FILIAL
Os rapaces de Manel e Juanjo non disputaron o seu partido na Veiga de Cabanas ante o titular do Xuventud de Cabanas ao ser aprazado pola RFGF ante a aparición de casos covid. Buscarase unha data para recuperar o partido tan pronto como isto sexa posible. Agora o importante son os afectados desexando unha total recuperación para todos eles. Ánimo !!!
FEMININO
Vitoria balsámica do feminino en crise de resultado que non de xogo xa que as súas boas actuacións e xogo alegre non correspondían coa puntuación nin a clasificación levantándose a un momentáneo terceiro posto empatados co ADC A Capela aínda que estas con un partido menos. Lembrar que nesta liguiña copeira clasifican os 4 primeiros para semifinais co que as opcións para as mozas de Carlos e David están intactas.
La cadete Lucía Montero en una acción del partido anotó el cuarto gol del partido (Foto: María José López Piñeiro) |
Resaltar o debut no equipo con gol incluído da infantil Tensi xogadora criada futbolísticamente en Maniños desde a súa entrada no Club sendo biberón. Tamén anotou a cadete Lucía Montero que xa suma dous goles. Completaron a relación de goleadoras Lore e Noelia no (0-4) final.
Carlos Gómez en www.radiofusion.eu, preme aquí
VETERANOS
Derrota dos xogadores dirixidos por Morocho no Anexo de O Poboado ante un dos favoritos da categoría como é o CD As Pontes nunha tarde infernal no que os locais foron superiores e foron capaces de aproveitar os desacertos dos brancos en ambas as áreas.(6-0) reflicte o acontecido no anexo pontés.
Nada que obxectar á vitoria local para un Maniños que segue nun período de consolidación e recuperación de xogadores nesta primeira incursión na liga de veteranos. Como di o dito, "despacito e con boa letra..."
GO MANIÑOS