Golpe de realidade para o Maniños que non se atopou cómodo en ningún momento en O Poboado nunha visita esquecida a este estadio xa que a gran traxectoria do equipo das Pontes imposibilitou enfrontamentos ao non coincidir en Liga e non darse emparellamentos copeiros. O Poboado, un escenario histórico cun campo de herba natural nunhas condicións óptimas para a práctica do fútbol pero onde o Maniños non foi capaz de atoparse sufrindo unha derrota quizáis inesperada pero xusta tal e como foi o partido.
Intre do partido no Poboado |
A primeira parte foi igualada, de poder a poder con ocasións para ambolos equipos e cun maior control do partido do feneses pero foron os locais os que chegaron con máis perigo sen acerto no remate. O campo estaba rápidísimo e víase que isto se podía romper en calquera momento pero se chegou ao descanso co (0-0) inicial.
Foi unha presión na saída do balón cando os locais recuperaron un balón e o mugardés Herba puxo o (1-0), un gol que foi un golpe moi duro para o Maniños que tentou reaccionar pero pouco despois un balón golpeou na man dun defensor visitante e o Colexiado sinalou o penalti que transformou de novo Herba. Con este resultado o Maniños foise cara adiante e así Christian dun gran cabezazo nunha xogada a balón parado recortou as distancias e con 20 minutos por diante. Pero o gozo nun pozo, unha nova indecisión defensiva e de novo os locais anotaron por mediación de Saúl. Parecía o partido sentenciado pero de novo Pedro acurta distancias con outro cabezazo a pelota parada. De novo no partido e con opcións de polo menos sacar un punto pero de novo unha nova indecisión que foi aproveitada por Alexandre para o equipo local e marcar o cuarto e definitivo gol sentenciando desta vez finalizando o partido co coñecido (4-2).
Toca pasar páxina, aprender dos erros e tirar cara adiante. Domingo visita O Pote o Numancia nun novo partido de rivalidade e hai que recuperar a boa senda e romper a dinámica na que está metida o equipo e da que hai que saír xa.
Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí