lunes, 3 de abril de 2023

EMPATE DO VETERANO ANTE O CAMBRE

Intenso o partido dos nosos veteranos ante o Cambre CF - Mesón O Dolmen que finalizou con empate (3-3) pero que facilmente se puido decantar para calquera dos lados polas ocasións marradas especialmente nos instantes finais nos que se converteu nun partido tolo.

Iván nunha acción do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Na primeira parte os brancos foron mellores con varias ocasións moi claras, a lembrar unha de
Roel e sobre todo unha falta directa executada por Marcos Sánchez e en ambas o meta visitante erixiuse como o "salvador" do seu equipo. Pero foi curiosamente ao revés, foron os visitantes os que se adiantaron no marcador ao aproveitar un disparo raso desde a frontal da área que pasou por de unha maraña de pernas impedindo a visión de Marcos e entrando mansamente na portería. A pesar de que o Maniños continúo co asedio ata o descanso  chegouse ao mesmo co coñecido (0-1) cos brancos un tanto frustrados porque o resultado non facía xustiza ao sucedido sobre o terreo de xogo. 

Rubén conducindo o balón
(Foto: Mercedes Lamas)

A segunda parte empezou da mellor maneira para os brancos pois un centro de Rober se envenenó, golpeando o poste inicialmente para finalmente entrando na portería visitante. Era o (1-1). Pouco despois unha falta dentro da área a un incisivo Mon foi transformada por Marcos Sánchez e poñendo por diante aos brancos. O partido parecía controlado cando os visitantes meteron un balón na área e nunha máis que posible falta a Iván que o árbitro no sinala, e o xogador do Cambre mete o corpo, leva o esférico e bate a bocaxarro a MarcosAí o Maniños se descentró un pouco pero de novo Mon pelexa un balón perdido, anticípase á defensa e bate ao meta visitante por arriba. Un golazo e (3-2) no marcador. Finalmente e cando o Maniños tiña que durmir o partido, perda no medio campo, contra que acaba nun bo centro e cabezazo ao fondo das redes. (3-3) e de aquí ao final un partido descontrolado no que ambos os equipos tiveron as súas opcións para levar o partido pero a forza de ser sinceros os de Cambre estiveron máis preto pois cada ataque seu daba a sensación de
que podía acabar no fondo das redes. (3-3) resultado final que ben puido ser outro por todo o devandito anteriormente.

Empate que rompe a refacho de dúas derrotas consecutivas aínda que o equipo segue sen coller ese punto que lle permita encadear vitorias pero polo menos non perder e ir recuperando xente e sensacións. Desexarlle ao Cambre CF moita sorte no que queda de tempada.

A seguir que aínda queda moita tempada e chegarán os resultados.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí