio mostrado por este señor.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (15-16-17) DECEMBRO
INFANTILES (2ª FASE - J02): Cedeira "B" 0 - Cultural Maniños 3
CADETES (2ª FASE - J02): Cultural Maniños 2 - CD As Pontes "B" 1
XUVENILES (2ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - Cedeira, SD 4
FEMININO (J12): Unión Club Cee 3 - Cultural Maniños 4 (Andrea, Noe (2) e Lore)
VETERANOS (J11): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J14): Cultural Maniños 0 - Xuventud Cabanas 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J16): Cultural Maniños 5 (Pitu, Christian, pp, Aitor y Álvaro) - SD Valdoviño 2
miércoles, 13 de diciembre de 2023
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE ALIMENTOS
Como todos os anos o Club inicia a CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL en colaboración con CARITAS - FENE
A recollida será no Campo de Fútbol O Pote de Maniños.
Preferentemente ata o 19 de decembro (se recolle ata o sábado 23)
RÓGASE DIFUSIÓN E COLABORACIÓN.
GRAZAS
lunes, 11 de diciembre de 2023
AMARGA DERROTA DO FEMININO ANTE O LÍDER
Nada que reprochar ao equipo que o deu todo!
Intre do partido |
Falta recuperar o aprazado en Cee para acabar o ano.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
DERROTA DULCE DO FILIAL EN CARANZA
CLARA VICTORIA DOS MODESTOS NO CADAVAL
RESULTADOS FIN DE SEMANA (8-9-10) DECEMBRO
PREBENXAMINES (1ª FASE - J07): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
BENXAMINES (1ª FASE - J07): SRD Neda - Cultural Maniños (Xógase o martes 12)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J07): Cultural Maniños - CD Narón "B" (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J07): Cedeira, SD - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ª FASE - J01): Cultural Maniños 7 - SCRD Narón Freixo "B" 0
CADETES (2ª FASE - J01): Racing San Pedro 0 - Cultural Maniños 4
XUVENILES (2ª FASE - J02): SRD Portuarios 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (J13): Cultural Maniños 1 (Lucía Calvo) - SCD Pastoriza 2
VETERANOS (J11): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J13): Galicia Caranza 4 - Cultural Maniños 1 (Víctor)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J15): CD Narón 0 - Cultural Maniños 3 (Christian (2) e Miragaya)
jueves, 7 de diciembre de 2023
XA ESTAMOS EN CUARTOS DE FINAL DE COPA
CASTIGO EXCESIVO DEL FILIAL EN O CADAVAL
martes, 5 de diciembre de 2023
MÉRCORES 6, COPA E RECUPERACIÓN DO PARTIDO APRAZADO NO CADAVAL
Este mércores 6 o primeiro equipo máis o filial teñen dous importantes citas no Cadaval (Narón). Cronolóxicamente a axenda do día 6 queda así:
16:30 H.
Liga - Xornada 8
CD Narón "B" - Cultural Maniños "B"
(RECUPERACIÓN PARTIDO ADIADO POLO CERRE DAS INSTALACIÓNS - 5/11/23 - EN NARÓN)
19:30 H.
Copa - Octavos de Final
CD Narón - Cultural Maniños
Sorte a nosos equipos!!!
GO MANIÑOS
POR FIN CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA DO FILIAL
BALSÁMICA VICTORIA DOS VETERANOS EN SOBRADO
ADIADO O PARTIDO DO FEMININO
DERROTA POLA MÍNIMA ANTE O BOIMORTO
O Boimorto empezou mellor con control do partido pero sen xerar ocasións de gol. O Maniños foi de menos a máis pero tampouco foi quen de producir o suficiente como para xerar perigo na portería visitante. Foi unha xogada individual do mellor xogador do Boimorto, Iván García, que gañou a liña de fondo e que remachou en liña de gol Adrián Rial. O Maniños notou o gol pero foi capaz de aguantar e de no encaixar outro golpe que podía ser definitivo. O partido foise ao tempo de lecer co adverso (0-1).
A segunda parte foi máis nivelada, sen un claro dominador e sen claras ocasións de gol. Todo cambiou coa clara expulsión do meta visitante e de aí ata o final acoso infrutuoso local cun Boimorto moi metido atrás tentando superar o asedio con moito oficio e experiencia o cual logrou chegándose ao final do partido co coñecido (0-1).
Paso atrás dos brancos no seu afán de asentarse na zona media alta da táboa pero coa sensación dun equipo vivo e que vai dar moita guerra no que queda de competición. Sen tempo para lamentarse este mércores partido de Octavos de Final de Copa en O Cadaval ante o CD Narón en horario "Champións", 19.30 H.
A seguir traballando para cambiar a xeira de malos resultados.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
lunes, 4 de diciembre de 2023
RESULTADOS FIN DE SEMANA (1-2-3) DECEMBRO
PREBENXAMINES (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - AD Miño (2)
BENXAMINES (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J06): EF Irmandiños "B" - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - EF Irmandiños (1)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (-): DESCANSAN
XUVENILES (-): Cultural Maniños 0 - CMI Club Campo 2
FEMININO (J12): Unión Club Cee X - Cultural Maniños X (ADIADO POLAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS)
VETERANOS (J11): Atlético Sobrado Xuventude 2 - Cultural Maniños 4 (Mon, Ricardo e Mato (2))
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J12): Cultural Maniños 4 (Juanlu (2), Víctor e Aitor) - CF Estrella 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J14): Cultural Maniños 0 - Boimorto CF 1
miércoles, 29 de noviembre de 2023
lunes, 27 de noviembre de 2023
NOVA DERROTA DOS VETERANOS A DOMICILIO
CLARO TRIUNFO DO FEMININO ANTE A ED OS MIUDOS
Intre do partido disputado este domingo no Pote |
DERROTA NO DERBY DE FILIAIS
Victoria xusta dos verdes.
TRABALLADO EMPATE DOS MODESTOS EN CEDEIRA
Partido marcado por un só patrón, pelexa e intensidade de ambos os equipos cun Cedeira que empezou mellor tendo unha clara ocasión empezando o partido pero indo claramente de máis a menos coincidindo cun bajón físico e estar minguados de efectivos. O Maniños foi de menos a máis acabando o partido no terreo de xogo local con dúas ocasións meridianamente claras pero sen o resultado do gol, cun tiro de Pitu que golpeou nun defensa e unha última en que o balón se paseo pola raia de gol solucionando a xogada un xogador local.
Intre do Cedeira vs Maniños disputado no Beco |
En definitiva partido trabado e sen claras ocasións de gol polo que o empate pódese considerar xusto. Un punto que permite sumar 20 puntos consolidándose na zona media alta da táboa o que lle permite afrontar con optimismo a recta final desta primeira volta e a eliminatoria copeira a disputar o próximo día 6 de decembro en O Cadaval ante o CD Narón. De todas as maneiras a próxima cita será o vindeiro domingo onde visitará O Pote un dos mellores equipos da competición como é o Boimorto CF.
Bo punto equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (24-25-26) NOVEMBRO
PREBENXAMINES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - Numancia (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
BENXAMINES (1ª FASE - J03): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - CD Narón (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J03): Club de Campo "B" - Cultural Maniños (1) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (1ª FASE - J11): Cultural Maniños 1 - Eume "B" 2
XUVENILES (-): DESCANSAN
FEMININO (J11): Cultural Maniños 4 (Lucía Calvo, Pau e Tensi (2)) - ED Os Miudos 2
VETERANOS (J10): Mercurio, SD 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J11) Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos "B" 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J13) Cedeira, SD 0 - Cultural Maniños 0
viernes, 24 de noviembre de 2023
LEO RIVEIRA O NOVO SOCIO MÁIS XOVE DO CLUB
jueves, 23 de noviembre de 2023
lunes, 20 de noviembre de 2023
TRISTE DERROTA DO VETERANO EN ENCROBAS
UNHA MALA PRIMEIRA PARTE CONDENA AO FILIAL
O equipo está a adestrar ben e cada día con máis efectivos.
Temporada 23/24 - Cultural Maniños "B" (19/11/23) Gallamonde (Miño) Foto: Redes sociales AD Miño @_AD_MINO |
GO MANIÑOS
IMPORTANTE VICTORIA DO FEMININO EN LUGO
DERROTA DOS MODESTOS NO POTE
Sen entrar nun maior detalle os visitantes impuxeron o seu maior ritmo e intensidade sen grandes alardes futbolísticos. O Maniños non foi capaz de impoñer o seu xogo aínda que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento aínda que sen profundidade xerando moi poucas/pouas opcións de gol durante os 90 minutos. Os visitantes aproveitáronse dos erros ou idecisiones brancas para anotar os goles e levar con xustiza os tres puntos do feudo fenés.
A seguir traballando da mesma forma, non hai que apartarse nin un centímetro da liña marcada crendo no estilo e nas ideas establecidas. A levantarse e a pensar no seguinte partido o domingo en O Beco e ante o Cedeira, SD.
Sempre brancos !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (17-18-19) NOVEMBRO
PREBENXAMINES (1ª FASE - J05): Club Campo "B" Cultural Maniños (1)
BENXAMINES (1ª FASE - J05): Eume "C" - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J05): Cultural Maniños - SD Libunca (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J05): Racing Ferrol - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1ª FASE - J09): SDR Neda 13 - Cultural Maniños 0
CADETES (1ª FASE - J10): SD Ánimas "B" 1 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J09): Eume 6 - Cultural Maniños 0
FEMININO (J10): SCD Milagrosa 1 - Cultural Maniños 4 (Lore (3) e Cris)
VETERANOS (J09): Rodis FC 3 - Cultural Maniños 1 (Ricardo)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J10) AD Miño "B" 5 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J12) Cultural Maniños 0 - SD O Val 3
viernes, 17 de noviembre de 2023
lunes, 13 de noviembre de 2023
PASO ATRÁS DO VETERANO
intre do partido |