martes, 11 de enero de 2022

AGONÍA E SUSPENSE CON FINAL FELIZ EN CARANZA

Os partidos Valdoviño - Maniños e viceversa parecen o guión dunha película de suspense das boas, das do mismísimo Hitchcock, cun desenlace imprevisible. Se na primeira volta os laranxas levaron o partido nos minutos finais do partido, este domingo cando ambos os equipos daban por bo o empate, na xogada final o partido decantouse para os brancos debido a que se sacou de centro e o colexiado sinalou o final da contenda.

Caste en pleno esforzo nun campo convertido
en unha piscina (Foto: Tono Santos)

O partido pódese dividir en dous partes ben diferenciadas, a primeira cun Valdoviño máis asentado no campo e que estivo mellor en liñas xerais. O partido foise igualando a medida que pasaban os minutos cun Maniños que se foi adaptando ás difíciles condicións do campo con moita auga sufrindo os efectos da abundante choiva que estaba a caer e que obrigou ao público para refuxiarse na parte alta da bancada do Campo de Caranza. Nun partido con algunha ocasión clara de ambos os equipo, especialmente un traveseiro do equipo local e cando se chegaba á recta final un claro pero innecesario penalti favorable ao Valdoviño foi transformado por Jacobo poñendo o (1-0) no marcador e facendo quizais xustiza ao que estaba a suceder no terreo de xogo. Tocaba remontar.

Momento en que Alex Grueiro anota el empate
(Foto:Tono Santos)

A segunda parte foi para o Maniños, sobre todo na recta final onde foron capaces de encadear varias accións claras de gol. Faltando un cuarto de hora, penalti por derriba a Anxo na área e o "profesor", Alex Grueiro bateu á ex meta branco Kevin. De aí ata as final ocasións claras dos brancos especialmente dous de Iago, a primeira cun canonazo ao traveseiro e na que parecía a última do partido despois de gañarlle a posición ao defensa e plantarse diante de Kevin non estivo acertado na definición resolvendo o meta local. Pero o Valdoviño cada vez que se achegaba ao área branca daba sensación de perigo aínda que a zaga e Abraham resolveron perfectamente as situacións comprometidas que se deron. E xa coa dúbida en ambos os equipos de ir ou non polo partido produciuse un último córner sacado por Fuguillas, extraordinaria prolongación no primeiro pau de Caste e entrando no segundo pau David Vidal cabeceou ao fondo das redes locais ante a alegría de xogadores e da afección branca que apoiou ao equipo ata o asubío final. (1-2) e o Colexiado pouco despois de sacar de centro deu por terminado o partido.

La alegría dun gol na última xogada do partido
(Foto: Tono Santos)

Tres puntos de ouro e gañados na última xogada do partido que sen dúbida deron un gran subidón á parroquia branca que viron a outra cara da moeda o día do Ural Español. Felicitar á SD Valdoviño pola súa traxectoria coas dificultades que están a padecer, sen campo propio polas interminables obras de Mourente, dando a cara sempre e demostrando que é un equipo moi complicado e difícil de bater polo que hai que recoñecer e poñer en valor o seu traballo en conxunto, xogadores, adestradores e o seu incombustible presidente Campos. Sorte no que queda de tempada!

Para o Maniños reafirmar a boa traxectoria ligueira e que lle permite chegar ao derbi fenés cheo de moral e ganas para afrontar un partido que as últimas 4 veces que ambos os equipos enfrontáronse foi en Os Pinares. Agora toca O Pote. Será o domingo ás 16:30 H esperando unha ampla presenza de afeccionados de amboslos equipos no que esperamos convértase nunha festa do fútbol fenés.


Grande EQUIPO!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

Jael Díaz en www.futbolferrol.es, preme aquí