lunes, 4 de marzo de 2024

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS NO POTE

Derrota pola mínimo do Maniños que rompe a súa boa dinámica de resultados cando estaba a experimentar un dos mellores momentos da tempada sobre todo en sensacións pero o fútbol e o deporte é así, cando menos o esperas salta a sorpresa e así pasou...

Na primeira parte os visitantes saíron máis enchufados levando o control do partido con non moito fútbol pero coa coñecida intensidade deste equipo. As mellores ocasións foron visitantes pero aí emerxeu a figura dun fenomenal Mateo que resolveu con acerto en dúas ocasións moi claras dos visitantes. Ao Maniños neste período só se lle lembran un par de ocasións de gol, a máis clara nun remate de Pitu, tras un corner nun fallo do meta visitante. Con (0-0) o partido foise ao descanso. 

A segunda parte empezou coa mellor ocasión branca do partido cun balón franco para Pedro ao que respondeu o meta visitante cunha gran parada. E a continuación chegou o gol visitante ao aproveitar por velocidade un dianteiro do Carral superando a Mateo na súa saída. (0-1) e tocaba remar. E de aí ata a final defensa visitante e ataque dos locais que non tiveron as ideas claras ou non estiveron acertados no pase final cunha arbitraxe moi permisiva coa dureza visitante excesiva nalgúns momentos e mirando para outro lado nas continúas perdas de tempo. 

Derrota polo tanto dos brancos que rompen a súa boa xeira de resultados. O importante é que o equipo segue moi vivo, con as ideas moi craras e con boas sensacións, así que a pasar páxina e seguir traballando. O domingo próximo hai un novo reto como é a visita a Culleredo para enfrentarse ao potente Olímpico CF de Rutis (Vilaboa).

A seguir na misma línea de traballo e ilusión !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí