lunes, 27 de marzo de 2023

DERROTA EN PONTEDEUME QUE PROLONGA A DINÁMICA NEGATIVA

Os que están metidos no mundo do deporte e do fútbol en xeral falan das "dinámicas" como un concepto abstracto cando en realidade é un feito que fai que todo salga de fronte ou todo o contrario. O Maniños actualmente está na cruz da moeda, non saen as cousas, non sorrí a fortuna e se pasa algo sempre é negativo para os intereses brancos.

Saludo inicial na Gándara
(Foto: Tono Santos)

E é que a pesar de que os locais chegaran con máis claridade ás inmediacións de
Abraham cun disparo desde fóra da área e un remate de cabeza ao traveseiro, o partido parecía en certa medida controlado polos brancos (negros onte) ata que unha xogada por banda dereita segundo o ataque eumés aos 25 minutos é controlada e rematada ao fondo das redes por un xogador local ao bordo da área pequena. Sen case tempo de reaccionar xogada individual dun dianteiro do Eume que coloca o balón na escuadra de Abraham. Golazo e (2-0). Como quen di sen darse conta íase perdendo (2-0) e o equipo tentou chegar ao descanso sen recibir máis castigo no marcador demostrando personalidade e sufrindo para chegar ao tempo de lecer. Escasos achegamentos brancos que se atopaba incómodo e sen a súa habitual intensidade. (2-0) e os equipos aos vestiarios.

Pitu nun intre do partido
(Foto: Tono Santos)

Na segunda parte o Maniños foi de menos a máis ante un Eume que esperaba aproveitar algunha das opcións que se lle puidesen presentar. Pitu acurtou distancias cun certeiro cabezazo tras xogada de Ipi. parecía un punto de inflexión porque o Maniños gañou apromo e seguridade aínda que as súas opcións atacantes eran cortadas de raíz cos continuos foras de xogo sinalados polo asistente da zona de bancada. O partido decídese ao conceder un gol en clamoroso fóra de xogo, non do rematador, senón dun compañeiro que se o está e participa activamente na xogada. Erro non imputable ao árbitro senón ao asistente da zona de bancos. Sen dúbida, ningunha sorte esta tempada cos asistentes... Pablo Fuentes anotou o cuarto tanto de falta directa a Pablo que substituíra previamente a Abraham tocado nas costas. Finalmente Ipi acurtou distancias deixando o resultado nun (4-2) final que deixa ao Maniños cun sabor amargo porque cun pouco máis de acerto o partido podía ter outro desenlace.

Juanito na primeira parte do encontro
(Foto: Tono Santos)

Hai que seguir remando, concédese demasiado e iso soluciónase con máis e máis traballo. Nin antes eramos tan bos nin agora tan malos. Destacar o debut de
Pablo (como porteiro porque contra o Valdoviño fíxoo por necesidade de xogador), Jaime, Brais Sanjurjo e Rubi que cumpriron nos minutos que estiveron no terreo de xogo. 

A seguir traballando e crendo...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí