Había expectación de fronte ao partido que disputaron na tarde do domingo o primeiro e o terceiro clasificado da táboa que aínda que a estas alturas da tempada é algo meramente circunstancial non deixa de reflectir o bo comezo de tempada de ambolos equipos. E o certo é que o partido non defraudou a ninguén, partido de poder a poder e onde o empate fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.
Respetuoso minuto de silencio polos afectados pola Dana (Foto: Aithor Regueiro) |
O partido comezou cun Maniños dominador e que tivo un par de ocasións moi claras, unha de Gonza con gran resposta do meta visitante e outra clara de Miragaya de cabeza. O partido a partir de aí abriuse cun equilibrio grande de forzas. Unha ocasión clara dos visitantes que golpearon o traveseiro tras unha xogada confusa na área local deu lugar a un partido igualado e pelexado cada un coas súas armas, sen equipo dominador nin dominado, Tampouco grandes ocasións de gol pero con sensación de perigo de cada un dos equipos cando se achegaban ás áreas. Sen máis alteracións no marcador o partido foise ao descanso co marcador inicial.
Santi entrando na área visitante (Foto: Aithor Regueiro) |
A segunda parte moveuse nos mesmos parámetros, con menos chegadas claras por ningún dos dous equipos que parecía que asinaban o empate (0-0) inicial. Cando máis igualado estaba o partido un centro lateral á área branca, o dianteiro visitante comete unha clara falta sobre o defensor que o árbitro Iago Expósito non sinalou acabando a xogada co gol do Sporting Meicende. Fallo groseiro do Colexiado que iso si, non dubidou en sacar tarxeta amarela a un xogador local por reclamar a falta. Nada novo. Afortunadamente para os intereses brancos os cambios efectuados deron novos folgos e así un balón maxistral de Josiño chega a Christian que cun potente disparo supera ao meta visitante poñendo as táboas que ao cabo foi o resultado definitivo (1-1) co que finalizou o partido.
Intre do partido (Foto: Aithor Regueiro) |
Empate que deixa un sabor agridoce aos brancos que tentaron levarse os tres puntos ata o final, que se viron agraviados por un grave erro arbitral que custou un gol pero ao mesmo tempo foi capaz de recompoñerse e por enésima vez esta tempada tocou remontar aínda que finalmente a cousa quedou a medias. Con todo hai que recoñecer que é un punto de mérito ante un gran rival que sen dúbida e como xa demostrou a tempada pasada estará nos postos altos da táboa.
Agora toca facer bo o punto no seguinte partido visitando un campo histórico como é O Poboado para enfrontarse a todo un CD As Pontes, equipo de gran renome non só a nivel local senón de toda Galicia que chegou a disputar unha fase de ascenso a Segunda División A (a actual Liga Hypermotion). Partido de fortes emocións e onde habra que ir ao 100% para sacar algo positivo.
Confianza total neste equipo!!!
IMOS !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí