Non foi un bo partido o das brancas este sábado tarde ante un Eiris, SD que ocupaba unha mellor posición clasificatoria posiblemente por ser un equipo máis feito, con máis pouso que o Maniños que non estivo cómodo nin fluído en ningún momento.
O femenino nun partido anterior |
Xa na segunda parte as brancas tentaron estirarse e foi nunha xogada na que un lanzamento de Laura Montero golpea a unha defensora coruñesa e alóxase no fondo das mallas poñendo o (1-1). Esta xogada coincide practicamente coa expulsión da xogadora Saray do Eirís situación que as brancas non souberon aproveitar. Nun erro defensivo as visitantes puxéronse por diante no marcador e aínda que o Maniños arriscou cunha defensa de tres en busca do empate contando cunha ocasión inmellorable en los pes de su goleadora Lore que desbaratou a meta visitante. Finalmente unha nova imprecisión foi aproveitada polo Eiris para sentenciar o partido co definitivo (1-3).
Vitoria por tanto do Eirís nun partido intenso e disputado e a pesar do que pareza polas numerosas tarxetas, deportivo pero sen rehuir o contacto.
Agora a preparar o seguinte partido que unha vez máis se xogará na Coruña nesta ocasión ante o Torre, SD equipo que na ida superou ás brancas polas mínima (0-1).
A seguir traballando!!!
GO MANIÑOS
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, pincha aquí