lunes, 31 de enero de 2022

EMPATE AGRIDOCE NUN FEO PARTIDO

Sen dúbida non foi un partido atractivo o disputado na tarde deste domingo no Municipal de Moeche nun partido que enfrontaba aos rapaces de Manel e Juanjo cun dos favoritos da competición como é o ADC Moeche ben dirixidos por Borja Mesa. O partido deixou algo en claro e é que ao equipo cústalle moito adaptarse aos terreos de xogo de herba natural (xa pasara o venres na Veiga de Cabanas) onde o equipo móstrase incómodo e pouco feito a este tipo de superficie.

O partido foi moi igualado, con moi poucas ocasións de gol para ningunha das dúas partes, con moito centrocampismo, pelexa, balóns aéreos e cun Moeche que facía perigo en todas as xogadas a balón parado, córneres e faltas laterais (de feito así chegou o empate). Pola súa banda o Maniños non foi capaz de facer o seu xogo combinativo e por tanto viuse limitado na faceta creativa xogando en exceso en longo o que facilitaba os labores defensivos dos locais.

Instante do partido en Moeche

E neste escenario de pouco fútbol polas dúas partes e coa sensación de que o partido se resolvía a través dun balón parado para os locais ou por unha contra illada visitante que nunca chegou, o Maniños adiantouse cun zurdazo de Casal que sorprendeu ao meta local. O Moeche tentou nivelar a contenda cun acoso á portería de Merino sobre todo na recta final do partido con numerosas xogadas a balón e practicamente na última xogada unha falta lateral evitable foi sacada ao primeiro pau e aí Juan López dun gran cabezazo puxo as táboas e fixo xustiza en relación ao sucedido no terreo de xogo. (1-1) final e repartición de puntos.

Agora hai que facer bo este empate (e o triunfo no aprazado en Cabanas) coa visita do líder da competición a UDC Narahío que será o vindeiro domingo á 12:00 H en O Pote. Partido transcendental para valorar as opcións reais do filial de meterse entre os tres primeiros que dan dereito a xogar a fase final polo título de liga.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel Freire en www.radiofusion.eu, preme aquí

GOLPE ENCIMA DA MESA DO MANIÑOS NA GÁNDARA

Presentábase o partido desta fin de semana como un reto para o Maniños, por unha banda o parte de baixas por diferentes motivos (Javi Miragaya, Rober, Pitu...), o feito de volver competir despois de dúas semanas de parón (Perlío por tema Covid e a xornada pasada por descanso por calendario), enfrontarse a un dos candidatos para meterse no grupo polo ascenso e xogar nun campo de referencia da comarca como é o natural da Gándara ante o cambio de escenario decidido polo equipo naronés.

Gran partido de Abraham na Gándara
(Foto: Tono Santos)

O partido foi un torrente de emocións, con continúas ocasións para ambos os lados, cun Narón que non estivo acertado nos metros finais con varias ocasións claras que entre a falta de puntería, o bo traballo defensivo, un moi acertado Abraham e os postes que tamén xogaron o seu papel. Pola súa banda o Maniños tamén tivo as súas, unha vaselina de Fugui que resolveu ben Marcos, un remate case de socato de Iago ou unha chegada de Anxo que non foi capaz de resolver. Partido moi aberto e que só a falta de acerto imposibilitou que se abrise o marcador porque de todos os resultados posibles o (0-0) era o que menos reflectía o que estaba a acontecer sobre o campo de herba natural da Gándara.

Dani Fuguillas anotou o segundo gol do Maniños
(Foto: Tono Santos)

A segunda empezou polos mesmos camiños, partido aberto cunha diferenza fundamental, moveuse o marcador e ademais desde moi pronto. Así Kevin Stiven aproveitando un balón solto no bordo da área pequena bateu a Abraham. (1-0) e o partido poñíase costa arriba para os brancos que reaccionaron rapidamente ao golpe recibido. Así nunha falta lateral o balón quedou ao bordo da área do Narón e alí Hugo con decisión levou o balón co peito e segundo quedoulle golpeouno coa esquerda coando o balón pola escuadra do meta local. (1-1) e o partido estaba como ao principio. O partido seguía o mesmo guion de toma e daca pero unha internada de Fuguillas pola banda esquerda, disparou a portería pero golpeou nun defensa que cambio a traxectoria do balón sorprendendo a Marcos e supoñendo o (1-2). A partir dese momento mobilización de combate do Narón que o tentou de todas as formas posibles e onde emerxeu a figura de Abraham que resolveu todas as situacións de gol. Pola súa banda o Maniños buscaba matar o partido con algunha contra dispoñendo o reaparecido Raúl con dúas ocasións ambas as resoltas polo meta naronés. Xa nos instantes finais e co Narón envorcado, rápida contra que chega a Adán que había substituído segundos antes a Rául con problemas físicos que a portería baleira firma o definitivo (1-3). 

Partido moi intenso en todo momento
(Foto: Tono Santos)

Grandísima vitoria do Maniños na Gándara, con máis eficacia que xogo pero que lle permite asentarse na cabeceira da táboa afastando un pouco ao CD Narón que sen dúbida demostrou o gran equipo que é. Agradecer á afección branca o seu incondicional apoio e iso que parte da afección acompañou ao filial en Moeche aínda que nestas terras o seguimento ao partido do modesto foi total. O único negativo, a lesión de Raúl que non está a ter ningunha sorte esta tempada ao que desexamos unha pronta e total recuperación e que teña claro que todo o equipo, club e afección están a esperalo cos brazos abertos. Raúl, non hai tormenta que logo non escampe...Moitos ánimos. 

O vindeiro domingo unha nova proba de lume, nesta ocasión coa visita do querido, respectado e intimamente ligado á historia do Maniños como é o Sporting Ciudad que visita O Pote como 5º clasificado. Prevense fortes emocións!!!

GRANDE EQUIPO!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

LFM colgó el resumen en vídeo del partido, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (28-29-30) XANEIRO

INFANTILES: SD Libunca  1 - Cultural Maniños 0
CADETES: Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 1
XUVENILES: Narón Freixo 3 - 
Cultural Maniños 5
FEMININO: Cultural Maniños 0 - Galicia Caranza 1
VETERANOS: SD Batallador 6 - Cultural Maniños 3 (Ricardo, Ramón e Diego)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (APLAZADO): Xuventud Cabanas 0 - Cultural Maniños "B" 2  (Álvaro (2))
AFICIONADOS - 2ª GALICIA: ADC Moeche 1 - Cultural Maniños "B" 1 (Iván Casal)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA: CD Narón 1 - Cultural Maniños 3 (Hugo, Dani Fuguillas e Adán) 

NOVA FOTO DE EQUIPOS DO CLUB

Cultural Maniños, SD - Tempada 2021/22 - VETERANOS
(22.01.22), Campo de O Pote
3ª DIV VET - Cultural Maniños - Hércules, SD
Arriba de esq. a der.: Morocho, Raúl, Víctor, Roel, Alex, 
Ramón, Fran Grueiro, Marcos, Miguel y Rober Moreda.
Abaixo de esq. a der.: David, Diego, Pichi, Nono, Pablo;
Ricardo, Ahitor y Roberto Bermejo.
(Foto: Mercedes Lamas)

GO MANIÑOS

EN RELACIÓN AO PARTIDO SUSPENDIDO DO FEMININO

Pasados uns días da suspensión do partido feminino, con Uxía estable e restablecéndose do golpe fortuíto recibido no transcurso do mesmo que motivo a suspensión, o Colexiado Saúl Díez escribiu no apartado 7 "partido suspendido", o seguinte:

"Se suspende el partido en el minuto 11 por lesión de la portera del equipo visitante Uxía Armenteros Bogo por un golpe en la cabeza por el cual acaba inconsciente y convulsionando en el terreno de juego durante 4 minutos, se avisa a la ambulancia para trasladar a la portera al hospital, la ambulancia tarda aproximadamente 15 mins. La jugadora sale en camilla consciente del terreno de juego, después de esto se habla con los dos equipos y se decide suspender el partido por el nerviosismo de las jugadoras e integrantes del equipo técnico de los dos equipos. La jugada se reanudara con falta al borde del área, en la esquina izquierda, a favor del equipo local en la portería contraria al vestuario del arbitro. El resultado en el momento de la suspensión era de 0-1 a favor del equipo visitante con gol de la jugadora numero 21 en el minuto 5. (Suspendido en el minuto 11)"

Resumindo entón, o partido renovarase no minuto 11 da primeira parte cunha falta na esquina esquerda do bordo da área e no momento da suspensión o resultado era de (0-1) con gol anotado por Tensi.

Postos en contacto as Directivas de ambos os Clubs barállase como data da continuación do mesmo a mañá do domingo 6 de febreiro nunha fin de semana elixida pola federación para recuperar partidos aprazados no seu momento por temas relacionados con casos Covid. Informarase en canto confírmese dunha maneira oficial a data.

martes, 25 de enero de 2022

OS VETERANOS SEGUEN PROGRESANDO

Os veteranos do Maniños seguen dando pasos adiante e da man de Morocho aos poucos van mellorando en todos os aspectos, físico por suposto debido a que a maioría dos xogadores viñan dunha prolongada inactividade e como equipo cunha gran melloría na colocación e no plan de partido.

Intre no que Ricardo abre o marcador ao tranformar
un penal (Foto: Mercedes Lamas)

O partido foi de clara cor local cunha primeira parte na que os brancos se adiantaron ao transformar un penalti por mediación de Ricardo para dobrar a vantaxe este mesmo xogador cunha gran vaselina ao porteiro nun balón nas inmediacións da liña de banda. Con (2-0) finalizou a primeira parte. A segunda o equipo subiu o nivel de xogo que acompañando un bajón físico dos visitantes posibilitou anotar catro goles máis por mediación de Pablo, Ricardo, que asinou un hat trick, Ramón e pechou a conta Pablo Roel.

Ocasión a balón parado na área visitante
(Foto: Mercedes Lamas)

Tres puntos que dan un subidón de moral ao bo grupo de veteranos que están a demostrar unha ilusión e un compromiso desmedido. O peor a lesión de Iván Feal que xunto a Luís Mella, Roberto Moreda e Ibán Prieto forman a "nómina" de lesionados do equipo. Moitos ánimos a todos!!!

O próximo partido será ante o Batallador da Coruña e aí verase se a progresión do equipo continúa pola boa senda.

GO MANIÑOS 

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

lunes, 24 de enero de 2022

SUSPENDIDO O PARTIDO DO FEMININO

Momentos de moita tensión vivíronse na tarde do sábado en O Beco cando nunha xogada moi habitual nun campo de fútbol como foi a disputa dunha balón dividido no que a dianteira chega ao balón antes que a porteira e prodúcese un encontrón que acendeu todas as alarmas. A porteira branca Uxía quedou inconsciente e as alarmas disparáronse pero a rápida actuación da xogadora local Pilar e unha doutora (Ana) que estaba a ver o partido posibilitou o poder estabilizar a Uxía, que tardou entre 4-5 minutos en reaccionar, ata a chegada da ambulancia que ante a seriedade da situación decidiu enviala á Residencia Arquitecto Marcide para facerlle unha exploración completa. Unha vez alí e tras realizarlle próbalas pertinentes e pasar a noite na Sala de Observación de Urxencias, puido trasladarse ao seu domicilio. Afortunadamente non houbo máis complicacións e todos os problemas foron consecuencia do forte impacto pero sen ningunha incidencia neurolóxica. Toca descansar para recuperarse perfectamente do episodio que afortunadamente quedou nun gran susto con final feliz.

Uxía Armenteros

Agradecer a todos os alí presentes o extraordinario comportamento e colaboración nestes complicados momentos empezando por todas as xogadoras do Discalzas, o seu adestrador Fran, a súa xogadora Pilar, enfermeira de profesión. Por suposto agradecer tamén a Ana, unha doutora presente entre o público que colaborou activamente na recuperación de Uxía. Ao árbitro Saúl Diéz por saber tamén xestionar a situación. Por último tamén agradecer as numerosas mostras de agarimo e interese de moitos Clubs que se puxeron en contacto coa directiva do Maniños para preguntar polo estado de saúde de Uxía así como o noso Delegado Federativo, Abraham Yáñez acompañando, apoiando e axudando desde o primeiro minuto ou o Vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, moi pendente da situación.

GRAZAS A TOD@S !!!

MOITOS ÁNIMOS UXÍA, EN NADA ESTÁS DE VOLTA!!!

RESULTADOS FIN DE SEMANA (21-22-23) XANEIRO

FEMININO: Discalzas, SD X - Cultural Maniños X (Adiado no minuto 11 pola lesión de unha xogadora)
VETERANOS: Cultural Maniños 6 (Ricardo (3), Pablo Casal, Ramón y Roel) - Hercules, SD 0

jueves, 20 de enero de 2022

DATA PARTIDO ADIADO DO FILIAL

Por acordo entre ambos os Clubs o partido aprazado o pasado 9 de xaneiro por incidencia Covid entre os equipos do Xuventud de Cabanas e o Cultural Maniños "B" xogarase o próximo venres 28 do presente mes de xaneiro ás 20:00 H no Campo da Veiga de Cabanas.

miércoles, 19 de enero de 2022

NOVAS FOTOS DE EQUIPOS DO CLUB


Cultural Maniños, SD - Tempada 2021/22 - FEMININO
O Pote, (9.01.22)
Arriba de esq. a der: David, Uxía, Lore, Laura, Sheila,
Cris, Jenny e Carlos.
Abaixo de esq. a der.: Noelia, Olaya, Lucía M, Tensi e Lucía
(Foto; Xanxe Corral)

Cultural Maniños, SD - Tempada 2021/22 - XUVENILES
Aneiros, (15.01.22)
Arriba de esq. a der.: Javi, Bruno,  Alex, Xoel, Ángel, Rubén, Brais e
Cristian.
Abaixo de esq. a der.: Iker, Castro, Anxo, Roi, Iván,
Yago y Aitor.
(Foto: Laura Feal)

GO MANIÑOS

DERROTA DOS VETERANOS EN CARNOEDO

Sen carga viñeron os veteranos do Campo da Grela de Carnoedo, instalacións que outro equipo do noso Club xa visitara anteriormente, concretamente os modestos en Primeira Rexional xa fai unhas cantas tempadas. Nesta ocasión foron os veteranos os que acudiron á zona de Sada para render visita a este clásico das Mariñas e que finalizou cun claro (6-2) para os locais, resultado moi avultado xa que en canto ao xogo moito máis equilibrado que o que o marcador sinala. 

Ramón anotou o primer gol branco e xa suma dous

Un partido que finalizou na súa primeira metade cun claro (4-1) e cunha segunda parte moito máis igualada anotando para os brancos Ramón e o meta local en propia porta nunha xogada subrealista ao querer botar un balón fose despois dun choque, se desubicó lanzando o balón á súa propia portería. O Maniños non saíu nada contento coa arbitraxe que castigou aos brancos con dous penaltis moi rigorosos. En definitiva vitoria xusta local pero cun resultado demasiado amplo.

Ahitor y Diego en en labores defensivas

O Maniños a seguir queimando etapas e tratar de mellorar o físico dos xogadores aínda que acabou o partido con varios tocados e con Mella lesionado que tivo que acudir ao Cardona a facer próbalas pertinentes. A mellorarse todos!!!

O vindeiro sábado 22 ás 17:00 H, partido en casa ante outro histórico das Mariñas como  é o Hércules SD de San Pedro de Nos (Oleiros).

GO MANIÑOS

martes, 18 de enero de 2022

FINAL DA PRIMEIRA FASE DO FÚTBOL BASE

O máis importante é chegar ao final da primeira fase sen partidos aprazados o que permite interpretar que dentro do que cabe "púidose eludir" en parte a praga do Covid. Isto é moito dicir porque hai que lembrar que durante o Nadal houbo que recuperar unha xornada completa de fútbol 8 por algún caso afortunadamente illado que obrigou á suspensión de ata 4 partidos.

Agora con esa Espada de Damocles encima e que cada vez afecta máis e máis de preto, terminouse a primeira fase, cada equipo irá para o seu grupo por nivel e tentarase competir ao máximo no que queda de tempada coa máxima prudencia posible. Esta semana próxima xogásense varios partidos doutros Clubs que quedaron pendentes para poñer ao día a competición.

O equipo xuvenil acabou a primeira fase con un
empate en Aneiros ante o Portu (4-4)
(Foto: Laura Feal)

En canto teñamos composición dos diferentes grupos e calendarios subirémolos a través do leste medio. 

GO MANIÑOS

lunes, 17 de enero de 2022

TRIUNFO DE MOITO VALOR DO FEMININO

Hai partidos en que o importante é gañar e o resto é secundario e é o que sucedeu na mañá do domingo e sobre todo se quen che visita é o líder invicto da Copa, o CD As Pontes que contaba os seus partidos por triunfos (5 de 5) e que mesmo superaran ás brancas nun partido de infausto lembra para o noso equipo cando o Maniños gañaba (0-1) faltando 5 minutos pero as pontesas aproveitando dúas accións a balón parado voltearon o marcador.

Olaya saleu no el equipo titular
(Foto: Mará José López Piñeiro)

Nesta ocasión e nun partido trabado e con pouco xogo, o Maniños foi capaz de aproveitar as súas opcións para superar ás azuis. A infantil Tensi adiantou ás locais cun tiro desde o bordo da área tras un saque de esquina para ao fío do descanso e aproveitando unha indecisión defensiva, as visitantes puxeron as táboas. E xa nunha segunda parte moi igualado e con pouco fútbol un erro da meta visitante tras un tiro de Noelita puxo o (2-1) que ao cabo foi o resultado definitivo en O Pote.


De un córner sacado por Laura chegou o primer gol do partido
(Foto: Mará José López Piñeiro)

Tres puntos de ouro que serven ás de Carlos e David para afianzarse entre os 4 primeiros clasificados que dá dereito a xogar as semifinais de Copa. Tamén serve para coller un pouco de confianza ante as dúbidas xurdidas porque os resultados non chegaban. A próxima semana partido transcendental para esas aspiracións visitando ao Discalzas no seu terreo de xogo de O Beco en Cedeira.

Parabén polos tres puntazos deste domingo!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

VITORIA ANTE O MONFERO NUN PARTIDO MOI TRABADO

Non foi nada fácil a vitoria dos brancos ante o Monfero CF que vendeu moi cara a súa derrota na matinal do domingo en O Pote. Os brancos levaban un mes sen competir desde a súa derrota en Os Calzados ente o ADC A Capela, ao non participar na Copa de Ferrolterra e aprazarse o partido por casos Covid o seu partido da semana ante o Xuventud de Cabanas. Así que o Maniños mostrou unha manifesta falta de ritmo e estivo moi espeso na circulación de balón o que facilitou os labores defensivos dos visitantes que doutra banda non inquietaron en ningún momento a portería local defendida nesta ocasión por Carlos Merino.

Mario pechou o marcador

O partido transcorría moi trabado sen grandes ocasións de gol e todo o perigo local era abortado pola defensa e o meta visitante Jorge que sen dúbida foi así como na ida, o mellor xogador do seu equipo. Non obstante as sensacións eran de que era cuestión de tempo e que en calquera momento abriríase o ferrollo e así foi cando o partido achegábase ao fío do descanso, Marcos puxo o (1-0) e con ese gol levou ao tempo de lecer.

A segunda parte moi trabada, con moi pouco ritmo, continuas interrupcións e moita falta no medio do campo o que impediu ao Maniños estar cómodo e aínda que a vitoria parecía non correr perigo, o partido podíase catalogar de feo con algunha ocasión illada por exemplo un lanzamento de falta de Alex Feal ao traveseiro así como outras opcións de Álvaro ou Berto ben resoltas polo meta visitante. Faltando un cuarto de hora, Alex Feal rematando unha gran xogada combinativa do equipo local puxo o (2-0) e xa na recta final Mario asinou o tanto que ao cabo foi o definitivo e co que finalizou o partido de (3-0).

Vitoria traballada e xusta do Maniños que debe mellorar moito en próximos partidos para poder engancharse aos postos de privilexio da clasificación. Agora toca seguir recuperando xente para a causa e que os adestradores dispoñan do maior número de efectivos posibles. Ao Monfero CF desexarlle moita sorte no que queda de tempada.

Seguimos na pelexa!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel Freire en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (14-15-16) XANEIRO

PREBENXAMINES: DESCANSARON
BENXAMINES: Racing San Pedro - Cultural Maniños (1)
ALEVIN "B": Cultural Maniños – SD Ánimas (2)
ALEVIN "A": Narón Freixo - Cultural Maniños (1)
INFANTILES: Cultural Maniños 3 – CMI Club de Campo 1
CADETES: Cultural Maniños 2 - Racing San Pedro 3
XUVENÍS: SD Portuarios 4 - Cultural Maniños 4
FEMININO: Cultural Maniños 2 (Tensi y Noe) - CD As Pontes 1
VETERANOS: Carnoedo Deportivo 6 - Cultural Maniños 2 (Ramón y propia puerta)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA: Cultural Maniños "B" 3 (Marcos, Alex Feal y Mario) – Monfero CF 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA:
Cultural Maniños X – CCRD Perlío (SUSPENDIDO POR CASOS COVID)

viernes, 14 de enero de 2022

SUSPENDIDO O DERBI FENÉS DE MODESTOS

Por desgraza unha vez máis casos de Covid obrigan á suspensión dun evento. Nesta ocasión tocoulle ao partido de modestos de Primeira Rexional entre o Cultural Maniños e o CCRD Perlío que se ía a disputar o vindeiro domingo 16 ás 16:30 H.

Desexando un rápida pero sobre todo total recuperación de todos os afectados.

Moitos ánimos!!!

miércoles, 12 de enero de 2022

AGRADECEMENTOS A COLABORADORES CO EQUIPO DE VETERANOS

A pasada fin de semana, o noso veterano estreou novos equipamentos grazas á gran xestión de Ahitor Regueiro ao que desde aquí quérese agradecer o seu labor. O Material consistiu en equipamentos de xogar, suadoiros de quecemento, petos e a maiores diferente material de adestramento.



Obviamente hai que facer un recoñecemento a todas a empresa colaboradoras as cales podedes coñecer un pouco máis simplemente picando encima dos seus nomes e levaravos ás súas respectivas páxinas web::

1. 2Ksystems Soluciones Informáticas
2. Origami Soluciones
3. Mi Espacio 3D
4. Tachibana Group
5. Smart40
6. Farmacia Serantes

Agradecer toda esta colaboración, tan necesaria e sobre todo coa que está a caer. E agora tócalle aos veteranos lucilas como se merecen!!! GRAZAS!!!

FILIAL ADIADO, FEMiNINO GAÑAN E VETERANOS PERDEN

FILIAL
Os rapaces de Manel e Juanjo non disputaron o seu partido na Veiga de Cabanas ante o titular do Xuventud de Cabanas ao ser aprazado pola RFGF ante a aparición de casos covid. Buscarase unha data para recuperar o partido tan pronto como isto sexa posible. Agora o importante son os afectados desexando unha total recuperación para todos eles. Ánimo !!!

FEMININO
Vitoria balsámica do feminino en crise de resultado que non de xogo xa que as súas boas actuacións e xogo alegre non correspondían coa puntuación nin a clasificación levantándose a un momentáneo terceiro posto empatados co ADC A Capela aínda que estas con un partido menos. Lembrar que nesta liguiña copeira clasifican os 4 primeiros para semifinais co que as opcións para as mozas de Carlos e David están intactas.

La cadete Lucía Montero en una acción del partido
anotó el cuarto gol del partido
(Foto: María José López Piñeiro)

Resaltar o debut no equipo con gol incluído da infantil Tensi xogadora criada futbolísticamente en Maniños desde a súa entrada no Club sendo biberón. Tamén anotou a cadete Lucía Montero que xa suma dous goles. Completaron a relación de goleadoras Lore e Noelia no (0-4) final.

Carlos Gómez en www.radiofusion.eu, preme aquí

VETERANOS

Derrota dos xogadores dirixidos por Morocho no Anexo de O Poboado ante un dos favoritos da categoría como é o CD As Pontes nunha tarde infernal no que os locais foron superiores e foron capaces de aproveitar os desacertos dos brancos en ambas as áreas.(6-0) reflicte o acontecido no anexo pontés.

Nada que obxectar á vitoria local para un Maniños que segue nun período de consolidación e recuperación de xogadores nesta primeira incursión na liga de veteranos. Como di o dito, "despacito e con boa letra..."

GO MANIÑOS

OS GOLES D0 MANIÑOS EN CARANZA

(1-1) ALEX GRUEIRO


(1-2) DAVID VIDAL


 GO MANIÑOS

martes, 11 de enero de 2022

AGONÍA E SUSPENSE CON FINAL FELIZ EN CARANZA

Os partidos Valdoviño - Maniños e viceversa parecen o guión dunha película de suspense das boas, das do mismísimo Hitchcock, cun desenlace imprevisible. Se na primeira volta os laranxas levaron o partido nos minutos finais do partido, este domingo cando ambos os equipos daban por bo o empate, na xogada final o partido decantouse para os brancos debido a que se sacou de centro e o colexiado sinalou o final da contenda.

Caste en pleno esforzo nun campo convertido
en unha piscina (Foto: Tono Santos)

O partido pódese dividir en dous partes ben diferenciadas, a primeira cun Valdoviño máis asentado no campo e que estivo mellor en liñas xerais. O partido foise igualando a medida que pasaban os minutos cun Maniños que se foi adaptando ás difíciles condicións do campo con moita auga sufrindo os efectos da abundante choiva que estaba a caer e que obrigou ao público para refuxiarse na parte alta da bancada do Campo de Caranza. Nun partido con algunha ocasión clara de ambos os equipo, especialmente un traveseiro do equipo local e cando se chegaba á recta final un claro pero innecesario penalti favorable ao Valdoviño foi transformado por Jacobo poñendo o (1-0) no marcador e facendo quizais xustiza ao que estaba a suceder no terreo de xogo. Tocaba remontar.

