Punto importante do feminino na súa visita aos Campos de La Torre para enfrontarse ao Torre, SD equipo que na primeira volta levou os tres puntos de O Pote.
O partido en se tivo connotacións negativas como a lesión de Noe ou a rigorosa expulsión de Lore nunha xogada que se descoñece a interpretación que lle puido dar o árbitro. O principio das brancas foi de dominio e ocasións que non se puideron aproveitar para pasar a encaixar o gol local. Antes do descanso Lore Saavedra (suma 20) puxo as táboas que a fin e ao cabo foron definitivas.
Na recta final tocou sufrir aparecendo a figura dunha Eva moi segura que desbaratou as ocasións locais agradecendo as brancas o asubío final teniendo en cuenta que case a media hora final o equipo estivo en inferioridade numérica pola citada expulsión de Lore.
Repartición de puntos que pode considerarse xusto e que permite ás brancas continuar na zona media da táboa e cumprindo obxectivos.
O vindeiro domingo visita O Pote o líder, Atlético San Pedro e haberá que deixarllo todo para poder facerlle fronte.
Bo traballo equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo en www.radiofusion,eu, preme aquí