Sen carga viñeron os veteranos do Campo da Grela de Carnoedo, instalacións que outro equipo do noso Club xa visitara anteriormente, concretamente os modestos en Primeira Rexional xa fai unhas cantas tempadas. Nesta ocasión foron os veteranos os que acudiron á zona de Sada para render visita a este clásico das Mariñas e que finalizou cun claro (6-2) para os locais, resultado moi avultado xa que en canto ao xogo moito máis equilibrado que o que o marcador sinala.
Ramón anotou o primer gol branco e xa suma dous |
Un partido que finalizou na súa primeira metade cun claro (4-1) e cunha segunda parte moito máis igualada anotando para os brancos Ramón e o meta local en propia porta nunha xogada subrealista ao querer botar un balón fose despois dun choque, se desubicó lanzando o balón á súa propia portería. O Maniños non saíu nada contento coa arbitraxe que castigou aos brancos con dous penaltis moi rigorosos. En definitiva vitoria xusta local pero cun resultado demasiado amplo.
Ahitor y Diego en en labores defensivas |
O Maniños a seguir queimando etapas e tratar de mellorar o físico dos xogadores aínda que acabou o partido con varios tocados e con Mella lesionado que tivo que acudir ao Cardona a facer próbalas pertinentes. A mellorarse todos!!!
O vindeiro sábado 22 ás 17:00 H, partido en casa ante outro histórico das Mariñas como é o Hércules SD de San Pedro de Nos (Oleiros).
GO MANIÑOS