martes, 2 de julio de 2024

MARCOS PIÑEIRO, NOVO INQUILINO NA BANDA ESQUERDA BRANCA

Marcos Piñeiro
Marcos Piñeiro Soto (Marcos Piñeiro) é o novo inquilino para a banda esquerda branca. Nado en Neda no 2005 chega ao Cultural Maniños na que será a súa primeira tempada de modestos tras acabar o seu ciclo xuvenil no Racing Club Ferrol que competiu esta tempada en Liga Nacional pelexando ata o final, sen éxito, polo ascenso a División de Honra.

Marcos entrou en categoría de biberóns na SDR Neda onde desenvolveu toda a súa traxectoria futbolística subindo polas diferentes categorías de base do club ata no seu segundo ano de xuvenís onde cambiou de aires asinando polo Racing de Ferrol "B" que competía en Liga Galega e que estaba dirixido polo ex adestrador branco Manel Freire que durante varias tempadas dirixiu ao xuvenil e ao filial do Maniños. Ao acabar esta tempada, ascenso ao primeiro equipo xuvenil do Racing as órdenes de Nacho García onde como se comentou anteriormente competiu en Liga Nacional onde xogou 18 partidos. Ao finalizar a tempada súmase ao Cultural Maniños para competir na esixente Primeira Galicia.

Xogador de banda, rápido, potente e con chegada, fichado inicialmente para xogar en posicións máis adiantadas en ambas as bandas, foi Manel Freire quen o situou en posicións de banda máis defensivas e onde Marcos se atopo cómodo xogando. Por tanto un bo reforzo para a banda esquerda cunha certa polivalencia pero reconvertido nun lateral esquerdo ao uso con bo recorrido.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS