lunes, 25 de noviembre de 2024

ENORME VICTORIA DOS MODESTOS EN PONTEDEUME

Vitoria de prestixio do Maniños tras superar a domicilio ao Eume Deportivo, equipo recentemente descendido da Rexional Preferente e firme candidato a estar nunha das posicións de privilexio na presente tempada. Ademais e por enésima vez esta tempada toco remontar ao encaixar un gol na primeira xogada do partido pero como noutras ocasións o equipo tivo capacidade de reacción e efectividade para sumar os tres puntos. 

Intre do partido na Gándara de Pontedeume

O partido non puido empezar peor para os brancos ao encaixar o primeiro gol no primeiro saque de esquina dos locais. O gol ademais é sen dúbida un fallo defensivo porque o xogador local remata co pé ao bordo da área pequena. Instantes complicados para os brancos que sufriu o acoso local que cheirou sangue. Aos poucos o Maniños foise recuperando sacándose o dominio e empezando a controlar o xogo. O empate chegou pronto. Así nun balón en longo a Pedro, este forcejeó cun defensa e o balón chegou rexeitado ao bordo da área onde Christian coa zurda cun bo tiro bateu ao meta local por baixo. (1-1) e o partido volvía empezar. Antes deste lance o Eume sufría a expulsión dun xogador por unha dura entrada a un xogador branco. A partir deste intre bos minutos dos brancos con control do partido pero con ausencias de grandes ocasións, o Eume ben ordenado trataba de saír á contra. Neste escenario unha recuperación no medio campo, o balón chegou a Christian que viu como entraba Santi desde atrás, picadita por encima da defensa e o dianteiro branco plantábase diante do porteiro ao que superou por baixo. (1-2) e o máis difícil parecía feito. Con este resultado chegouse ao descanso. 

A segunda parte empezou cun Eume mellor, con máis iniciativa e as ideas máis claras onde non se notaba a inferioridade numérica. E pronto conseguiu o empate, xogada por banda dereita segundo o ataque local, o centro é despexado involuntariamente cara a portería por Rober poñendo as táboas de novo no marcador. De aquí en diante mellor o Eume nun partido sen control. Ocasións para ambos os lados sen acerto e moita sensación de perigo dos locáis especialmente cun tiro ao pau e algún balón que merodeó a área de Mateo. Na recta final e quizais froito do cansazo dos locais, o Maniños foi chegando á área local con algunha chegada moi clara como un tiro a bocaxarro de Pedro que resolveu o meta local cunha gran parada. Xa na recta final cun Maniños que cheirou a posibilidade de levarse os tres puntos, despóis doutra boa parada do meta do Eume a remate de Julián, o balón chegou a Agras que abriu en banda para Santi que gañou a liña de fondo e o seu centro foi rematado ao bordo da área pequena por Agras poñendo o (2-3). O Eume tentou o empate máis co corazón que coa cabeza sen éxito. Expulsión nese tempo de Gonza por chegar tarde a un balón ao bordo da área e golpear involuntariamente a un rival. Sen máis que comentar e despóis de 5 larguísimos minutos de desconto finalizou o partido co coñecido e favorable (2-3) para os brancos. 

Vitoria de moito mérito para o Maniños que se aupa ao primeiro posto da táboa nesta xornada 12 nun partido moi difícil e ante un gran rival que levou aos brancos ao límite. Agora toca facelo bo no seguinte partido en casa ante un rival novo e de moita calidade como é o Ural Español CF. Será o domingo 1 á 16.30 H.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí