O pasado domingo o filial acudiu ao Campo da Veiga de Cabanas moi minguado de efectivos, problemas persoais, laborais e mesmo a chamada do primeiro equipo a varios xogadores para completar a súa convocatoria (Jaime, Brais e Rubi) fixeron que se fose con só 13 xogadores que coa baixa a maiores de última hora de Cavezza ao que desde aquí dámoslle moitos ánimos, fixo que aos 11 titulares sumáseselle un só suplente que non foi outro que o xuvenil Edu que xogara o seu partido o día anterior.
Grandes atalladas de Carlos para evitar a derrota |
Neste escenario pódese entender que a situación de entrada era complicada e preocupante. O partido en se tivo un heroe que non foi outro que o meta branco Carlos Arnoso que foi capaz de realizar algunhas paradas dignas doutra categoría. Carlos sen dúbida salvo un punto para os brancos. A isto hai que engadir un corte milagroso de Pablo Fernández noutra ocasión clara para os locais. Previamente o home gol branco, Cristofer adiantara aos brancos nunha gran xogada individual superando á ex meta del Maniños, el fenés Checho (vídeo).
Pódese dicir que o Maniños gañou un punto na Veiga e quizais o máis xusto polo empuxe e as ocasións fose unha vitoria local pero a gran actuación de Carlos evitou que isto sucedese.
Un punto máis e xa son 10 empatando a puntos co Moeche, próximo rival branco e a dous puntos do Eume "B" equipo que encabeza a táboa e ao que tocará enfrontarse na xornada de "Semana Santa".
Felicitar ao equipo polo seu gran traballo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www. futgal.es, preme aquí
Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí