Partido marcado pola pésima arbitraxe o realizado na tarde do domingo no Municipal da Laracha con dous equipos cada un coas súas armas tentou levar os tres con absoluta deportividade e no que a persoa encargada de dirixir o partido encargouse de estragar cunha actuación absolutamente incomprensible tanto do como do seu axudantes pero sobre todo cunha actitude prepotente que en cada xesto e en cada sinalización que mostraba a todo o mundo o afortunados que eran os alí presentes porque unha persoa como o arbitrase este partido.
Cartel do partido en A Laracha |
O partido foi moi igualado, moi intenso cunha mellor posta en escena dos locais que tiveron varias ocasións de gol aproveitando as indecisións da defensa branca que a medida que se foi asentando o control foi maior a nivel defensivo e un medio do campo branco que lle custaba impoñerse. Abraham foi o mellor xogador branco desbaratando as chegadas locais e dando mostras de gran seguridade. A pena foi que á media hora e despois de atallar un balón por abaixo fíxose dano nas costas saíndo no seu lugar Mateo que tamén cumpriu perfectamente. O partido foise igualando a medida que o tempo ía pasando. O Maniños tentaba achegarse á portería do Laracha pero en todos os achegamentos, en todos, foille sinalado fóra de xogo. así que as súas opcións quedaron drasticamente reducidas a un disparo desde fóra que sorprendese ao meta local cousa que non sucedeu. Con (0-0) chegouse ao tempo de descanso.
Instante do partido en A Laracha |
Na segunda parte o partido foise inclinando aos poucos cara ao bando branco que foi gañando peso co balón e xa o Laracha non chegaba con claridade e isto foise acentuando co paso dos minutos cando ademais o físico empezaba a pasar factura aos verde e vermellos que pouco menos que deixaban descolgados 1-2 xogadores a ver se lles chegaba un balón para sorprender á defensa branca cousa que non sucedeu en ningún momento. O dominio branco foise acentuando pero todas as xogadas brancas eran sinaladas como foses de xogo, nunca houbo lei da vantaxe e deixáronse sen sinalizar caídas brancas cando o xogador encaraba a portería con vantaxe, neste caso con nome propio como é Pedro ao que só se lle parou a base de faltas que non se sinalaron. E sen poder achegarse en condicións á portería local finalizou o partido ante a desesperación e impotencia branca que sentía maltratado pola actuación arbitral.
Noutras ocasións púidose achacar á falta de acerto o non gañar un determinado partido, nesta ocasión ten nome e apelidos pero non só o principal senón os seus axudantes que non permitiron aos brancos tentar gañar. Minaron a súa moral e cargáronos de tarxetas (7 amarelas e unha vermella) e mesmo una delas sacouna a Rober sen mostrarlla fisicamente nin indicarlle de palabra que fora amoestado. Pero tal e como está montado o sistema non hai vía posible de queixa porque é basicamente perder o tempo.
Por certo o citado o "xefe" do partido leu a acta aos representantes dos dous equipos sen mirarlles á cara, non deu ningunha explicación ás preguntas expostas deuse medio volta e meteuse no vestiario. Boas formas e educación sempre por diante. Un exemplo para todos.
Desexarlle moita sorte a un histórico como o Laracha CF que que o seu nivel futbolístico non é para pasar apuros pero o fútbol ás veces esa si de caprichoso.
O Maniños agora afrontará dous partidos en casa que terá que tentar sacar adiante para facer bo este empate en Laracha. Empezamos polo vindeiro domingo xa ante a UD Carral un equipo que na primeira volta superou aos brancos por (4-1). Un bo reto sen dúbida...
Ninguén nos borrará o sorriso...
GO MANIÑOS
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí
Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí