O máis importante é chegar ao final da primeira fase sen partidos aprazados o que permite interpretar que dentro do que cabe "púidose eludir" en parte a praga do Covid. Isto é moito dicir porque hai que lembrar que durante o Nadal houbo que recuperar unha xornada completa de fútbol 8 por algún caso afortunadamente illado que obrigou á suspensión de ata 4 partidos.
Agora con esa Espada de Damocles encima e que cada vez afecta máis e máis de preto, terminouse a primeira fase, cada equipo irá para o seu grupo por nivel e tentarase competir ao máximo no que queda de tempada coa máxima prudencia posible. Esta semana próxima xogásense varios partidos doutros Clubs que quedaron pendentes para poñer ao día a competición.
O equipo xuvenil acabou a primeira fase con un empate en Aneiros ante o Portu (4-4) (Foto: Laura Feal) |
En canto teñamos composición dos diferentes grupos e calendarios subirémolos a través do leste medio.
GO MANIÑOS