Tres puntos de moito valor foi o botín que se trouxo o Maniños do Campo da Grela coñecido na Coruña por "A Catedral" despóis de superar remontada incluída ao líder invicto e imbatido da categoría ata ese momento, o Vitoria CF, equipo recentemente descendido de Rexional Preferente e candidato número un da categoría.
Intre do partido na Catedral |
O partido empezou con dominio local e na primeira ocasión clara da que dispuxo, David Bandera, ex xogador do Racing de Ferrol aproveitou un centro que lle chegou desde a dereita segundo ataque dos locáis e desde a área pequena fusilou a Marcos. (1-0) e non ían nin 5 minutos de partido. Os brancos (este domingo rosas) encaixaron ben o gol e pronto puxo as táboas ao aproveitar un inspirado Pedro un gran pase de Julián tras un roubo de balón nas proximidades da área local. O Maniños empezábase a sentir cómodo e empezaba a controlar o partido e ter a posesión do balón. Así nunha presión na saída de balón dos locais rouba Santi que fai chegar o balón a Pedro que pon o (1-2). Mazazo para os locais que a maiores sufriron a lesión dun xogador e con un control do partido dos feneses sucedéronse dúas xogadas moi dubidosas que pudiron decidir o partido, un moi probable penalti a Pedro empuxado cando encaraba (escorado iso se) ao meta local e un fóra de xogo máis que dubidoso co auxiliar de la bancada mal colocado que levantou a bandeira cando de novo Pedro tras un gran pase de Caio presentábase de novo só ante o meta do Vitoria. Sen máis que sinalar e con moi boas sensacións para o Maniños o partido foise ao descanso co coñecido (1-2).
A segunda parte é fácil de describir, monopolio de balón local e un Maniños que ofreceu un recital de resistencia sendo sometido polos locais pero sen xerar ocasións de gol, salvo unha clara ao comezo deste 2º período e un cabezazo alto nas postrimerías do mesmo. Orde e traballo de todo o equipo permitiu finalmente sumar os tres puntos con sufrimento que é como mellor sabe. Victoria de equipo!!!
Se todas as vitorias son importantes esta ten un significado especial porque é ante un gran equipo e a domicilio o que pon en valor os tres puntos. Agora toca facelo bo coa visita do CD Marte na súa primeira visita da historia a O Pote.
Parabéns equipo !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www,futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí