jueves, 4 de julio de 2024

SANTI DÍAZ, GOL E INTENSIDAD PARA A DIANTEIRA BRANCA

Santi Díaz
Santiago Díaz González (Santi) convértese nun novo referente ofensivo para acompañar e aumentar a competitividade entre o resto de puntas brancos que a bon seguro xerará en beneficio do equipo. Nado en Cabanas en 2005 afrontará do mesmo xeito que o seu compañeiro no SDCR Narón O Freixo, Julián e de Marcos Piñeiro a súa primeira experiencia en modestos.

Comenzóu a xogar a fútbol na EF Cabanas para pasar ao Galicia de Mugardos onde en categoría alevín coincidiu co actual adestrador de modestos do Maniños, Adrián. O Racing Club de Ferrol foi a súa seguinte etapa en categoría infantil para dar o salto en cadetes a unha das canteiras máis prestixiosas de Galicia como é a do RC Deportivo da Coruña, o primeiro ano nas filas do vinculado San Tirso CF para na segunda tempada formar parte do propio Depor co que se proclamou Campión de Liga de División de Honra. De novo volta ao Racing de Ferrol onde xogou dúas tempadas no seu equipo xuvenil para este último curso formar parte do SDCR Narón O Freixo no que alternou o equipo xuvenil co que se proclamou Campión de Liga con ascenso a Liga Provincial e o senior co conseguiu a permanecia en 2.ª Galicia.

Aínda que é un xogador polivalente na banda onde pode ocupar varias posicións é dianteiro onde realizou as súas mellores prestacións sendo un xogador moi intenso non exento de gol polo que falamos dun xogador que pode achegar moito ao equipo. Non temos ningunha dúbida ao respecto.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

SANTI, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS

JULIÁN PARDO CREATIVIDAD AO SERVIZO DO MANIÑOS

Julián Pardo
Julián Pardo García (Julián) convértese nunha nova incorporación para o primeiro equipo do Cultural Maniños para a próxima tempada. Nado en Ferrol no 2005 afrontará en O Pote a súa primeira tempada de modestos.

Formado nas categorías inferiores do Racing Club Ferrol foi subindo polas diferentes categorías da entidade verde, gañando Ligas e Copas en F8 xa en F11 competindo en ligas Galegas e Nacionáis.

Despois dunha primeira tempada de xuvenís no Racing, cambio de equipo pasando a defender as cores da SDCR Narón O Freixo xogando a práctica totalidade dos partidos sendo Campión de Copa de Ferrolterra na tempada 2022/23 e gañando a liga a presente tempada con ascenso á recentemente creada Liga Provincial perdendo o ascenso a Liga Galega nun mal día en Ríoseco ante o Marino de Mera. E Agora e unha vez pechada a etapa formativa como xe dixo antes, súmase ao Cultural Maniños da Primeira Galicia.

Xogador capaz de xogar en varias posicións é na media punta onde sente máis cómodo aínda que pode tamén ocupar posicións de interior no medio do campo. Xogador intelixente con personalidade e creativo fai do un perfil moi interesante para sumar a plantilla branca para ser máis competitiva ante a esixente tempada que se presenta.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

JULIÁN, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS

JUANJO CEBOLO PECHA A SÚA ETAPA EN MANIÑOS

Juanjo Cebolo
Juanjo Iñiguez "Cebolo" ao finalizar a tempada 2023/24 deu por terminado a súa etapa en Maniños. Chegou na tempada 2019/20 da man do seu gran amigo Manel Freire para formar parte do corpo técnico do xuvenil branco así como do ACRD O Pote compaxinándoo co cadete do Racing San Pedro, posteriormente, pandemia por medio, dirixiu varias categorías do club tanto en tandem con Manel como en solitario, xuvenís, cadetes, infantís e xa as dúas últimas tempadas no feminino onde fixo un gran traballo, en primeiro lugar liderando o paso do F8 ao F11 con ascenso incluído á 2ª División Galega tras unha emocionante eliminatoria frente ao Eiris, SD e na presente tempada cunha cómoda permanencia.

Aparte da traxectoria deportiva hai que destacar a súa faceta persoal, deixando pegada na Familia branca pola súa calidade humana, simpatía e optimismo. Agora coa conclusión da tempada 2023/24 di basta e abandona os bancos aínda que cremos que será de maneira provisional porque lle gusta demasiado o fútbol como para deixalo definitivamente. 

Grazas Juanjo por estes anos defendendo o noso escudo (2019-2024) esperando seguir véndonos polos campos para manter viva a chama da amizade coa que nos obsequiaches nestes anos. 

Non podemos nen queremos esquecer a figura de Ángela Seoane como Delegada do noso equipo feminino con a súa tranquilidade e eficacia aplicando sempre o sentido común a todas as situacións que se lle plantexaban nun partido. Moi grande!!! Grazas por todo!!!

Moita sorte no futuro!!!

Maniños sempre será a vosa casa!!!

martes, 2 de julio de 2024

MARCOS PIÑEIRO, NOVO INQUILINO NA BANDA ESQUERDA BRANCA

Marcos Piñeiro
Marcos Piñeiro Soto (Marcos Piñeiro) é o novo inquilino para a banda esquerda branca. Nado en Neda no 2005 chega ao Cultural Maniños na que será a súa primeira tempada de modestos tras acabar o seu ciclo xuvenil no Racing Club Ferrol que competiu esta tempada en Liga Nacional pelexando ata o final, sen éxito, polo ascenso a División de Honra.