Momento en que Alex Grueiro anota el empate
(Foto:Tono Santos)

A segunda parte foi para o Maniños, sobre todo na recta final onde foron capaces de encadear varias accións claras de gol. Faltando un cuarto de hora, penalti por derriba a Anxo na área e o "profesor", Alex Grueiro bateu á ex meta branco Kevin. De aí ata as final ocasións claras dos brancos especialmente dous de Iago, a primeira cun canonazo ao traveseiro e na que parecía a última do partido despois de gañarlle a posición ao defensa e plantarse diante de Kevin non estivo acertado na definición resolvendo o meta local. Pero o Valdoviño cada vez que se achegaba ao área branca daba sensación de perigo aínda que a zaga e Abraham resolveron perfectamente as situacións comprometidas que se deron. E xa coa dúbida en ambos os equipos de ir ou non polo partido produciuse un último córner sacado por Fuguillas, extraordinaria prolongación no primeiro pau de Caste e entrando no segundo pau David Vidal cabeceou ao fondo das redes locais ante a alegría de xogadores e da afección branca que apoiou ao equipo ata o asubío final. (1-2) e o Colexiado pouco despois de sacar de centro deu por terminado o partido.

La alegría dun gol na última xogada do partido
(Foto: Tono Santos)

Tres puntos de ouro e gañados na última xogada do partido que sen dúbida deron un gran subidón á parroquia branca que viron a outra cara da moeda o día do Ural Español. Felicitar á SD Valdoviño pola súa traxectoria coas dificultades que están a padecer, sen campo propio polas interminables obras de Mourente, dando a cara sempre e demostrando que é un equipo moi complicado e difícil de bater polo que hai que recoñecer e poñer en valor o seu traballo en conxunto, xogadores, adestradores e o seu incombustible presidente Campos. Sorte no que queda de tempada!

Para o Maniños reafirmar a boa traxectoria ligueira e que lle permite chegar ao derbi fenés cheo de moral e ganas para afrontar un partido que as últimas 4 veces que ambos os equipos enfrontáronse foi en Os Pinares. Agora toca O Pote. Será o domingo ás 16:30 H esperando unha ampla presenza de afeccionados de amboslos equipos no que esperamos convértase nunha festa do fútbol fenés.


Grande EQUIPO!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

Jael Díaz en www.futbolferrol.es, preme aquí

lunes, 10 de enero de 2022

RESULTADOS FIN DE SEMANA (7-8-9) XANEIRO

PREBENXAMINES: SD Ánimas - Cultural Maniños (1)
BENXAMINES: Cultural Maniños - CD Narón (2)
ALEVIN "B": FC Ortigueira - Cultural Maniños (1)
ALEVIN "A": Cultural Maniños - Galicia Caranza "D" (2)
INFANTILES: Eume "B" 1 - Cultural Maniños 6
CADETES: Meirás CF 7 - Cultural Maniños 1
XUVENÍS:
Cultural Maniños 6 - Racing San Pedro 0
FEMININO: CD Rosalía 0 - Cultural Maniños 4 (Lore, Tensi, Noe e Lucía Montero) 
VETERANOS: CD As Pontes 6 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA: Xuventud Cabanas X - Cultural Maniños "B" X  (SUSPENDIDO POR CASOS COVID)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA: SD Valdoviño 1 - Cultural Maniños 2 (Alex Grueiro e David) 

miércoles, 5 de enero de 2022

HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA (7-8-9) ENERO

                    



SUSPENDIDO O PARTIDO DO FILIAL

A RFGF comunica oficialmente a suspensión do partido de Liga da Segunda Galicia entre o Xuventud de Cabanas e o Cultural Maniños "B" que en principio ía disputar o vindeiro domingo na Veiga de Cabanas como consecuencia duns casos positivos de Covid no cadro local.

Desde estas liñas mandar unha mensaxe de ánimo e apoio aos afectados esperando unha pronta e total recuperación.

Un abrazo á Familia de Xuventud de Cabanas!!! 

PRIMEIRO ONCE DO 2022

Empezou pronto a tempada para o Cultural Maniños polo partido copeiro de (1/16) Final ante o ADC A Capela en Os Calzados. O primeiro once do ano podémolo ver na foto.

Cultural Maniños, SD - Temporada 2021/22
Os Calzados (Capela) - (02.01.22)
(1/16) Copa Ferrolterra
Arriba de izq. a der.: Álvaro, Javi González,
David Penabad, Adán, Fabio y Caste.
Abajo de izq. a der.: Miragaya, Berto, José Angel,
Fuguillas y Grueiro.

GO MANIÑOS

martes, 4 de enero de 2022

SUPERADA A PRIMEIRA ELIMINATORIA DE COPA

O titular define exactamente o único importante neste partido xogado en Os Calzados ante o ADC A Capela, superar a eliminatoria e centrarse na liga xa que a seguinte eliminatoria copeira será o 17 de maio e evitar por todos os medios deixarse partidos aprazados polo camiño. Afortunadamente o factor sanitario acompañou e os dous equipos foron capaces de xuntar xente en condicións para poder levar a cabo o encontro tendo que lembrar que se suspenderon ata 10 partidos dos 12 programados.

Instante del partido en Os Calzados

O partido empezou ben para os brancos xa que no minuto 10, Javi Miragaya aproveitaba un bo balón desde a dereita posto por Berto e aínda que o remate foi pouco ortodoxo entrou na portería de Andrés. A pesar da vantaxe inicial os brancos non estaban cómodos no campo entrando un pouco no xogo dos locais, balóns en longo, xogo áereo, prolongacións e sacar partido dalgún balón parado e así co partido "durmido", o dianteiro local Raúl bateu a Adán cun disparo desde o bordo da área. O Maniños non reaccionou e o Capela seguiu coa súa estratexia que lle deu resultado ao aproveitar un balón en longo peiteado para que Anxo plantásese só diante de Adán ao que bateu irremisiblemente. Entre ambos os goles os locais tamén dispuxeron dun saque de esquina que golpeou no traveseiro. (2-1) A falta dun par de minutos para o descanso e aí se o Maniños reaccionou ben e inmediatamente, Caste puxo un balón en longo ao dianteiro Álvaro que ante a saída do meta local fíxolle unha vaselina asinando as táboas. Aínda tivo o Maniños o terceiro pero José Ángel disparou por encima do traveseiro. (2-2) e descanso.

Partido muy disputado en todo momento

Nada máis comezar a segunda parte un fallo defensivo local fixo chegar o balón a Álvaro que dun forte disparo bateu de novo a Andrés. (2-3) e a tratar de matar a partido cousa que non se logrou a pesar das ocasións de facelo especialmente por parte de Álvaro que non puido culminar a súa hat trick. Pero cando a presión dos locais parecía que ía a menos, unhas mans na área branca foron sinaladas como penalti pero o local Raúl non foi quen de transformalo e co desvanecíanse as opcións locais de empatar o partido. Quedaba un cuarto de hora e a pesar das numerosas ocasións brancas por mediación de Álvaro ou Miragaya non foi ata o último minuto que David Vidal rematou de cabeza absolutamente só poñendo o ao cabo definitivo (2-4)

Reaparecía Grueiro recuperado de su lesión

Triunfo xusto pero sufrido polas dificultades do rival e do campo onde o Maniños non sentiu cómodo. O importante foi ser capaz de sacar a eliminatoria e agora a esperar o gañador do  Narahío - CD Cariño para coñecer o rival en (1/8) de final. Desexar toda a sorte ao ADC A Capela no que queda de tempada e especialmente aos 4 ex Maniños que forman parte do persoal verdibranco como son Andrés e Alex Cabarcos e os ausentes neste partido Carlos e Oli. Polo Maniños destacar a presenza de tres xogadores do filial que foron titulares e raiaron a un gran nivel como Penabad, Berto e Álvaro, o retorno aos terreos de xogo de Alex Grueiro despois da súa lesión no xeonllo e o retorno de Javi González retornado a Ferrolterra despois da súa prolongada ausencia por motivos laborais.

Agora se a saúde respecta volta á rutina para preparar o partido ligueiro da próxima fin de semana ante a SD Valdoviño. Será o vindeiro domingo 9 a partir das 12:00 H en Caranza

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí 

Alfredo Fernández en www.radiofusion,eu, preme aquí

LFM Fútbol subió a youtube.com el vídeo del partido, preme aquí

Crónica do partido en fútbolferrol.es, preme aquí

sábado, 1 de enero de 2022

COMENZA A COPA ESTE DOMINGO 2 DE XANEIRO

Este domingo 2 de xaneiro comeza a Copa para o Cultural Maniños. Na eliminatoria de (1/16) de Final toca visitar Os Calzados para enfrontarse ao titular ADC A Capela. O partido empezará ás 16:00 H. Sorte equipo!!!
GO MANIÑOS