Vitoria do Maniños nun novo derbi de Ferrolterra neste caso ante o Numancia de Ares que viña en traxectoria ascendente como o demostraba o seu triunfo a xornada anterior ante o sempre difícil CCRD Perlío.
O partido empezouse a decantar moi rápido pois apenas no minuto 2 de partido un resbalón dun dos centrais do Numancia foi aproveitado polo cazagoles Christian (4 nos últimos 3 partidos) para adiantar aos brancos. O partido seguiu nunha dinámica de control branco con constantes achegamentos á portería de David De Navas que demostrou a súa calidade pero que non puido facer nada no minuto 33 cando Miragaya sacouse da chistera un gran disparo desde longa distancia que entrou pola escuadra do meta aresano. Pouco despois Christian aproveitou unha xogada de rebotes na área visitante ao aproveitar unha asistencia coa cara de Miguel Segura. (3-0) no minuto 35 e salvo hecatombe partido resolvido comoa si foi. Nesta primeira parte os achegamentos aresáns se resumian nas xogadas a balón parado ben resoltas pola defensa branca. (3-0) e os equipos a repoñer forzas.
A segunda parte foi máis fea, menos ocasións de gol e un partido moito máis trabado. O Numancia apenas inquietou a meta do debutante Mateo e por parte do Maniños, control e dominio da pelota pero con poucas xogadas de perigo real, deixando dalgunha maneira correr o tempo sen que pasase nada sobre o terreo de xogo faltándolle quizais un pouco de ambición dando por bo o coñecido xa da primeira parte (3-0).
Tres puntos para romper a "mala" dinámica resultado do empate ante o Meicende e a derrota nas Pontes e que permite aos brancos seguir enganchado aos postos de honra da clasificación. Próxima semana novo derbi, nesta ocasión coa visita a Pontedeume para enfrontarse a un dos "galiños" da competición como é o Eume Deportivo. Será o domingo á 17.00 H.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí