lunes, 11 de noviembre de 2024

OS VETERANOS SEGUEN SEN RACHAR A MALA DINÁMICA

 Nunha tarde chuviosa no estadio de O Pote, o Maniños enfrontouse ao Sporting Coruñés nun encontro frío, onde os equipos contaxiáronse do tempo atmosférico.

O resultado final foi de 1-2 a favor do Sporting, nun partido con poucas ocasións, que supuxo unha nova derrota dos brancos. Os veteráns non son quen de sacar a cabeza a flote e cambiar a dinámica na que se atopan inmersos.



O Sporting Coruñés abriu o marcador no minuto 18, cando o equipo branquiazul foi quen de introducir a pelota na portería branca tras unha serie de rexeites. O gol veu con polémica, pois o primeiro tiro do Sporting tralo córner petou fortemente na cara dun xogador do Maniños, que quedou aturdido, a pesar delo o xogo continuou e no seguinte rexeite veu o gol.


O Maniños non se rendeu e tratou de igualar canto antes o marcador. Os esforzos deron os seus froitos no minuto 36, cando un balón solto entre a defensa e o porteiro do Sporting, provocou una forte presión de Casas e Ramón, esta tivo premio e supuxo o gol de Ramón que axustou un tiro ante o que nada poido facer o porteiro visitante.

A afección estalou de alegría, e o equipo sentiu que se revitalizaba, levando o partido a un emocionante empate antes do descanso.

A segunda metade comezou co intento de completar a remontada; Os do Pote foron donos de partido, pero a falta de profundidade penalizou demasiado y non foron quen de conseguir o gol que os puxera por diante.

Sen embargo foi o Sporting quen volveu tomar a dianteira no minuto 51, anotando o 1-2 tras unha falta lateral.  Demasiado castigo para os brancos.

A partir de ese momento, o equipo local volcouse ao ataque, buscando desesperadamente o gol do empate. A pesar de ter máis control do xogo e unha maior posesión do balón, o Maniños non logrou concretar as súas oportunidades

A mellor oportunidade tivoa Rubén, que tras unha internada dende a defensa e unha boa maniobra na frontal, puxo a proba as mans do porteiro visitante, pero este sacou o balón da mesma escadra. 

Aínda que o equipo amosou unha gran actitude e esforzo, a falta de puntería e a solidez defensiva do Sporting Coruñés fixéronse evidentes.

O pitido final deixou un sabor agridoce para o Maniños, que, a pesar de merecer polo menos un empate polo seu dominio no campo, quedou coas mans baleiras.

A afición aplaudiu o esforzo do seu equipo, que demostrou que, a pesar da derrota, hai motivos para seguir crendo nun futuro prometedor. Sen dúbida, este partido será un impulso para seguir traballando e mellorar nos próximos encontros.

GO MANIÑOS!


A FRASE DO DÍA:

Non importa cantos erros cometas ou o lento que sexa o teu progreso, aínda estás moi por diante de quen non o tentan. (Tony Robbins)


Por Javi Pedreiras

Para consultar a acta do partido prema aquí