miércoles, 10 de julio de 2024

MARCOS AMADO NOVO GARDIÁN DA PORTERÍA BRANCA

Marcos Amado

Marcos Amado Pereira (Marcos) convértese en novo reforzo do plantel branca e vén cubrir unha baixa tan importante como é a de Abraham Santos, toda unha institución en O Pote que como xa sabemos ao finalizar a pasada tempada colgou as botas. Marcos vén a completar a portería branca que xunto a Mateo e Xabi queda perfectamente cuberta. 

Marcos, ferrolán de 23 anos, comezou de moi pequeno na canteira do Racing Club Ferrol onde permaneceu 13 anos (desde os 3 ata os 16 anos) onde foi pasando polas diferentes categorías do Club con ascensos incluídos a Liga Galega en infantís e cadetes. Acabada a súa etapa de cadetes e co seu paso a xuvenís, cambio de equipo sendo Sinde a súa seguinte parada onde xoga 3 tempadas defendendo ás cores da SD O Val, sempre en Liga Galega ascendendo na súa terceira e última tempada a Liga Nacional que non puido disfrutar.

Ascenso a modestos na tempada 2019/20 permanecendo ata a tempada 2023/24 (pandemia polo medio) sendo neste último curso onde a entidade de Sinde firma unha tempada histórica sendo Campión de Liga e Copa de Ferrolterra co añadido do ascenso a Rexional Preferente. Máis de 120 partidos defendendo a elástica da SD O Val. Case nada !!! Agora incorpórase ao Cultural Maniños para competir na sempre esixente Primeira Galicia.

Marcos, é un porteiro que coñece de sobras a categoría e que destaca polos seus reflexos, velocidade baixo paus, explosividade e gran golpeo de balón que engadirá calidade e competencia á portería branca que loxicamente traerá consecuencias positivas ao equipo.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS