Derrota dos brancos no primeiro partido da tempada, nun partido no que os ataques impuxéronse case sempre as defensas.
O partido comezaba cos veteráns acuados, incapaces de xerar unha saída de balón limpa.
Pronto foi o Hércules quen se puxo por diante no minuto 6 nun córner mal defendido. Seguiu sufrindo o Maniños, quen a pesar do dominio visitante foi quen de empatar o partido nunca xogada aislada na que Javi Rico marcou un golazo dende fora da área.
O empate non espabilou os brancos que dous minutos despois encaixaban o 1-2 noutro despiste do conxunto de Jaime.
O tanto espertou do soño, por fin, o equipo do Pote que disputou os seus mellores momentos de fútbol nos últimos 20 minutos da primeira parte, sendo capaz de empatar o partido e ser superior o rival, o que meteu no seu campo, mentras estes soamente eran soamente capaces de saír o ataque con balóns longos.
Foi nun penalti, con incertume pois houbo que repetilo, cando Ricardo empataría o partido.
A pesar do xogo nestes minutos, cada balón as costas da defensa non deixou nunca de supoñer un problema, que, co equipo en tromba, deixaba a defensa en un 1 para 1 perigoso.
Nun destes balóns longos, unha loita do dianteiro na que este se impuxo a línea defensiva, suporía o 2 a 3 que volvía a poñer por diante o Hércules.
Desánimo no Maniños, que a pesar do golpe tras golpe, seguiu intentando xerar perigo.
Foi tras unha boa combinación dende a dereita e un pase en profundidade para Javi Rico, quen de novo era quen de ganarlle as costas a defensa, cando o brancos marcaban outro novo empate.
Chegaba o descanso, 3 a 3 e certo desconcerto no equipo do Pote, que mostraba boas maneiras co balón, pero que non era capaz de contrarrestar os ataques do equipo rival, nos que case sempre saiu perdedor.
Comezaba una segunda parte mas igualada, e con menos ocasións, cun Maniños intentando ser protagonista, pero con menos ideas que no final da primeira parte, e un Hércules máis acuado e saíndo a contra con balóns longos; Os problemas continuaban no mesmo punto e os brancos sufrían cada acometida dos negro-amarelos.
Foi no 75, cando nun ataque dende a esquerda, o xogador do Hércules foi capaz de realizar un eslalon entre xogadores do Maniños, quenes foron incapaces de roubar un balón que se converteu no 3 a 4.
Trataron de repoñerse os locáis por cuarta vez, pero sen sorte, esta vez foi incapaz de concretar as moitas ocasións xeradas.
Nos derradeiros minutos, e xa volcado contra a portería visitante, nun despexe do Hércules, un rexeite poría o balón franco para o dianteiro negro-amarelo que non erraría fronte o porteiro.
Mal partido do Maniños, que foi incapaz durante todo o partido de defender as acometidas do Hércules. As boas sensacións con balón, quedaron totalmente opacas polas malas sen él e toca analizar e compensar o equipo para poder sumar canto antes.
GO MANIÑOS
(Por Javi Pedreiras)
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí