Hai partidos en que o importante é gañar e o resto é secundario e é o que sucedeu na mañá do domingo e sobre todo se quen che visita é o líder invicto da Copa, o CD As Pontes que contaba os seus partidos por triunfos (5 de 5) e que mesmo superaran ás brancas nun partido de infausto lembra para o noso equipo cando o Maniños gañaba (0-1) faltando 5 minutos pero as pontesas aproveitando dúas accións a balón parado voltearon o marcador.
Olaya saleu no el equipo titular (Foto: Mará José López Piñeiro) |
Nesta ocasión e nun partido trabado e con pouco xogo, o Maniños foi capaz de aproveitar as súas opcións para superar ás azuis. A infantil Tensi adiantou ás locais cun tiro desde o bordo da área tras un saque de esquina para ao fío do descanso e aproveitando unha indecisión defensiva, as visitantes puxeron as táboas. E xa nunha segunda parte moi igualado e con pouco fútbol un erro da meta visitante tras un tiro de Noelita puxo o (2-1) que ao cabo foi o resultado definitivo en O Pote.
De un córner sacado por Laura chegou o primer gol do partido (Foto: Mará José López Piñeiro) |
Tres puntos de ouro que serven ás de Carlos e David para afianzarse entre os 4 primeiros clasificados que dá dereito a xogar as semifinais de Copa. Tamén serve para coller un pouco de confianza ante as dúbidas xurdidas porque os resultados non chegaban. A próxima semana partido transcendental para esas aspiracións visitando ao Discalzas no seu terreo de xogo de O Beco en Cedeira.
Parabén polos tres puntazos deste domingo!!!
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí