lunes, 23 de septiembre de 2024

CAE POLA MÍNIMA O VETERANO EN PASTORIZA

Nova derrota do Cultural Maniños Veteráns, pero está vez por 4 a 3 no campo do Pastoriza, onde os de Jaime foron de novo incapaces de inaugurar o seu taboleiro de puntos, nun partido similar a vivido no Pote a pasada xornada.

Os brancos comezaron o partido mellor plantados que o rival, pero dous erros provocaron demasiado pronto sendos goles e un resultado seguramente máis abultado do merecido.2-0 e desazón no conxunto de Jaime.
 
Non foi ata o minuto 37, cando un bo roubo en defensa, acompañado dunha boa condución e un pase en profundidade para Ricardo, suporía o 2 a 1 que insuflaba aire nos pulmóns dos do Pote

Chegábamos o descanso con ideas e forzas renovadas, pero a ilusión durou pouco no barrio do Maniños, que xa no minuto 3 encaixaba o 3 a 1.

Momentos de desconcertó e certa desconexión dos brancos, que acusaban o golpe e sufrían para manterse en pé. Por si fora pouco, no minuto 63, outra xogada desafortunada acabaría con gol en propia porta e poría as cousas case imposibles para os veteráns, 4-1. Pero non naceu o Maniños para renderse e seguiu buscando, a pesar da abultada derrota, o gol que os achegase os puntos. Nun primeiro momento, e nunha boa xogada pola dereita, sería Javi Rico quen poría o soño máis preto no 80, para que despois fora Sergio quen puxera o 4-3 nunha cabezada impecable nun bo saque de esquina. 
Cando todo parecía indicar que o Maniños era capaz de todo, o árbitro pitou o final, unha mágoa.

Deberán correxir errores os do Pote, que a pesar de demostrar pegada, son incapaces sumar por segunda semana consecutiva. O domingo as 10 de mañana nova oportunidade para sumar os primeros tres puntos fronte o C.D. Ciudad.

GO MANIÑOS

(Por Javi Pedreiras)

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí