martes, 14 de marzo de 2023

VITORIA POLO MÍNIMA DO FILIAL PARA COMEZAR A 2ª FASE

Vitoria do filial para comezar a segunda fase que o levanta momentaneamente á terceira posición con 6 puntos, os tres pola vitoria deste domingo máis os tres que arrastraba da primeira fase.

O partido estivo moi igualado sobre todo na primeira parte con ocasións para ambos os bandos ben resoltas polas defensas e uns porteiros seguros e acertados como Arnoso e o ex Maniños, Andrés, chegándose ao final da primeira parte co inicial empate a cero. 

Na segunda parte o Maniños foi mellor chegando en varias ocasións con claridade á portería de Andrés que resolveu perfectamente ata que faltando 10 minutos, Cristofer dun disparo raso e cruzado abriu o marcador para poñer o definitivo (1-0). Nesta segunda parte a iniciativa foi branca e as chegadas tamén e onde o Capela defendeuse con orde buscando unha contra con Oli que non chegou. (1-0) final que fai xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

Como se dixo anteriormente tres puntos importantes que permite meterse de cheo na loita para clasificarse para a fase final deste torneo ligueiro de consolación da Delegación de Ferrolterra.

Desexarlle toda a sorte ao ADC A Capela nesta segunda fase e mandar un saúdo moi especial aos tres ex brancos que entraron en convocatoria como son Andrés, Oli e Carlos que non puido xogar por problemas físicos. A mellorarse Carlos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí