martes, 3 de septiembre de 2024

OS VETERANOS APEADOS DA COPA NUN IGUALADO PARTIDO

Gran partido o disputado en O Pote na mañá de domingo entre Cultural Maniños e o SDC Teixeiro

O partido comezou igualado, o Teixeiro controlaba un pouco máis a pelota , pero o Maniños atopábase cómodo e saía con perigo cada vez que podía. Non foi ata minuto 30, cando un erro na saída de balón do Maniños, pillou á defensa descolocada e o Teixeiro foi capaz de combinar con acerto e marcar o primeiro. O Maniños non se amedrentou e pronto conseguiu empatar o partido nun gran centro desde a dereita de Mon que rematou con acerto Javi RicoIamos ao descanso con 1-1 e boas sensacións para o Maniños, que loitaba de ti a ti a un rival tres categorías superiores.

Comezaba a segunda parte cun Maniños descolocado e desorientado, que provocou varias accións de perigo do Teixeiro, que saíu a morder. Con todo, non foi ata que se atopou cunha falta moi dubidosa na frontal cando foi capaz de poñerse por diante; Golazo. Os brancos trataron de retomar o pulso ao partido e subiron a presión a 3/4 de campo, a presión parecía funcionar, pero creaba moito perigo cando o Teixeiro era capaz de sobrepasar esa primeira linea de presión do Maniños. Nunha desas xogadas o interior esquerdo do Teixeiro, realizou unha condución, podendo chegar á área onde os brancos víronse abocados a realizar penalti. A boa estirada de Walter, que mesmo chega a tocar o balón ,non puido evitar o gol. Nada ía afundir aos brancos, que lonxe de renderse, decidiron irse arriba sen descanso. Rondabamos o minuto 34 da segunda cando un balón en profundidade Javi Pedreiras a Javi Rico, converteríase no 2-3 cun bonito gol de vaselina. Seguía insistindo o Maniños en ataque e dispuxo de innumerables ocasións de poder igualar o partido; Mon, Deus, Michu ou Mato puideron empatar o partido pero non houbo sorte e o balón non regalou esa alegría aos brancos. Xa nas postrimerías do partido un balón longo, un cabezazo ás costas e unha carreira gañada polo Teixeiro puxo o 2-4 definitivo.

Bo partido de Maniños que loito cada balón e estivo sempre no partido, podendo mesmo chegarse a poñer por diante en varias ocasións. 

A seguir sumando!

GO MANIÑOS

(Por Javi Pedreiras)