Marcos entrou en categoría de biberóns na SDR Neda onde desenvolveu toda a súa traxectoria futbolística subindo polas diferentes categorías de base do club ata no seu segundo ano de xuvenís onde cambiou de aires asinando polo Racing de Ferrol "B" que competía en Liga Galega e que estaba dirixido polo ex adestrador branco Manel Freire que durante varias tempadas dirixiu ao xuvenil e ao filial do Maniños. Ao acabar esta tempada, ascenso ao primeiro equipo xuvenil do Racing as órdenes de Nacho García onde como se comentou anteriormente competiu en Liga Nacional onde xogou 18 partidos. Ao finalizar a tempada súmase ao Cultural Maniños para competir na esixente Primeira Galicia.

Xogador de banda, rápido, potente e con chegada, fichado inicialmente para xogar en posicións máis adiantadas en ambas as bandas, foi Manel Freire quen o situou en posicións de banda máis defensivas e onde Marcos se atopo cómodo xogando. Por tanto un bo reforzo para a banda esquerda cunha certa polivalencia pero reconvertido nun lateral esquerdo ao uso con bo recorrido.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS

ABRAHAM SANTOS, RETIRASE UN DOS GRANDES DE FERROLTERRA

Abraham, un dos nosos!!!
Non sempre se poden publicar novas do noso agrado pois Abraham Santos Martín (Abraham) despois dunha longa traxectoria decidiu ao finalizar a tempada que rematou oficialmente o pasado 30 de xuño colgar as botas polo menos con respecto ao fútbol afeccionado.

E é sen dúbida un orgullo que o último Club que defendeu fóra o noso. Abraham chegou ao Maniños procdente do Atlético Coruña Montañeros no comezo da tempada 2018/19 (pincha aquí) da man de Pablo Mesa para cubrir a baixa de Iñaki Paz que fichaba polo Galicia de Mugardos e como se presumía foi un recambio de primeiro nivel como xogador e como persoa. Desde aquel entón e ata esta tempada bos anos cun amargo descenso, volta a primeira coa histórica tempada do subcampeonato de liga e copa 2021/22 con pandemia polo medio. Moitos partidos e moitas vivencias brancas. Ademáis e mentras o traballo se o permiteu adestar aos porteiros da base do noso Club.

Un orgullo para o Cultural Maniños o feito de que defendeses as nosas cores. Moita sorte para o futuro e se algunha vez pícache o gusanillo xa sabes onde estamos!!!

Abraham, un dos nosos!!!

O Pote sempre será a túa casa!!!

PABLO MESA CONTINÚA COMO DIRECTOR DEPORTIVO DO CLUB

Pablo Mesa
Pablo Mesa continuará unha tempada máis como director deportivo do club así como adestrador dalgún equipo de base (esta temporada finalizada adestrou aos benxamíns). 

Pablo que estivo de adestrador do Primeiro equipo nunha prolongada etapa (2017-2023) con a pandemia polo medio. logrou dous ascensos (2017/18 - 2020/21), un duro descenso (2018/19) con recuperación da categoría unha tempada despóis e coa mellor clasificación histórica do Club (2021/22). tamén se foi finalista da Copa de Ferrolterra (2021/22).

Aínda que xa levaba tempo controlando o desenvolvemento e progresión dos nenos do Club, desde a tempada pasada, coordina e dirixe toda a canteira da entidade que mellora cada tempada en cantidade e calidade.

Grazas Pablo por apostar por nos e por suposto por todo o que achegas ao Club e sobre todo por estar aí cando algo se torce ou se necesita.

Un luxo contar contigo!!!

GO MANIÑOS

lunes, 1 de julio de 2024

MÁIS RENOVACIÓNS NO PRIMEIRO EQUIPO

Seguimos con as renovacións... 

Veteranía e xuventude... boa mixtura !!!







Nova tempada, novo reto.... 

Mil gracias pola vosa confianza !!! 

GO MANIÑOS

RENOVACIÓNS DO PRIMEIRO EQUIPO

Comenzamos con as renovacións do primeiro equipo. 

Capitáns que levan o sentimento branco moi dentro. 

Xerarquía e liderazgo... 

Implicación e gañas... 









Mil gracias pola vosa confianza!!!

GO MANIÑOS

ADRIÁN MARTÍNEZ SEGUIRÁ UNHA TEMPORADA MÁIS AO FRENTE DO PRIMEIRO EQUIPO

Adrián Martínez
Con ledicia podemos confirmar a continuidade do noso adestrador do primeiro equipo, Adrián Martínez. A boa sintonía entre ambas partes facilitou que Adrián siga unha tempada máis esperando que a mesma sexa polo menos tan positiva como a que acaba de finalizar.

Ao seu carón unha tempada máis estará Juan Carlos González "Charly", sempre nun segundo plano facendo un traballo fundamental para que todo funcione axeitadamente. 

Grazas Adrián e Charly polo voso desexo de seguir á fronte dos brancos e lembrar que a vosa sorte será a do noso Club.

GO MANIÑOS