lunes, 16 de septiembre de 2024

VICTORIA DOS MODESTOS ANTE UN GRAN SPORTING CAMBRE

Gran partido o celebrado na tarde do domingo entre o noso equipo e o Sporting Cambre que despóis de sufrir ata o final a tempada pasada, na presente a súa versión é moi mellorada deixando moi boas sensacións a pesar de a súa derrota en O Pote

Empezaron os visitantes asoballando, cun ritmo altísimo onde os brancos sufrían porque non se atopaban no campo. Era claro que ese ritmo era prácticamente imposible de manter e cando parecía que a tormenta futbolística visitante estaba amainando, o seu xogador Loui anota un golazo desde aproximadamente 55-60 metros ao efectuar un golpeo plano que sorprende a Marcos que a pesar de que retrocede rapidamente non pode facer nada para evitalo. Felicitacións ao xogador do Sp. Cambre. O gol reactivou ao Maniños que foi de menos a máis e a partir de ese momento empezou a controlar o partido coa sorte de empatar rapidamente tras unha boa manobra de Caio na área pequena, Santi moi oportunista puxo as táboas no marcador. Pouco después un balón en profundidade de Agras a Santi este cédella a Pedro que nun un para un cun defensa, supérao e bate ao meta visitante cun disparo raso e cruzado. (2-1) antes da primeira media hora.

A segunda parte foi moi igualado aínda que con certo control do Maniños sobre o ritmo do partido. Ningún dos dous equipos dispuxo de numerosas ocasións de gol pero algunha e especialmente por parte local moi clara pero foi finalmente Ángel que aproveitou unha gran xogada combinativa entre Miragaya e Adri con pase deste ao 22 branco que bateu por baixo ao meta visitante. De aquí ao final o Maniños deixou pasar os minutos que xunto á expulsión dun xogador visitante fixo que os brancos non sufrisen demasiado finalizando o partido co coñecido (3-1).

Tres puntos importantes ante un bo equipo, moi mellorado con respecto á anterior tempada. O domingo novo partido en casa ante o Galicia de Caranza, outra boa pedra de toque ante o talentoso equipo ferrolán.

Bo traballo equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí