Dolorosa derrota dos modestos na súa visita a San Tirso no seu enfrontamento co Xuventude Crendes, equipo que ocupa as últimas posicións da táboa e que a base de empuxe e corazón foi quen de sumar con xustiza os tres puntos en xogo.
Aínda que as mellores chegadas foron para os locais incluído un disparo ao traveseiro, foi o Maniños o que se adiantou por mediación de Pedro que superou por baixo ao meta local. De aí ao descanso tivo o Maniños a oportunidade de matar a partido cousa que non conseguiu por falta de acerto ou malas decisións nos últimos metros, especialmente unha clara de Pitu que non puido empuxar un balón que de entrar sentenciaría seguramente o partido. Unha bagoa...
A segunda parte foi de dominio local ante un Maniños que entrou no xogo da locais cousa que non lle conviña obviamente e tras numerosos achegamentos, os locais puxeron as táboas para finalmente voltear o marcador. Entre ambos os goles disparo de Hugo ao traveseiro e un par de disparos de Pitu que non pillaron portería. Dentro do caos o equipo local finalmente sumou os tres puntos porque o partido se xogou ao que lle interesou ao Xuventude Crendes e o Maniños non supo contrarestar.
Tocar pasar páxina e centrarse nos sete partidos que restan e dalo todo empezando polo seguinte ante o Ural Español CF. Non vale de nada lamentarse, toca aprender dos erros e que non se volvan a repetir. Para eso hai un Corpo Técnico que seguro tomó boa nota.
Non se pode tampoco quitar méritos aos locáis do Crendes que creieron en que podían remontar e o fixeron.. As veces creer e poder.
Seguimos que esto é una carreira de fondo, unha maratón...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí