viernes, 12 de julio de 2024

NOELIA LEIRAS NOVA ADESTRADORA DO EQUIPO FEMININO

Pablo Iñiguez e Noe Leiras
Noelia Leiras Sanjurjo (Noe) será a adestradora do equipo feminino do Cultural Maniños que por segunda tempada consecutiva competirá na Segunda División Galega, e que virá cubrir a baixa de Juanjo Cebolo que como xa se confirmou nunha entrada anterior abandona a disciplina branca.

Noe que ao acabar a pasada tempada 2023/24 colgou as botas xa atesoura experiencia nos bancos pois adestrou ao equipo da Liga Promesas do SDCR Narón O Freixo e ao senior do Racing Club Ferrol ambos na modalidade de Fútbol 8. En Fútbol 11 formou parte do Corpo Técnico na base do Eume Deportivo

Esperando a confirmación do seu axudante no banco branco, tamén formará parte do mesmo e como Delegado do equipo outro home da casa como é Pablo Iñiguez (Pablo) que se incorpora ao grupo de traballo que guiará ao persoal branco o próximo curso. Moito traballo por diante...

Moita sorte nesta nova etapa !!!

UN PRACER SEGUIR CONTANDO CONVOSCO EN MANIÑOS

GO MANIÑOS