Triunfo do Cultural Maniños no partido disputado na tarde do domingo ante unha gran afluencia de afeccionados de ambos os equipos nun ambiente de gran deportividade e onde os brancos se fixeron xustos acredores á vitoria.
O partido empezou cun gol anulado para os locais nunha xogada moi discutida polos brancos que se vían por diante no marcador nos primeiros instantes do partido. Non foi así aínda que o Maniños seguiu tendo o control do partido aínda que o Caranza non lle perdeu a cara ao mesmo en ningún momento e aínda que os achegamentos máis perigosos foron locais, foron os ferroláns os que se adiantaron no marcador. Afortunadamente para os intereses feneses, os locais empataron pronto tras unha gran xogada individual de Marcos Piñeiro que colleu o balón en propio campo e a base de potencia e velocidade gañou a liña de fondo, pase cara atrás golpeando nun defensa visitante introducindo o balón en propia porta. Pouco despois Caio cun gran disparo desde fóra da área adiantou aos brancos facendo unha pouco xustiza co que estaba a suceder sobre o terreo de xogo. Con (2-1) chegouse ao tempo de descanso.
A segunda parte cambiou o guión, un Maniños con posesión de balón pero sen ambición suficiente para matar o partido e un Caranza demasiado conformista que non inquietou a portería de Marcos co que o partido foi queimando minutos sen nada reseñable finalizando o mesmo co coñecido (2-1).
Tres puntos importantes que permite aos brancos consolidarse na zona media alta da clasificación e coa moral moi alta para preparar o partido da próxima fin de semana ante o líder invicto e imbatido do Victoria CF na Grela.
Bo traballo equipo, seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí