Juanjo Cebolo |
Aparte da traxectoria deportiva hai que destacar a súa faceta persoal, deixando pegada na Familia branca pola súa calidade humana, simpatía e optimismo. Agora coa conclusión da tempada 2023/24 di basta e abandona os bancos aínda que cremos que será de maneira provisional porque lle gusta demasiado o fútbol como para deixalo definitivamente.
Grazas Juanjo por estes anos defendendo o noso escudo (2019-2024) esperando seguir véndonos polos campos para manter viva a chama da amizade coa que nos obsequiaches nestes anos.
Non podemos nen queremos esquecer a figura de Ángela Seoane como Delegada do noso equipo feminino con a súa tranquilidade e eficacia aplicando sempre o sentido común a todas as situacións que se lle plantexaban nun partido. Moi grande!!! Grazas por todo!!!
Moita sorte no futuro!!!
Maniños sempre será a vosa casa!!!